Etiquetas

, , , , , , , , , , , ,

Todo è de lume o mar, ouza-se

a tarde no seu latexo último

entre ouros e motoras que lle dan ao silèncio

rumor evanescente de viver. Risca a vela

no derradeiro azul e o mascato perfura

o corazón do océano, mentras a tarde

se derruba e ferve a sua cinza

a chilrar como ferro na safra ou corazón no esquezo.

A man no leme, os ollos na voraxe,

redùcio que nos leva por vieiros de lampos

onde reverbera o amor que desde antiguo

vai e vèn n’este mar en barcos novos

– trirremes e fragatas das idades do sonó.

Os barcos aran ouros na poeira do sol,

E vèn a miña nau trazando a sus

derrota inexoràvel: O tempo è un sospiro.