Eladio Rodríguez González (Raza e terra, 1922) “A vindimia”

Arde en bulla o Ribeiro;

ferven os eidos todos a cachón

n’un rebumbiar triunfante y-algueireiro;

henchese o val entero

de alegre animación.

È o tempo da colleita

que cobiza o labriego ribeiràn.

È a canción da esperanza satisfeita

que vèn sempre envolveita

no novelo do afán.

A terra deloirada

arrecende, abafante de lentor,

n’un cheiro de fartura traballada

que estivo da esperada

n’un ano de labor.

Pol-as viñas adiante,

soltos en baralleira libertà,

corren formando xolda baduante

os cantos da troulante

e barril mocedà.

Estoupan os viñedos

en risas e aturuxos a montòs,

porque os vindimiadores, sempre ledos,

dous seus días acedos

tamèn fan diversiòs.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s