Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

No scriptorium senlleiro, lonxe do ruido,

traballa, arrodeado de cornos con tintas,

alombado erriba do pupitre,

o miniador.

Vestindo de cor e de ledicia os còdexes.

Enchendo, de acordo as fórmulas litùrxicas,

os espacios valeiros deixados polos calígrafos.

Peneirando ca mente os elementos reàs.

Etiliza o trono de Deus, os vexetales,

os elementos arquitectónicos, os prigos dos panos.

Cas cores agres da luxuria e da cubiza,

o prestó, o amarelo, o sofre, e o bermello,

cores pertencentes al mundo diabólico,

pinta os catro demos dos seus atributos:

Barrabàs, Atimo, Radamàs e Beelzebub,

-o derradeiro, rey do inferno, deus das moscas-

e os diaños codos que brincan rebuldeiros

mesturandose con seres fantásticos e còbregas.

Tòdolos demos e vestiglos

enriba das figuras dos segadores,

abaixados sobor do grau, na paisaxe do Sar,

independientes do texto do codex.