Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Preto d’os Castros do Trelle,

N’unha frorida ribeira

Onde moitas clás de froitos

E d’albores vexetan,

Erguense as humildes chouzas

De San Pedro de Moreiras;

Probe aldeiña onde teño

As minas grorias d’a terra,

O niño d’os meus amores,

Os recordos que m’alentan;

N’ela vin a lus d’o día

E pol-a noite as estrelas;

Alí pensando n’o ceo

Vertin as vágoas primeiras;

Alí miña nai amante

Arrulóume satisfeita

Ó son queixumbroso e brando

D’as cantiguiñas gallegas;

Alí, no seu Camposanto

Onde debaixo d’as erbas

Dormen ó sono d’a morte

As minas amadas prendas,

¡Cantas veces eu rezaba

Pensando choroso n’elas!

Alí non hay fror non monte

Que nos meus sonos non vexa,

Non souto que non conozca,

Non camiño que non sépia;

Inda escoito o son doorido

Das catro campás d’a eirexa,

Cal si falando viñesen

A contarme tristes queixas,

¡Ay probe aldea… adeiña

De San Pedro de Moreiras,

Cantos sospiros me costas

E cantos ayes me levas!…

Asina dixo un coitado

Galleguiño, alá n’América,

Cando morto de soedades

Pensaba n’a súa Aldea.

¡Ay! os probriños gallegos

Morto queren á sua terra…

E van morrer sin consolo

Sempre lonxe… lonxe d’ela!!