Etiquetas

, , , , , ,

Xa estamos establecidos n’este caralludo transatlántico que leva o nome da nosa patria “Gallaecia” e que navega polos mares os memorábels cores do Arco da Vella. Parece iste buque, e verdadeiramente o é, adecote da nosa patria, e o mesmo pasa que xa nos sentimos moi alfúfaros de poder facer a viaxe n’el.

Desgustanos un anaco a falla da nai e da miña irmáciña. Mais temos fiúza en que os ventos levaranos a todos nos, a bo porto,  e que poidamos darnos unha aperta a volta, sans e satisfeitos.

Atopamonos xa de cheo no mar: Ontes a tardiña, deixamos de ver os montes do litoral de Galicia. A cidade D’a Coruña foi agochandose da nosa vista tras unha livián brétema, e os bicos dos mostes máis erguidos, lumeaban fronte a luz vermella do fusco, non tardarán en mixturarse con a liña nebrosa do horizonte.

O Atlántico e unha inmensidade: Auga e ceo por todolas bandas, e así adecotaremos uns días aínda. Consonte me dí un amábel mariñeiro, este mar representa a cuarta parte ao redor da totalidade das augas da Terra: Ten  xeito que recorda algo a letra S, e os entrantes e saíntes das mariñas americanas se asemellan as Europeas e de África.

Semella, pois coma si se esgazaran, arredándose un anaco entre sí, para orixinar este mar estamos a atravesar.

Grandes rios desaugan no Atlántico en Europa, como ven sendo, botan n’el ás súas augas o Támesis ( o gran rio que se deixa ver por Londres), o Sena que pasa por Paris, o Rhin, o Elba, o Garona, o Mosa, e amais os caudalosos rios Galegos Miño, o Tambre, O Ulla. En África, o Senegal, o Gambia, o Niger e o Congo; e, nas Américas, os grandes rios San Lorenzo, Mississipi, Amazonas, Plata e Colorado.

En xeral, é un mar de moito fondo: Mais a banda norte do mesmo é menos fondo ca  banda sur; a fondura d’esta banda norte conforma un meseta uniforme. A fondura media é de  3.300 metros e as maiores fonduras atópanse entre Terranova e ás Allas Bermúdas e perto de Puerto Rico; istas fonduras máximas atopadas, foron duns 9.000 metros.

Facíaseme moi interesante coñecer por qué chámano Atlántico a iste mar; e o mariñeiro, que tan gostasamente doume os anteriores datos, contestou tamén o meu interese dicíndome:

 – Chamaselle Atlántico, porque suponse que n’este mesmo sitio que enche, nas súas augas existiu, nuns tempos moi remotos da historia da Terra, un gran continente o que se lle chamaba Atlántida.    

Por mor dun maxestuoso cataclismo xeolóxico, iste continente afundiu e ás augas foron a tomar o terreo que él ocupaba. En recordo da Atlántida desaparecida, chamase Atlántico o mar que se extende derriba do que aquel continente foi.