Etiquetas

, , , ,

Fai tres días e medio que navegamos ledos: Estou enfeitizado da orde, da limpeza e da comodidade da que gozamos n’este caralludo veleiro. Temos moita fame e os xantares non son moi abondosos e pingüe: mais pode dicirse que pasamonos medio día comendo; dame un chisco de vergoña ter que escribir iste dato, mais é certo. Non é extrano, agora que os médicos recomenden as viaxes polo mar para repoñerse logo de graves afeccións.

Hoxe Pai e máis eu tivemos un chisco de ledicia: un endiado do veleiro, entrou no noso camarote, cando nos ergíamos, ¡ Un radiograma de Nai !. N’el desexanos unha venturosa travesía.

Calcúlese a nosa ledicia fronte tan inesperebel nova: Chegamos a un acordo entre todos nós en rebater o radiograma achegado,outro no que  amosamos que estamos moi ben se saúde. E enfeitizados da viaxe.

É certamente emotivo, que poida aveciñar, en alta mar, comunicación con os meus seres amados mediante ista marabilla da telegrafía sen fíos, ¡ Que prodixo !

Cada canto pubrícase no Veleiro, por medio dunha folla impresa, con as novas máis recentes o redor do mundo; un verdadeiro xornal derradeiras novas. Y por se isto fora pouco, o longo do día imos recibindo novas dos casos que rechaman no mundo enteiro.

Unha cousa verdadeiramente feiticeira.

Pese a telegrafía non sempre comunicanse novas boas: As veves con  mesaxes de apesaradas novas; este mediodía ocurriu entre a pasaxe do veleiro a nova de que, a algunhas millas de nós, un buque demandaba S.O.S por radio. Tratabase d’un vapor cheo de petróleo que estaba a lumear. Me supoño o arrepiante que un incendio así ten que ser.

Xa pensaba eu que o noso veleiro fose a socorrelo, mais logo dixeronos que outros buques máis achegados a zona da desfeita, acudíran para salvar a tripulación, conseguindoo completamente, e que todo auxilio para o buque, fora baldío, pois as lapas de lume destruiuno compretamente, rematando o sinistro con o afundemento do vapor.

Agora que chega o solpor, imaxino o tráxico que ten que que resultar unha circunstancia semellante a do Vapor senestrado, e o apesarado estado no que se deben atopar a pasaxe. Poida que algúns perdereran todolos seu bens. Endexamáis se solventarán d’abondo os auxilios da caridade o fusco debidamente a istas probes xentes, e o gran servizo da radiotelegrafía o dar o sinal d’alerta, permitindo así, que poideran salvar os que n’outro caso, indubidablemente pereceran entre as lapas de lume, ou se cadra afogaran o tentar liscar das lapas, en fráxiles chalupas.

Istas emocións de hoxe apesarumbranme de tal xeito:  Estou desexando chegar canto antes a La Habana e de novo pisar terra fime; xa me decato que entra en parte da miña acolloamento ; mais e superior os meus boos desexos.

Paréceme qie Pai acollouse tamén, mais fai o posibel por finxir animado.

Anteontes, a media tarde a medio esfumar no horizonte, os picos dos montes das Illas Azores. A vista de terra, riqueza en tan pequena cantidade como confrontan aquelas Illas no seo do Atlántico, produciuse un gran clamor na pasaxe.Saúdamos con gran ledicia aquelas terras de Portugal, e da conversa que provocou, saquei a impresion que istas Illas d’este archipélago son d’abondo enxebres e vizosas, sendo as producións de maior importancia,  as laranxas, os limos, e os caldos; o clima é formidábel e a poboación repartida en varias Illas, é, en xunto de máis de 250,000 habitantes