Etiquetas

, , , , ,

No noso veleiro e hoxe todo movemento e ledicia. Atopamonos fronte as costas de Cuba e demoraremonos poucas horas en poder desembarcar en La Habana.

Moitos dos nosos colegas de viaxe desembarcan eiquí: outros, entre eles os nosos bos amigos D. Xosé e o seu fillo Xaquín, adecotaran n’outro veleiro na sua viaxe cara a América Central, Colombia, Ecuador, Venezuela, Chile. Iste afable amigo prometeume mandarme unhas notas apuntando o màis relevante de aqueles paises.

A pasaxe fala de Cuba e escoito dicer que esta fermosa illa ten hoxe unha poboación de máis de tres millóns de habitantes. O elemento branco está na súa gran maioría nun 72% da poboación). Os Afro-cubanos e mixtos son un pequeno 28%. Cuba é, logo dos Estados Unidos o país máis rico do mundo: Os Estados Unidos cunha riqueza de 2740 dólares per cápita; Cuba con 2081, e a nación máis rica de Europa, que é Inglaterra, se lle votan só  2003. Ista gran riqueza de Cuba ven da súa terra moi vizosa.

A Forma da illa e moi alongada: Ten 1300 kilómetros de lonxitude e poucos de ancho na súa parte máis deprimida. Na súa zona máis ancha atopanse os máis altos montes, ficando aqui o seu bico máis alto que é o monte “Zarquino.”

O redor da illa atopanse numereiros baixíos e “caios” que fan moi complicada a navegación; mais conta con bos portos, como son os de La Habana, Santiago, Cienfuegos e Guantánamo.

O clima de Cuba é tropical, máis está arrefriado polas airexas mariñas: A temperatura non é, pois esaxerada; máis na atmósfera atopase humidade en gran cantidade,  e ista é a que perxudica os europeos que afincan o seu fogar na illa.

O vizosidade do chan d’este pais é prodixiosa: Son moi importantes a súas producións de tabaco, caña de azucre, café e algodón. Ós seus afamados tabacos da chamada “Vuelta de Abajo” son preferidos en todo o mundo.

Tamén posue a illa gran riqueza na expotación de mel e cera, que lle aportan os numerosos enxambres de abellas, coidados con todo primor polos meleiros cubanos.

Xa se sabe que,  na súa primeira viaxe, Colón desembarcou na illa de Cuba, e quedou certamente marabillado ó comtemplar  a beleza da súa paisaxe e a exuberante vizosidade do seu chan.

 Entón a illa estaba poboada por uns 200,000 indíxenas chamados “caribes”. Máis ben cedo polas irrupcións de piratas de todolas nacións que exprimiron a poboación da illa, que foi empequenecida tamén polas batallas de conquista; chegou a despoboación ata tal punto, que para que se puideran realizar n’ela as labouras do agro, houbo necesidade de apelar a levar alí moitos milleiros de Africanos que se mercaban na ribeira de África. Iste feito vergoñoso, tomou forma no século XVI e foi a orixe de que se tiveran a aqueles Africanos coma escravos; mercabanse e vendian coma se no foran máis que “cousas”.

Os séculos XVII e XVIII foron para ista illa tempos de moita mágoa, por que continuamente era rapiñada polos piratas e corsarios Holandeses, Ingleses, e Franceses. Os Ingleses, en 1762, chegaron a apropiarse de La Habana, que trocaron tempo despóis pola peninsula de ” La Florida”, en México.

Durante o século XIX estoupou en Cuba varios alzamentos para reivindicar a súa independencia, máis España negouse chegando a sofocalas. Embargantes, os Cubanos non renunciaron os eus esforzos, e da man dos Estados Unidos, acadaron  emanciparse en 1898; máis non facerse independentes de todo, pois os Estados Unidos adecotaron intervindo na illa ata 1909 en que foi elexido presidentede de Cuba “José Miguel Gómez”.

Puerto Rico, a menor das Antillas, foi descuberta tamén por Colón. Os Indianos a chamaron ” Borinquén ” e o seu chan e moi vizoso: Ten perto de millón e medio de habitantes, o cal proba o denso da súa poboación. Hoxe forma parte dos Estados Unidos de América e ten por capital  ” San Juan de Puerto Rico “.

No mesmo mar das Antillas, existen outras varias illas. coñecidas en conxunto por  ” Pequeñas Antillas ” e que pertencen, case todas, a diferentes nacións ( Iglaterra, Francia, Dinamarca, Holanda e Estados Unidos de América ).

Colonias inglesas son as illas que conforman o archipélago das ” Lucayas “, o Nordeste da illa de Cuba: Forma parte d’este archipélago a illa de ” San Salvador “, a que foi a primeira terra americana qu descubriu Colón en 1492.

As illas de ” Barbados e Santa Lucía ” son tamén posesións inglesas, coma do mesmo modo e tamén ” Jamaica “, de extensión bastante maior que as anteriores e de gran vizosidade no seu chan. Mágoa, embargantes, que os tremores e furacáns señan alí causa de moi correntes devastacións e desgrazas, o mesmo que na súa illa veciña ” La Martinica “, pertenza Francesa, da cal recordase con pesar o gran cataclismo que sufriu en 1903 con a erupción da chamada ” Montaña Pelada “. A súa capital ” Saint Pierre “, sufriu de tal xeito os efectos devastadores da fume piroplástico que saiu do cráter do volcán, que case todalas casas remataron derrubadas e só unha persoa de entre todolos seus habitantes, poido fuxir con vida de aquela terribel desastre.

A illa de  ” Santo Domingo “, dabondo na súa extensión, foi chamada por Colón, o desembarcar n’ela, ” La Española “: Está divedida en dúas repúblicas; Santo Domingo e Haití.

A primeira ten perto de un millón de habitantes: Pertenceu a España e logo foi dominada pola súa veciña  Haití; máis na metade do século XVIII puido acadar a súa independencia. En Santo Domingo existe ainda unha árbore historica o chamado ” Ceiba de Colón”, por supoñerse que, a súa sombra, rezouse a primeira misa celebrada no ” Nuevo Mundo “.

A segunda está contituída por Afro-haitianos; a súa poboación e de dous millóns e medio de habitantes e a súa capital, ” Puerto Principe “