Etiquetas

, , , , , , , , , ,

A Capital de Cuba e unha cidade maxestuosa, con fermosas avenidas, belos edificios e estensos parques. A poboación achegase o medio millón de habitantes.

Foi fundada ista cidade en 1538 por Fernando de Portola e moi axiña adquiriu unha  gran relevancia, a razón de que a seu influxo político radiaba sobor das outras posesions españolas do  ” Nuevo Mundo “. Por isto se lle chamou ” Llave de Nuevo Mundo “, Feito que perpetúan as armas do seu blasón ( Unha chave de prata entre tres torreóns de fortificación ).

O que maior importancia lle deu foi o ser porto de paso nos ruteiros de Europa as Antillas e o atoparse no Golfo de México e a pouco treito da Florida, da cal lle afasta un estreito, que fan ainda menos anchos os illotes de Key – West.

Domea o acceso da súa cala o afamado castelo ” Del Moro ” que foi a fortificación que protexía a cidade das agresións dos piratas que inzaban as augas do mar das Antillas.

Ista Cidade e o centro dun comercio moi florecente, cuxo principal factor e a exportación da  ” caña de azucre ” e do ” tabaco “.

A traza da cidade e moi fermosa e está edificada nunha península orientada de O. a E., a cal reemata nun promontorio crebado no cal atopase a afamada fortificción do  ” Moro “, da cal xa falamos.

A entrada do porto e algo estreito, máis logo ensanchase forma tres enseadas: A ” Marimelena ” o este, a de ” Guanabacoa ” o sur e a de ” Atares “.

Unha das máis belas rúas de Habana e a da ” Muralla “, que comunica o porto con o centro da cidade. Paseo fermoso é o do  ” Prado “, que remata, en cada un dos seus extremo, en belos parques; O  ” Central ” e o de ” Marte “. O Prado, milllor que rematar no parque ” Central “, poide dicirse que o atravesa, pois adecota logo ainda ata chegar o mar xunto o castelo da ” Punta “, que e a fortificación que gornece o lugar oposto no que se atopa el ” Moro “; istos dous castelos defenden a entrada da enseada.

Ainda cando a poboación e moi chaira, hai no centro unha peuqena lomba e o seu redor entendense populosos barrios da cidade; o de ” Vedado ” , o oeste, e os do  ” Cerro “, ” Jesús del Monte ” e do ” Viboria “, o sur. A outra beira da enseada atopase o pequeno barrio chamado ” Casa Blanca ” e o máis populoso da ” Regla ” . Para transportar pasaxeiros dende a cidade propiamente dita a istes barrios, hai un servizo especial de vaporciños que atravesan sen repouso a bahía.

Entre os inmobles máis nobetabels da Habana, hai que mencionar ” La Catedral “, dunha arquitectura moi infruenciada pola arte española. O  ” Palacio Residencial “, o ” Teatro Nacional “, a ” Academia de Ciencias “, as ” Escuelas de Pintura y de Artes ” e o  ” Jardín Botánico “.

O caserio da cidade é máis ben baixo, pois son raras as casas edificadas a altura superior de dúas plantas, abundando só as que teñen un e ainda máis as edificacións a planta baixa. En comunicacións, logrouse contruir unha extensa rede de ferro-carrils, e Habana conta tamén con moitas liñas de trolebuses para o servicio urbá da capital.