Panamá e a canle

Unha das obras máis importantes de ” América “, e tal vez do mundo, é a camle de Panamá: E por ista obra xigantesca de enxinería é polo que máis soa o nome da pequena república centroamericana, en cuxo territorio abreuse ista comunicación entre os dous máis grandes océanos da terra.

O territorio que constitue hoxe a república de Panamá pertenceu a Colombia ata 1903. Mais en dito tempo, e o efecto da contitución do canle, se exixiu no territorio independente. As cousas ocurriron do seguinte xeito:

O éxito obtido polos franceses o abrir a canle de luce, motivou a constitución de outra sociedade francesa que prescribiu o inxeneiro autor d’aquel canle, Don Ferdinald de Lesseps. Mais en Panamá os gastos foron tan superiores a os cálculos dos inxenieiros, que a sociedade constutora da canle francés fracasou por compreto e se produxo a quebra financieira en 1888. Contituiuse entón unha nova compañía francesa con o propósito de rematar a obra, mais en 1902, ante novas dificultades, ista compañía ofreceu ceder o seus dereitos a os ” Estados Unidos ” mediante o pago de 200 millóns de francos. Foi admitida oa oferta, mais entón opuxose a continuación das obras a repúbrica de Colombia. E os panameños, estudando os perxuizos que ía ocasionarlles a negativa de ” Colombia “, e posibelmente unidos tamén polos ” Estados Unidos “, revolucionaronse na contra do goberno da súa metrópoli.

A axuda dos norteamericanos fixose entón obstensibel e crítica, e acadada a independencia de Panamá, os ” Estados Unidos ” asinaron con a pequena república un contrato, por medio do cal quedaronse cunha ancha franxa de terreo a ambolos dúas beiras da canle, xunto con catro illotes na  rava d Panamá, e con o dereito único de instalar n’aquela zona portos e depósitos de carbón.

Recomezaron as obras con unha gran actividade a o longo da canle, que ten uns 80 Km. de lonxitude e conta con 8 esclusas, a súa anchura mínima é de 91 metros. Os buques empregan na travesía entre 7 e 8 horas, non puidendo facela con maior brío, debido as esclusas, que requiren algún tempo paraa encherse e valeirarse de auga. Segundo o que fagan, subir ou baixar os postos. Istas esclusas están mantidas pola lagoa ” Gatún “, situado a maior altura que a dos océanos. A canle, en conxunto e con as esclusas, por unha especie de canalizacións de auga, que dende a parte central, máis elevadda, descenden ata o nivel dos océanos.

Queríase estrear en 1914, coincidindo con a data na que, 400 anos antes, Vasco de Balboa descubrira, dende o alto do istmo, a existencia do Gran Océano: mais a guerra europea postergou un pouco aquela estrea, a cal tivo lugar tempo despois.

Amais da gran significación que para o auxe do comercio ten ista canle, é tamén notabel en interese baixo a traza internacional, porque acurtou enormemente a distancia entre os portos americanos do Atlántico e o Pacífico, xa que antes os buques tiñan que abeirar as ribeiras americanas procurando o paso polo cabo de ” Hornos “, o sur do continente. Os ” Estados Unidos “, sobre todo, obtiveron grandes vantaxes comerciais con a apertura d’este canle; e así non é de extranar que, para aumentar ainda tales vantaxes, pensaran na conveniencia de axudar unha nova comunicación entre os dous océanos a través do istmo de ” Nicaragua ” que xa foi o orixinal plan dos centroamericanos.

Zimbra · Azul

Nicaragua, Honduras, Guatemala y El Salvador

Imos falar afastadamente de cada un d’estes países centro americanos, dando d’eles unha sinsxela impresión.

” Nicaragua “, que xa foi descuberta por Colón, foi explorada por Dávila vinte anos despois e este lle deu o nome tomándoo d’un xefe indíxena que o recibui afablemente.

Manifestandose independente en 1821 e 1823 adhereuse a Unión Federal dos cinco estados centroamericanos, tendo que luitar logo por espacio 16 anos para afastarse d’eles. Tivo no decurso da súa breve historia, reietrados atrancos con potencias europeas, con Alemania e Inglaterrra especialmente. Agora as ten con os Estados Unidos, quenes proxectan, o parecer,construir no istmo de ” Nicaragua “, unha nova canle  que poña en comunicación o Átlantico e o Pacífico, a semellanza do de Panamá.

O cabo ” Honduras ” foi o lugar onde arribou Colón en 1502 o chegar novamente o continente. Afastado o territorio de ” Honduras ” da soberanía de España en 1821, foi teatro de novas loitas revolucionarias ate chegar 1870. Coma convenencia de tan longo período de mal estar,  o  país  foi  a  ruína;  e  tivo  sorte  da habilidade do seu presidente ” Bonilla “, quén conseguiu instalar os recursos do país sobre premisas máis fortes.

Os ” Estados Unidos ” Exercen un concluínte influxo sobre iste país, como a exerce tamén sobre as outras repúblicas centro-americanas, por ser os banqueiros de tales pequenos estados, e polo interés que teñen en acaparar o seu comercio.

Chamóuse con anterioridade ” Guatemala ” a toda a ” América Central “. O territorio que abarca hoxe aproximadamente ista república, foi conquistado por D. Pedro de Alvarado en 1523.

Logo de algunhas revoltas, en 1821 proclamou a súa independencia, mais foi adecotadamente anexionado o país a ” Méjico ” e ata uns anos maís tarde non se constituiu en república independente.

A pesar da súa pequenez, istas repúblicas sentironse bélicas algunhas veces: Sostiveron entre si guerras, singularmente a partir de 1851. Istas loitas remataron o fin, de xeito favorabel o bando no cal atopabase Guatemala. mais entón o presidente Barrios pretendeu a formar unha federación collendo en ela todolos estados centro-americanos, cousa que disgostou a os demáis, fixando un fondo mal estar, a efecto do cal aquel presidente foi morto o inzar o territorio de ” El Salvador “.

En 1907 atopóuse outra vez ” Guatemala ” en perigode soster un novo conflito armado con os seus veciños; mais a mediación dos ” Estados Unidos ” e de ” Méjico ” acadaron ista vez conxurar o perigo.

” El Salvador ” recibiu o seu nome de Diego de Alvarado, que conquistou o seu territorio en 1525 e se supon que fundou a cidade de ” San Salvador “.

En 1822 conquistou a súa independencia e, como as demáis repúblicas ístmicas foi teatro de varias  guerras e  revolucións.  Por fortuna,  logo  do  1907  no  que figurou a carón de ” Honduras ” contra  “Nicaragua “, non veu ” El Salvador ” toldada novamente a súa paz. E iste tempo abondoulle para desenrrolar intensamente as súas riquezas naturais.

KOTINC Records · One Love (Bob Marley Cover)

A América Central

Agora que fitan máis compretos os meus apuntes de viaxe, Pai vai improvisar algunhas páxinas d’este caderno contandome algo de ” América Central “, que él coñece un pouco por facer unha viaxe por aquelas terras hai algúns anos, e cuxo recordo chegoulle a súa morriña agora nas súas conversas con compañeiros de viaxe.


A ” América Central”  é a parte deprimida e en zig-zag que comprende dende o sur de ” Méjico ” ate a parte algo máis ensanchada onde se ergue a cadea de ” Los Andes “, cordal que segue ate o extremo sur de América. É Rexión na que son moi correntes os tremores, e mostrase máis deprimida n’algúns emclaves orixinando os istmos, polos cales poderían abrirse novas canles entre os mares Átlantico e Pacífico, a semellanza do que se fixo en Panamá. Istos istmos, son chamados de ” Telmantepee “, de ” Guatemala “,  de ” Nicaragua “, de  ” Panamá ” ( hoxe canle) e de ” Darién “.

Atópase n’esta zona unha cadea de montes que só queda interrompida na rexión de Panamá. O longo da ribeira do Pacífico, existen uns 60 volcáns amortuxados e uns 30 en actividadde, ergéndose  todos xunto o mar, como os chamados de ” Fuego “, de ” Agua ” e o ” Cosigüina “, iste derradeiro afamado porque na súa erupción de 1835 causou enormes estragos. Ista ribeira do Pacífico mostrase moi fragosa e bravía, formando mumreiras badías.

A ribeira do Átlantico é baixa, con lagoas e con baixíos de corais, os que constituyen verdadeiros escollos para navegación costeira.

A parte baixa do país desfruta un clima tropical moi húmido: Isto quere decir que e d’abondo insán; por ista causa a poboación procura maiores comunidades habitando n’as chairas .

Todo o territorio da América Central foi conquistado polos españois o mesmo tempo que ” Méjico “; e todo iste territorio formouse n’unha só dominio radicando a capitalidade na cidade de Guatemala.

A colonia británica de Honduras foi afastada d’este territorio español e a partires de 1810 foron facéndose independentes as pequenas repúblicas habendo froitos infértis as xestións feitas repetidas veces para constituir, con todas ou con a maioría d’elas, unha confederación ou unión.

” Guatemala ” é a rexión máis poboada d’estas pequenas repúbricas, mais non a máis extensa, que é ” Nicaragua “, ” Honduras “, algo maior que ” Guatemala ” ten moita menos poboación  que aquela.

” El Salvador ” é, todas a que ten a poboación máis testa. En todas elas ista é moi heteroxénea; hay indixenas, europeos e tamén mestizos e mulatos.

druben48 · Ojos de Brujo(Ventilaor r80) – ruben drum cover

Veracuz e a Capital

O noso veleiro arribou, o fin, nunha dársena en Veracruz. Iste porto da unha sensación extrana, mistura de actividade e acougo.

Os peiraos atópanse acugulados de tódalas clases de mercadorías: As que máis dos postos dos peiraos e as cabrias dos buques, chían afanosamente no medio dun calor húmido que se sinte de xeito asombroso; nos peiraos vense ademáis, numereiros homes levando os seus traxes brancos e amplos chapeus. Hainos de tece branca, algo morea, e outros de tece máis escura que son os chamados ” mestizos “.

Non sei se istes homes agardan que se lles de traballo na estiba, ou pasan o seu tempo libre vendo o movemento dos buques. Como o veleiro non arriba ainda, pois se cumpren as profecías do oficial, e non se poderá comezar a estiba ate mañá pola tarde, non poido saber con certeza qué poden facer alí aqueles homes de traxe brancos e atitudes tan acougadas.

Con Pai baixamos a terra, e dando, en carro un lixeiro paseo pola cidade. Adiviñase axiña que é unha poboación soamente comercial, sendopoucos os seus edificios fastosos e monumentais.

Os seus arredores teñen numereiros pequenos encoros, o cal fai que a cidade non seña moi chaira;  mais din que a municipalidade e o Estado, traballan activamente o fin de secar istes encoros e sanear debidamente a poboación.

Logo de xantar, collimos un tren expreso que nos conduciu a capital: Os vagóns sonche dabondo confortabeis e limpos. A pasaxe que vemos e moi variada, pois o tren vai rifando con relativa presteza o desmonte que atopamos entre Veracruz, que se atopa xunto o mar, e a capital que se encontraa 2250 m. de altitude.

Ó achegarnos a ” Méjico ” vemos, por un lado, unha hileira maxestuosa de volcáns e, o pouco a liña longuísima e branca do caserio da cidade. O que me cinzarra principalmente o pasear por ela, é pouca altura dos seus edificios: Isto e debido, según me contan, a os habituais tremores que eiquí se xeran, e que precisan tremebundos derrubamentos, si se construiran casas de gram altura. O aspectoda cidade é afable; as súas rúas so reitas e inacababeis e algunhas das súas prazas parecenme infidas, estando engalanadas con fermosos xardíns e plantacións.

Haiche certos contrastes na edificación: O mellor xurden moitisimas casa xunto a luxosos pazos, e modestas tendas o lado de maxestuosos comercios. Cirulan moitos carros, xardineiras, que dan un aspecto moi ledo e animada a rúa; vense tamén moitos autos.

México e unha cidade con actividade industrial d’abondo: As inquietudes políticas d’este país non acadaron dirimir enteiramente a gran riqueza natural do mesmo, nin as prácticas de traballo de moitos dos seus habitantes.

A impresión que d’este país se ten en boa parte Europa, tal vez seña menos faborabel o que verdadeiramente se merece.

País riquísimo, no seu terreo conta cunha gran producción de prata nas súas minas de Zacatecas e San Juan de Potosí; tamén a industria do ouro vai tomando cada vez máis importancia.

Como edificios monumentais, cito, a Catedral, fastosa e de grandes proporcións, con bela fronte na que se conteñen os estilos dórico,  jónico. O ” Palacio del Gobierno ” de seria arquitectura, a ” Biblioteca Nacional ” e a  ” Universidade “.

Moitas das súas prazas atopanse adobiadas con monumentos adicados os caudillos mexicanos e conta con belisimos parques e xardíns cheos de paseantes, e animados con o movemento de numereiros carros e autos.

Decateime, con gran agrado, o gran influxo que a arquitectónica española do Renacemento exerceu sobre ” Méjico “; moitos edificos púbricos e algunhass fontes monumentais que adobian a cidade, levan o selo propio da súa procedencia española. Semella, con tais fundamentos, que ” Méjico ” atoparemonos ainda como na nosa propia casa. É ista un sentimento moi afable, que o viaxeiro nacional estima enormente.

John Habib · No Estamos Lokos