Etiquetas

, , ,

O noso veleiro arribou, o fin, nunha dársena en Veracruz. Iste porto da unha sensación extrana, mistura de actividade e acougo.

Os peiraos atópanse acugulados de tódalas clases de mercadorías: As que máis dos postos dos peiraos e as cabrias dos buques, chían afanosamente no medio dun calor húmido que se sinte de xeito asombroso; nos peiraos vense ademáis, numereiros homes levando os seus traxes brancos e amplos chapeus. Hainos de tece branca, algo morea, e outros de tece máis escura que son os chamados ” mestizos “.

Non sei se istes homes agardan que se lles de traballo na estiba, ou pasan o seu tempo libre vendo o movemento dos buques. Como o veleiro non arriba ainda, pois se cumpren as profecías do oficial, e non se poderá comezar a estiba ate mañá pola tarde, non poido saber con certeza qué poden facer alí aqueles homes de traxe brancos e atitudes tan acougadas.

Con Pai baixamos a terra, e dando, en carro un lixeiro paseo pola cidade. Adiviñase axiña que é unha poboación soamente comercial, sendopoucos os seus edificios fastosos e monumentais.

Os seus arredores teñen numereiros pequenos encoros, o cal fai que a cidade non seña moi chaira;  mais din que a municipalidade e o Estado, traballan activamente o fin de secar istes encoros e sanear debidamente a poboación.

Logo de xantar, collimos un tren expreso que nos conduciu a capital: Os vagóns sonche dabondo confortabeis e limpos. A pasaxe que vemos e moi variada, pois o tren vai rifando con relativa presteza o desmonte que atopamos entre Veracruz, que se atopa xunto o mar, e a capital que se encontraa 2250 m. de altitude.

Ó achegarnos a ” Méjico ” vemos, por un lado, unha hileira maxestuosa de volcáns e, o pouco a liña longuísima e branca do caserio da cidade. O que me cinzarra principalmente o pasear por ela, é pouca altura dos seus edificios: Isto e debido, según me contan, a os habituais tremores que eiquí se xeran, e que precisan tremebundos derrubamentos, si se construiran casas de gram altura. O aspectoda cidade é afable; as súas rúas so reitas e inacababeis e algunhas das súas prazas parecenme infidas, estando engalanadas con fermosos xardíns e plantacións.

Haiche certos contrastes na edificación: O mellor xurden moitisimas casa xunto a luxosos pazos, e modestas tendas o lado de maxestuosos comercios. Cirulan moitos carros, xardineiras, que dan un aspecto moi ledo e animada a rúa; vense tamén moitos autos.

México e unha cidade con actividade industrial d’abondo: As inquietudes políticas d’este país non acadaron dirimir enteiramente a gran riqueza natural do mesmo, nin as prácticas de traballo de moitos dos seus habitantes.

A impresión que d’este país se ten en boa parte Europa, tal vez seña menos faborabel o que verdadeiramente se merece.

País riquísimo, no seu terreo conta cunha gran producción de prata nas súas minas de Zacatecas e San Juan de Potosí; tamén a industria do ouro vai tomando cada vez máis importancia.

Como edificios monumentais, cito, a Catedral, fastosa e de grandes proporcións, con bela fronte na que se conteñen os estilos dórico,  jónico. O ” Palacio del Gobierno ” de seria arquitectura, a ” Biblioteca Nacional ” e a  ” Universidade “.

Moitas das súas prazas atopanse adobiadas con monumentos adicados os caudillos mexicanos e conta con belisimos parques e xardíns cheos de paseantes, e animados con o movemento de numereiros carros e autos.

Decateime, con gran agrado, o gran influxo que a arquitectónica española do Renacemento exerceu sobre ” Méjico “; moitos edificos púbricos e algunhass fontes monumentais que adobian a cidade, levan o selo propio da súa procedencia española. Semella, con tais fundamentos, que ” Méjico ” atoparemonos ainda como na nosa propia casa. É ista un sentimento moi afable, que o viaxeiro nacional estima enormente.

John Habib · No Estamos Lokos