Agora que fitan máis compretos os meus apuntes de viaxe, Pai vai improvisar algunhas páxinas d’este caderno contandome algo de ” América Central “, que él coñece un pouco por facer unha viaxe por aquelas terras hai algúns anos, e cuxo recordo chegoulle a súa morriña agora nas súas conversas con compañeiros de viaxe.
A ” América Central” é a parte deprimida e en zig-zag que comprende dende o sur de ” Méjico ” ate a parte algo máis ensanchada onde se ergue a cadea de ” Los Andes “, cordal que segue ate o extremo sur de América. É Rexión na que son moi correntes os tremores, e mostrase máis deprimida n’algúns emclaves orixinando os istmos, polos cales poderían abrirse novas canles entre os mares Átlantico e Pacífico, a semellanza do que se fixo en Panamá. Istos istmos, son chamados de ” Telmantepee “, de ” Guatemala “, de ” Nicaragua “, de ” Panamá ” ( hoxe canle) e de ” Darién “.
Atópase n’esta zona unha cadea de montes que só queda interrompida na rexión de Panamá. O longo da ribeira do Pacífico, existen uns 60 volcáns amortuxados e uns 30 en actividadde, ergéndose todos xunto o mar, como os chamados de ” Fuego “, de ” Agua ” e o ” Cosigüina “, iste derradeiro afamado porque na súa erupción de 1835 causou enormes estragos. Ista ribeira do Pacífico mostrase moi fragosa e bravía, formando mumreiras badías.
A ribeira do Átlantico é baixa, con lagoas e con baixíos de corais, os que constituyen verdadeiros escollos para navegación costeira.
A parte baixa do país desfruta un clima tropical moi húmido: Isto quere decir que e d’abondo insán; por ista causa a poboación procura maiores comunidades habitando n’as chairas .
Todo o territorio da América Central foi conquistado polos españois o mesmo tempo que ” Méjico “; e todo iste territorio formouse n’unha só dominio radicando a capitalidade na cidade de Guatemala.
A colonia británica de Honduras foi afastada d’este territorio español e a partires de 1810 foron facéndose independentes as pequenas repúblicas habendo froitos infértis as xestións feitas repetidas veces para constituir, con todas ou con a maioría d’elas, unha confederación ou unión.
” Guatemala ” é a rexión máis poboada d’estas pequenas repúbricas, mais non a máis extensa, que é ” Nicaragua “, ” Honduras “, algo maior que ” Guatemala ” ten moita menos poboación que aquela.
” El Salvador ” é, todas a que ten a poboación máis testa. En todas elas ista é moi heteroxénea; hay indixenas, europeos e tamén mestizos e mulatos.
druben48 · Ojos de Brujo(Ventilaor r80) – ruben drum cover