Etiquetas

, , , , , ,

Imos falar afastadamente de cada un d’estes países centro americanos, dando d’eles unha sinsxela impresión.

” Nicaragua “, que xa foi descuberta por Colón, foi explorada por Dávila vinte anos despois e este lle deu o nome tomándoo d’un xefe indíxena que o recibui afablemente.

Manifestandose independente en 1821 e 1823 adhereuse a Unión Federal dos cinco estados centroamericanos, tendo que luitar logo por espacio 16 anos para afastarse d’eles. Tivo no decurso da súa breve historia, reietrados atrancos con potencias europeas, con Alemania e Inglaterrra especialmente. Agora as ten con os Estados Unidos, quenes proxectan, o parecer,construir no istmo de ” Nicaragua “, unha nova canle  que poña en comunicación o Átlantico e o Pacífico, a semellanza do de Panamá.

O cabo ” Honduras ” foi o lugar onde arribou Colón en 1502 o chegar novamente o continente. Afastado o territorio de ” Honduras ” da soberanía de España en 1821, foi teatro de novas loitas revolucionarias ate chegar 1870. Coma convenencia de tan longo período de mal estar,  o  país  foi  a  ruína;  e  tivo  sorte  da habilidade do seu presidente ” Bonilla “, quén conseguiu instalar os recursos do país sobre premisas máis fortes.

Os ” Estados Unidos ” Exercen un concluínte influxo sobre iste país, como a exerce tamén sobre as outras repúblicas centro-americanas, por ser os banqueiros de tales pequenos estados, e polo interés que teñen en acaparar o seu comercio.

Chamóuse con anterioridade ” Guatemala ” a toda a ” América Central “. O territorio que abarca hoxe aproximadamente ista república, foi conquistado por D. Pedro de Alvarado en 1523.

Logo de algunhas revoltas, en 1821 proclamou a súa independencia, mais foi adecotadamente anexionado o país a ” Méjico ” e ata uns anos maís tarde non se constituiu en república independente.

A pesar da súa pequenez, istas repúblicas sentironse bélicas algunhas veces: Sostiveron entre si guerras, singularmente a partir de 1851. Istas loitas remataron o fin, de xeito favorabel o bando no cal atopabase Guatemala. mais entón o presidente Barrios pretendeu a formar unha federación collendo en ela todolos estados centro-americanos, cousa que disgostou a os demáis, fixando un fondo mal estar, a efecto do cal aquel presidente foi morto o inzar o territorio de ” El Salvador “.

En 1907 atopóuse outra vez ” Guatemala ” en perigode soster un novo conflito armado con os seus veciños; mais a mediación dos ” Estados Unidos ” e de ” Méjico ” acadaron ista vez conxurar o perigo.

” El Salvador ” recibiu o seu nome de Diego de Alvarado, que conquistou o seu territorio en 1525 e se supon que fundou a cidade de ” San Salvador “.

En 1822 conquistou a súa independencia e, como as demáis repúblicas ístmicas foi teatro de varias  guerras e  revolucións.  Por fortuna,  logo  do  1907  no  que figurou a carón de ” Honduras ” contra  “Nicaragua “, non veu ” El Salvador ” toldada novamente a súa paz. E iste tempo abondoulle para desenrrolar intensamente as súas riquezas naturais.

KOTINC Records · One Love (Bob Marley Cover)