Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Colombia atopase na parte N.O. da ” América del Sur “, e ten ribeira no ” Atlántico ” e no ” Pacífico “. Deuselle o nome en honra a Colón, ainda que semella houbera resultado máis xusto se chamase Colombia a todo o continente americano. Mais é máis considerábel agora trocar a ” América ” por nome, en honra de ” Amerigo Vepucci “, nauta florentino, que fixo varios descobrementos na ” América Central ” e do sur.

A banda occidental de ” Colombia  “, ouseña a banda xunta o  ” Pacífico “, no monte e crebada: a constituen tres elevadas fileiras de montes andinas con os seus bicos nevaradas e deixando entre sí vals de gran vizosidade. A banda occidental, ou xunta o  ” Atlántico ” é chaira, de clima moi húmido, e n’algunhas zonas, pouco san. Entre terreos bixos forman parte da corrente dos ríos ” Orinoco ” e ” Amazonas “.

Na serra central de ” Colombia ” atopanse varios volcáns, sendo o bico de maior cota o do volcán ” Nevado del Huila “.

 O río ” Magdalena ” Corre por terreo chairo e é a arteria comecial máis importante do país, puidéndose navegar por él nunha lonxitude de perto de 1000 kilómetros: na banda dereita d’este río, que é un dos maiores do globo. e a moi repectábel cota de 2500 metros derriba do mar, érguese a capital de ” Colombia “, a cidade de ” Santa Fe de Bogotá “.

Na foz do río ” Magdalena ” atopase o gran porto comercial de ” Barranquilla “, a non moita distancia da cidade de ” Cartagena “, chamada con anterioridade a ” Cuna das Indias ” por ser entón o porto de maior significación de ” Colombia “.

O país atópase pouco poboado e a maior cacho da poboación mora nas zonas montuosas, por ser alí a vida máis saudábel e afábel que nas terras da chaira; fora das cidades, case todala poboación atópase composta por indíxenas.

Respeito a súa vexetación (en calquera sito vense chores): hainas de cor púrpura, amarelas, moteadas, unhas abrense senlleiras, outras en fatado e caen en guirnaldas de racimos ou de umbelas. E enrriba d’estas prantas e chores de tan extravagante beleza, inza un mundo de vistosos animáis alados que zorregan  con o lixeiro tremer das súas ás. Hachanse orquídeas formidábels que semellan a formas dunha ave, de mil concepcións da imaxinación.

Colombia constituíu, primeiro a colonia española chamada de ” Nueva Granada “. Bogotá foi a capital de un dos territorios que  ” España ” tiña na ” América del Sur “. Ó ficar ” Colombia ” independente, uniuse por pouco a ” Venezuela ” e ” Ecuador “, mais en 1830 se afastaron d’ela aqueles paises. En 1856 convertiuse a república en federal.


” Venezuela ” atopase o N de ” Colombia ” e tódalas súas ribeiras son atlánticas: n’ela por un estreito oco que da co mar con a lagóa ” Maracaibo “. Por certo que, segundo a tradición, o chegar os españois por primeira vez as ribeiras d’esta lagóa, din que construiron unha pequena cidade erguida sobre uns piares de madeira, un verdadeiro pobo palustre, e talvez en chola deronlle o nome de ” Venezuela ” que ven a ser un diminutivo de Venecia, a cidade italiana erguida tamén sobre piares, dentro do mar.

O mesmo que nos países da ” América Central ” e que en ” Colombia “, a poboación, eiquí, estableceuse con prioridade nas zonas de media altitude, por ser n’elas o clima menos extremoso ca nas baixas chairas, e moito máis sans. En ” Venezuela ” a rexión seguindo a ribeira é a rexión montuosa ergéndose alí o cordal ” Caribe “, que polos montes de ” Mérida ” unese a alta rexión dos ” Andes “.

Todos istes obxeccións e desconvenientes do terreo fixeron renunciar a máis de un, dos capitáns que ordeaban a viaxe española de conquista, que as aguilloaduras dos insectos e a severidade do clima orixinaban máis mortes que as frechas envelenadas dos indios.

Os que subsisten en dita rexión pertencen o grupo chamado ” Caribe “: hai tamén moitos africans excravizados dende ” Africa ” e algúns indios asiáticos e chineses que traballaban nas prantacións.

En ” Venezuela “, como en ” Colombia “os produtos do agro con os que tamén a riqueza que atesoura o pan: eiquí o cultivo do café ten moita relevancia, seguindolle o do cacao e o do azucre. A crianza de gando comeza a ser un factorconsiderábel, como tamén o é a exportación de gando.

O ouro, con o seu consmo sen par, levou fai algúns anos, mineiros, aventureiros e traballadores as pradeiras do ” Orinoco “, na búsqueda do codizado metal.

A capital de ” Venezuela ” é ” Caracas ” e o primeiro porto do país ” Maracaibo “. Caracas é unha bela cidade con rúas que se cortan en ángulo recto, con ambolos dous bulevares chéas de árbores e estatuas.

O ” Capitolio “, de teor ” Árabe ” , é edificio maxestuoso e atópase no centro dun belo parque. Outro monumento considerable é o ” Panteón Nacional “, ónde repousan os restos dos heróes venezolanos Bolivar, Páez e outros. Tamén sonche digno de mención a ” Biblioteca “, o ” Museo “, a ” Universidad ” e o ” Teatro Nacional “.


As ” Guayanas ” , o territorio das ” Guayanas ” formase por unha ampla faxa ribeireña de terreos chairos e por unha zona interior de mesetas e altiplanices. o clima e as produccións son semellantes as de ” Venezuela “.

Existen tres  ” Guayanas “, que a partir dos lindes con ” Venezuela “, toman o nome de: ” Guayana Inglesa, Holandesa e Francesa “. A inglesa é a de maior estensión e a francesa a máis pequena. Ista derradeira é tamén a que menos recursos ten, pois durante moitos anos foi unha colonia penitenciaria.

N’este territorio explotase tamén o ouro e é se cultiva o cacao e a caña de azucre.

A capital da ” Guayana Inglesa ” é ” Georgetown ” ( Cidade de Xurxo ), na ribeira. A capital da ” Guayana Holandesa ” é ” Paramaribo “, boa parte da cal formase por chabolos de madeira e atravesada por canais, a semellanza das cidades holandesas; a capital da ” Guayana Francesa ” é ” Cayena “.

Teodora Brody-Enache · Teodora Enache-Blues Moldav