Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fai catro días que nos atopamos en ” Nueva York ” e cada vez atopo novos pormenores que me comproban que as cousas, eiquí, obteñen dimensións e proporcións insospeitadas.

Hoxe visitábamos o ” Museo ” e o local da ” Hispanic Society “. Convencinme de que cada día adquire máis importancia n’este país o dilema español e as cousas de ” España “: hai xa librarías adicadas  especialmente as producións españolas, e segundo me din, son moitos norteamericanos que falan español, especialmente nas rexións de ” California “, ” Florida “, ” Colorado “, ” Sierra Nevada ” e ” Los Ángeles ” bisbarras que, como denotan os nomes, tiveron orixe hispáno.

Coñecemos especialmente os ” Estados Unidos ” polas súas empresas industriáis e polas súas exportacións comerciáis: mais non os coñecemos tanto polo feito de que  súas castas pudentes impoñen o deber de ayudar e financiar todas as manifestacións da cultura. Se cadra nengún outro pobo do mundo axuda tanto o altruismo como iste, e poucos sinten con tanto ardor a devoción polas cousas do espírito.

Como que eiquí cada estado ten a súa capital, estabelecen grandes vencellos entre eles para contar con os mellores establecementos de cultura: ” Nueva York “,  ” San Francisco “, ” Boston “, ” Chicago “, ”  Filadelfia “, competen o ter as mellores ” Univesidades “, os máis pretixiosos ” Centros Culturales ” e ” Artísticos “.

Os ” Museos “, eiquí , non encarnan, coma en ” Europa “, os aquivos da historia o da tradizón de cada un dos países: norteamérica é un país xove e na súa historia non se retrotrae moito máis aló dun século. Por iste xuizo, istes museos teñen  que mercar en ” Europa ” súas xoias de máis valoura, e como iste só se pode  acadar con cartos, os estados os dotan especialmente e os particulais lles axudan con as súas doazóns, para que merquen rapidamente valoura e notoriedade.

As veces, é o esforzo d’un só home e da seu cadal  o que acada semellante froito: Tal é o que fixo o gran hipanista ” Harry F. Huntington “, o amorearun gran número de obxetos e xoias artísticas como se pode hoxe abraiar  no museo de ” Pasadena “, en ” California “. Outra mostra d’iste mecenazgo é a “Hispanic Society of America “, de ” Nueva York “, a cal conta con un museo moi notábel de obras españolas e con unha numereira bibloteca. Os multimillonarios ” Andrew Carnegie “, ” Cornelius Vanderbilt “, ” John D. Rockefeller “, ” J.P. Morgan “, ” Henrry Ford ” e moitos outros, sosteñen no país numereiras fundacións culturais e de caridade, todas elas fastosamente cubertas e oportunamente dotadas e ciodadas.


Amáis do infindo ” Nueva York “, cuia poboación salva os 10 millóns de poboadores, atópase no país outras cidades moi populosas. ” Chigago “, colocada na ribeira sureste da lagóa ” Michigan “, é o centro das industras das carnes; conta con máis de un millón de poboadores e é un gran centro de comunicacións territoriais.

” Filadelfia ” e ” Boston ” son dúas grandes cidades, notábels o mesmo tempo por ser importantes centros culturais, especialmente en biblotecas, que é chamado ” Ateneo Americano “: as súas respeitadas universidades e museos son afamados en toda a ” Unión ” e a de ” Harvard ” (Boston) emana en renome a todo o mundo.

” Washington ” é a capital federal: cidade de poboación menor que as precedentes, ocupa unha fastosa extensión, debido a que súas rúas son moi anchas, prantadas todas de acorporadas árbores, e contando con grandes parques no mesmo casco da cidade, o cal esaxera considerábelmente o seu contorno.

” Los Ángeles ” é a meca do cinema e, o mesmo tempo un bo porto no ” Pacífico “, como o é tamén ” San Francisco “, ” Detroit “, ” Cleveland ” e  ” Toledo ” son cidades onde arraiga, boa parte, a industria dos autocarros, que tal importancia acadaba n’iste país.


Remato xa de escrebir sobor das cousa vistas e lías  para adicar un anaco de tempo a anosar  impresións máis persoais. E ” Nueva York ” puidemos falar con nai e Xoselita por teléfono. A Comunicación estableceuse por radio entre  ” Nueva York ” e  ” Londres ” e por liña  entre ” Londres ” e ” Madrid “. É Verdeiramente abraiante, e é en casos  como o noso cando máis se valoura todo o seu rendemento.

Ista comunicación con nai e Xoselita espertaba en mín a morriña.  Lois dubida xa tornar a decontar dando unha  gran volta que nos agarde: mais vexo que isto no é posíbel. Saimos para ver os avós e non é cousa de tornar a metade do camiño, pai o sentirá moito, pois atópase moi ledo para poderlles dar unha aperta e eu non debo amargarlle ista viaxe… . Agocharei ista cuartilla para que él non poida leela agora. Decididamente teño que actuar coma un home ista vez. ¡ Alento, e adiante !.

acaravanadodelirio · A Caravana do Delírio – Esperando a Volta do Mecenas