Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Pasei dous días que van ser inesquecíbels para mín, ¡ trasnoitei por primeira vez na miña vida !. Ontes pola mañán collimos unha aeronave no aeroporto de ” Nueva York ” e o cabo de catro horas, estabamos no ” Niágara “.

Isto sucedeu así, porqué pai ten un bo amigo nun banco de ” Nueva York “, o cal fumos visitar o seguinte día da nosa chegada. Apertounos moi aloumiñeiro e de todolos xeitos quixo que fóramos a xantar un día a seu fogar. Cumplimentamos a seu convite , e aló presentounos a un amigo, diretor dunha liña aérea que vai de ” Nueva York ” a ” Otawa “, no ” Canadá “, pasando polo  ” Niágara “. Iste home, cuia afabilidade é inesgotable, quixo de todolos xeitos convidarnos a visitar as afamadas fervenzas do ” Niágara “, acompañandonos él mesmo no aeroplano.

Dame certo medo subir o aparello pois teño que recoñecer que iste medo foi desvanecendose axiña, ata sentirme de todo salvo e satisfeito. A cabina do aparello era fastosa e cunha capacidade para doce pasaxeiros, íamos oito soamente.

Dinme conta de que deslapábamos do can porque me pareceu que os edificios veciños ían afundíndose, xa voando a unha altitude que me pareceu perto de uns 200 metros , puiden abraiar a paisaxe fastosa de ” Nueva York “, é unha impresión incomparábel. As rúas semellaban tallos, o peirao acurtabase pola ribeira, tan azul da auga, os engrandecen pontes colgantes que atravesan o ” East River “, semellaban de xoguete. Xoguetes tamén os trasatlánticos que atravesaban a enseada.

Seguemos a máis infida do caserio e cespa logo sobor dos campor ístos semellan un mosaico; os montes se retrincan tan só na lonxanía. As que fican baixo nos, semellan aplanadas. Amola un pouco o seu inxente son dos motores. O home que nos acompaña sorie compracido o ver o noso interese pola viaxe, e nos ofrece unha boliñas de cotón por se queremos protexer con eles nosos ouvidos do son expresivo. Logo ofrecenos máis pastas e una cunca de té.

A paisaxe troca, e agora voamos sobor de grandes fragas, namenstres sobrevoamos o caserio d’algunha cidade todo tornase atangueante e fermoso, moitas o día, case como se estiveramos en ” España “.

Chegamos a ” Búfalo ” e alí aterra noso aparello, contorna de maxestuosas fragas, non demoramos en acharnos fronte o espectáculo maxestuoso e incomparábel que mostran as frevenzas do ” Niágara “.

Entre as lagóas ” Erié ” e ” Ontario ” achamos un desmonte de máis de 90 metros: o río ” Niagara ” que en severidade compon un ramo do ” San Lorenzo “, xunta istas dúas lagóas  entre o desmonte do terreo, o que na súa banda do río, nos chamados rápidos, que son coma ramplas nas cales as augas levan unha correntes moi forte; mais hai un lugar no que existe un gran tallo no terreo de máis de 50 metros de elevación  e por iste tallo se xuntan as augas do río, axeitando iste chimpo incomparábel, que é a fervenza do ” Niágara “. Ten a fervenza xeito d’unha gran arcada  de máis de 1,200 metros de lonxitude, e no medio d’él atópase unha illa, ficando así partida a corrente do río en dúas trazas, un moi amplo e outro máis estreito.

O son que fai a auga o bater é verdadeiramente atronador, e a nube de vao que se ergue é cegadora, síntese ante iste espectáculo da natureza unha mistura de medo e de aglaio, os meus ollos quixeran reter por sempre a impresión fastosa d’iste intre.

Dinme, que no máis fondo do báratro sóe bater o auga da frevenza, entón ista lama líquida curva que se bule agora sen asueto pola tallada baixa do río, fica mudada n’un cofre de xeo, ¡ Que prodixioso debe resultar !.

Ista frevenza marca o linde do raiano entre dous paises: a ribeira esquerda do río pertence o ” Canada “, a dereita é norteamericana.

Na central hidroeléctrica, proxectado polo noso compatriota o xenial enxeneiro ” Leonardo Torres Quevedo ” . Pasabamos d’unha ribeira a outra polas augas axitada do río.

¡ Canto me cucaría poder ver algo do ” Canadá !. Ista exclamación inxenua que manifesto é acollida por ” Mr. Harper “, que así se chama o home que nos acompaña.

– Iremos o  ” Canadá ” – dime en correto galego.

– Non, non, non poderemos – di pai. Estamos obrigados  a  sair pasado mañán sen falla de ” Nueva York “. o camiño que nos falta facer é ainda longuísimo e levamos xa case un mes de viaxe.

– Sintó – contesta ” Mister Harper “. Sendo isto así, debo, para compracer o seu fillo, darlle algúns detalles respeito o ” Canadá “, xa que ista vez pode coñocelo. Dareillos cando voltemos, pois así pasará mellor o tempo no aeroplano, tanto máis, en canto voltemos, xa anoitecido e non poderá entreterse no miramento da paisaxe.


Efectivamente , o voltar, e cando acougásemos do noso paseo pola ribeira do ” Niágara “. “Mister Harper ” deume interesantes notas sobor do  ” Canadá “.

É un país inxente – dixome – a súa área é pouco menor que a de ” Europa ” e seu clima moi extremado. No inverno, sobre todo, é moi xeado na súa banda norte, ten temperaturas case polares. En ” Quebec “, non é extrano discernir 35º o máis baixo cero, a neve cobre o chan canadiense por unha tempada de máis de cinco meses cada ano.

O país é, en xeral chairo na súa banda central, ónde axeita un infindo altiplano, con infindas lagóas a rexión occidental é moi montuosa, con bicos cubertos de neves constantes, e a oriental é variada, tendo grandes fragas cuia poboación constitue unha das maiores riquezas do país.

Hai un gran río que recolle as augas de moitos d’istas lagóas interiores, que é o ” Mackenzie “, o cal desemboca no ” Océano Glacial “, iste gran río sería un importante ruteiro de comunicación, mais boa parte do ano fica xeado na súa desembocadura. O ” San Lorenzo ” é o río máis aproveitábel para a náutica, posto que os buques de gran puntal poden navegalo ata ” Montreal “. Máis aló de ” Quebec “, o río anchease enormemente  e así deconta ata a súa desembocadura. Os xeos interrompen a náutica por espazo d’algúns meses, xeralmente de novenbro a maio.

O agro atópase moi florecente o sur do país, tamén é un recurso de riqueza a explotación da madeira das súas fragas fornecida pola facilidade que ofrecen os ríos para o seu traslado económico nas alinadias ou xangadas.

Tamén ten minas e seu comerzo algo activo. Mais as súas riquezas non poden desenrrolarse con máis intensidade, posto que os incovenentes  que ofrece un clima tan xeado.

Das súas cidades, son importantes: ” Montreal “, de ónde sae unha infinda liña de férrea que atravesa todo o ” Canadá “, chegando ata a ribeira do ” Pacífico “. Ista longuísima liña, de uns 5,000 kilómetros de lonxitude, é percorrida polos trens en catro días de viaxe. Ista cidade é a máis poboada e comercial de todo o país. ” Otawa ” achada sobor d’un afluinte do ” San Lorenzo ” é a capital do ” Dominio ” alí mora o goberno e o parlamento. ” Quebec ” xunta o gran ” San Lorenzo ” e non moi lonxe do mar, é unha cidade d’unha traza sinaladamene francés. ” Toronto ” é tamén unha gran cidade con máis de medio millón de poboadores.

A idiosincrasia  indispensábelmente francés que ofrece  ” Quebec ” e o inmortalizarse eiquí aquél idioma, resolvese porque o ” Canadá ” foi descoberto por ” Jacques Cartier ” e colonizado por ” Sanuel de Champlain “; e dende 1534 a 1763 pertenceu a ” Francia “, tendo entón por capital ” Quebec “. A cidade, pois, non fai máis que decontar amosando a tradición da súa historia francesa.


Na lonxanía vese unha infinda chaira e n’ela, millares de lucecitas. ¡ Que espectáculo máis fermoso !. En Canto nos imos achegando, vai ancheando exaxeradamente  aquela infindade iluminada, agora vemos a uniformidade d’iste manto, unha liñas coma faixas brilantísimas de luz. Son rúas principáis , que se atopan mellor iluminadas que outras, e as grandes pontes  colgantes que atravesan o río.

Eu non volvo do meu pasmo o ollar espectáculo tan fastoso: voamos xa sobor da cidade, as altas edificacións recortan as súas innumerábels fiestras iluminadas, e as prazas son coma brasas  de luz de todas as cores; a publicidade liminosa delongase tamén polas grandes arterias.

¡ Nova York !. A cidade, de noite e dende o aeroplano, ofrece un aspeito fastoso e inesquecíbel . A beleza da urbe n’istas circunstancias  é indubidablemente moito maior que vista a luz do día e dende as beirarrúas das súas rúas axitadas e cheas de actividade.

HOLLYDAYS · L’Amour à la Plage (Niagara COVER)