Costumes xaponesas. Seus grandes cidadáns.

Nas festas populais fan os xaponeses gran desproveito de adobíos en papel e de frores, e como iluminación, lles gosta moito dispor de centos de faroliños de moitas cores diversos e formas; como moitas d’istas festas teñen natureza náutica, exercen un influxo verdadeiramente fastoso a o mesmo que relaxante nas augas dun río ou do mar, os milleiros de faroliños que empavean centos de chalanas.

O ” Kimono ” é o peñor de máis uso, verdade é que agora case o usan tanto os europeos como os xaponeses máis eiquí sobresae máis porque o adobío das habitacións semellan darlle maior xeito.

A limpeza é miuciosa nas casas e nos hoteis; nas casas perosais serven de leito uns alamdraque espallados no chan. As almofadas soen se de madeira recuberta dunha tea grosa. Nos hoteis teñen camas o xeito europeo, para quenes desexan así.

Eiquí e fora de eiquí falase moito das ” Geishas ” istas son rapazas que se adican a cantaruxar e a declamar verso: son as que afoutan as festas e poñen na vida o seu pouco de poemas. Atópanse no ” Japón ” colexios especiais nos cales fomentase istas rapazas no canto e na declamación. Os Xapones, ainda que non abafalla nengún adianto da nosa civilización ten unha gran curia tradicional. Quere conservar as súas cousas e sinte a altiveza de ter en conta o seu pobo como un dos máis antigos, convir o seu pobo como un dos máis antigos da humanidade.

A linaxe xaponesa semella ser, verdadeiramente a máis antiga do mundo, pois se conxetura que data duns 2500 anos antergos a ” Jesucristo “.

No ” Japón ” constrúense moitos obxetos de laca que comporse nunha pasta axeitada con recina a cal mistúranse varias materias coloreantes para darlle a tonalidade desexada con ista pasta fabricanse fráxiles mobles; bandexas e obxetos para agasallo ornandoos con fróres e belísimas e carterísticas paisaxe.

O arte foi sembrado e en gran estima sempre polos xaponeses, xa dende moi antigo, pois no século XII contaron con afamados artistas, entre eles o afamado ” Toba Lajo “. As estampas xaponesas defrutan sempre de xusta fama, e os traballadores en marfil xunto con as miniaturas , debuxos, e estatuillas de procelá son febles para os coleccionistas.

No canto das súas costumes os xaponeses son apracíbels e fríos de portas para fora, mais con capacidade das máis grandes parcerias cando nunha materia ventilase a súa honra ou o do seu país. Aman moito a os nenos e són moi coidadosos dos seus modáis e no seu falar. Non se coñece eiquí a blasfema porque no léxico xaponés non teñen semellantes paroulas ofensivas ou de mal gosto.

As nenas son moi afeicioadas a xogar con as bonecas; case tódalas familias teñen a súa casa de bonecas, gardadas de xeracións antergas e coidadosamente conservadas e mellorada e que chegará a xeración seguinte. Os nenos xogan con predilección subindo cometas e facendo danzar peonzas.

Máis o meu pesar de que o chan do ” Japón ” é dabondo montuoso, é país de moita densidade de poboación; pois tendo algo menos que a de ” España “, súa poboación é case o triplo que a nosa.

A principal riqueza eiquí é o agro: en importancia, se cadra, lle segue a pesca no mar ribeireño do ” Japón ” son as milleiros os xuncos ou pequenas embarcacións pesqueiras e numereira a poboación de mariñeiros.

Atópanse tamén moitas lagóas, algunhas d’elas están nas máis altas rexións montuosas, os riós son de curto percorrido e faltos d’unha gran profusión, polo motivo de que non poden percorrer os desaugues das grandes bacias, xa qie as illas xaponesas son estreitas e avogan relativamente poucos kilómetros dende os entrepanos montuosos o mar.

O arroz, o té, as laranxas mandarinas, os limóns, son os principais nos que que se saiba os agroeiros xaponeses.

Como industras, traballan na do verme de serda, na de texidos e na do papel, que alí ten máis extendido uso que entre nos, posto que de papel fan panos, panoliños, panos de mesa, manteis, abanos e parasois. O papel xaponés é moito máis groso que o europeo e o mesmo tempo máis flexibre, polas substancias fibrosas que lle dan xeito.

Vou tomar nota d’algúnhas das principais cidades do país: ” Nagasaki “, foi o porto onde embarcaban todolos buques os portugueses e os misioneiros españois. Namentres o ” Japón ” estivo pechado a todo comerzo con ” Europa “, ” Nagasaki ” foi o único porto accesible.

O xeneralizarse o comerzo ” Kobé ” , que foi unha pequena aldea de pescadores, situada no mar interior, foise convertindo nunha gran cidade. ” Osaka ” é a poboación máis fabril: ten tamén un fermoso fano e atópanse n’ela grandes e ricos bazares. ” Kioto ” foi capital del ” Japon ” dende o 794 ata o 1868, na que a capitallidade foi trasladada a ” Tokio “. ” Nagofa ” é outra gran cidade con perto de un millón de poboadores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s