Con roteiro as Filipinas. – Manila.

Logo facer algunhas visitas polos arredores de ” Tokio ” e ” Yokohama ” e acougar tres días na pousada . Tempo que aproveitou o avó para darlle o a adeus as súas amizades, aveciñamonos nas nosas cabinas no veleiro ” Galacea ” o cal non votou moito tempo en facerse o mar.

Cruzámolo mar interior do ” Japón ” e pásamos fai moito, polo estreito de ” Gorka ” xunto a ” Toshima “, lugar onde a frota xaponesa bateu e escachou a armada rusa. Logo metímonos xa no mar ” Oriental de la China “.

Facemos roteiro a ” Shang-hai “, o gran peirao chinés e internacional o influxo do movemento d’iste fastoso peirao foise axeitando alí unha gran cidade de dous millóns e medio de poboadores. A cidade érgese preto a embocadura do gran río chinés ” Yang-Tzie Kiang “. Xunto os peiraos vense edificacións europeas e moitas axencias mariñas, coruscando ístas os brasóns e bandeiras dos seus correspondentes países.

Baixamos con pai e o avó e metímonos por unha ampla rúa, chea de movemento e traxin; chamoume a atención o ver que os cartaces dos comerzos os poñen eiquí ornados con banderolas d’iste xeito o mesmo sistema do ” Japón ” e é moi dispar o xeito europeo.

Entramos nun café a tomar unha cunca d’iste líquido ; ainda que e corrente que o chinés tome té, n’istas cidades cosmopolitas atópanse locais fastuosos onde se pode tomar tamén unha cunca de café.

De volta o veleiro, iste non votou moito tempo no peirao, e partiu de novo con roteiro dereito a ” Manila “.

Dixo o avoiño, que teñen tamén unha temperatura boa en ” Manila “, dime que mañá contarame tousas de alí. D’istes xeito o chegar a capital de ” Filipinas ” terei maior impresión do país e o froito da miña visita poderá ser de maior claridade.

En ” Shang-hai ” e en mar aberto chaman o coidado moitas chalana chinesas con ornamentos de dragóns e pintadas moi exaxeradas: o velamen pintarraxeado é tamén moi xeitoso. Moi orixinal de certo, istas chalanas, mais en verdade semellan un transitar manso.

O avoiño cumpliu o seu ofrecemento a tarde, sentados todos xuntos na gran andadeira do veleiro, desfrutando d’un tempo caralludo, e admirando as augas azúis do mar da ” China “, contoume cousas d’un gran interese sobre as illas ” Filipinas ” a cuxa capital chegaremos mañá pola mañá, Dio lo queira.

As ” Filipinas ” ata 1898 pertenceu a ” España “, atópadas a medio camiño entre o mar da ” China ” e o ” Pacífico ” é en tal cantidade o número das súas illas que se lle supoñen preto de 1400 contando con os illotes.

A natureza do seu chan é oceánica, e sofren alí tamén con periocidade, os tremores; o clima é tropical, e a conentración da calor produce nos naturais e nos estranxeiros, que eiquí viven unha relaxación pronunciada das forzas.

Por mor do clima e a moita humidade, a vexetación desenrrolase vizosa e exuberante chegando as fragas ata as cumios dos máis elevados montes. A vexetación d’istas fragas e cultivos de arroceiras, de tabaco, de café e do cotón, constitúen a maior riqueza do agro do país.

O besta que alí axuda o agroeiro na súa tarefa é o búfalo, semellante o boi con grandes e achatados cornos; é curioso o feito de que non se encontran bestas nas xunglas de ” Filipinas “.

As dúas illas maiores son as de ” Luzón “, o norte, que é a máis poboada e a mellor cultivada, e a de ” Mindanao ” o sur. Na primeira e dirixida cara o ” Asia “, atópase ” Manila ” o fondo da rada do seu nome.

Suponse que os primeiros poboadores d’istas illas foron xente duna tece acaramelada escura da casta oceánica, individuos todos de curta talaxe; chegando logo primeiro os malaios ( Indos ou indios, primordialmente ), e a posteriori moitos españois. A mistura de todas istas castas orixinou o tipo de hoxe en día do filipino.

As illas foron descubertas polo percorrido de ” Magallanes “, a cal saiu de ” Sevilla ” o 10 de agosto de 1519 e logo de un ano máis tarde dobrou o estreito do seu nome na ” América del sur ” ; ” Magallanes ” moreu eiquí, nas ” Filipinas “, o tentar sufocar un levantamento que produxose entre os indíxenas.

” Magallanes ” non deu nome a istas illas, se non que deullo logo máis tarde o navegante español ” Villalobos “, chamando as ” Filipinas ” na honrra o entón ” Príncipe de Asturias “, tempo despóis ” Felipe II “.

Quén alixerzou a conquista das mesmas para ” España ” foi ” Legazpi “.

Non é extrano que tantos españois prefiriran paraxes tan alonxados do seu país. Con anterioridade do descobremento de ” América ” os poucos buques que chegaban as ” Indias “, deberan de dar unha volta a ” África ” polo ” Cabo de Buenaesperanza “, pois no se atopaba salvado o país pola canle de ” Súez “.

Do comerzo fariase en ” Europa ” as especies, que encarnaban unha verdadeira riqueza comercial. Logo descoberta ” América ” e coñecido xa o ” Pacífico “, os españois xulgaron millor chegar as ” Indias ” polo ruteiro de ” América “. D’iste xeito os buques españois saían do ” Perú ” ou de ” Méjico “, e atravesando o ” Pacífico ” chegaban as ” Indias “, e pouco tempo despóis a enseada de ” Manila “.

Segundo o prometido ista mañá chegábamos a ” Manila “; a esquerda d’ista gran enseada, érgese o monte da ” Sierra de Marivela “. Lindando a enseada, a man dereita vemos ” Cavité “, o apesarado lugar onde houbo unha batalla naval entre os ” Estados Unidos ” e ” España ” en 1898. A o fondo, mostrase o peirao e os caseríos de ” Manila “.

O desembarcar n’ista cidade, fágome cargo que é máis poboación de grande significación comercial e industrial. Din que ten máis de 200,000 poboadores e pola súa grande extensión e polo fervor das súas rúas, dixera que tería ainda máis dabondo.

Entre os seus edificios máis notábels atópanse a catedral, o axuntamento, a bibloteca, a universidade que foi erixida polos dominicos.

O meu avoiño semella un pouco apesarado, o pasear por istas rúas, e o admirar os monumentos e edificios que, como a sé, o axuntamento, e a universidade, tanto ainda falaba de ” España “. Pai dase de conta d’elo e, como protestando que se nos fai tarde tornarémos cedo o veleiro.

O veleiro leva áncoras e, cando escribo istas liñas a cidade xa pérdese con lentitude da nosa vista entre a brétema que comeza a coller forza no mar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s