Polo mar da China

Atravesamos agora o mar da ” China ” e, o roteiro polo que decontamos, deixaremos a nosa dereita a colonia francesa de ” Indo China ” e o reino de ” Siam “, e a nosa esquerda a gran illa de ” Borneo ” da cal falei xa o descobrer as ” Indias Holandesas “. Noso veleriro fará unha curta escala en ” Singapur “, na ” Península de Malaca “, que é a terra asiática que máis se colle cara o sur.

Aproveitando istos días de náutica – tres ou catro segundo me din – e tendo en conta a proposta que me fixo o avoliño de aclarearme algo sobor da ” China “, e con o que me conte tamén sobor d’ela un pándego camareiro chinés que ven no veleiro, vou tomar algúns apuntamentos sobre dito país, pois ainda cando é certo que eu non vou ver nada de ” China “, semellame que o atoparme tan preto d’iste arcano país, move con maior forza o meu interese.

Decontarei logo, istos apuntamentos con o que poida reter dos argüidos e datos que me poidan dar.

Inxente país é a ” China “: a súa superficie é maior de 20 veces a de ” España “, mais boa parte d’ela, especialmente a zona norte, o ” Tibet “, a ” Mongolia ” e o ” Turquistán ” oriental, son tan só fastuosas soidades, verdadeiros desertos, e por mor a súas indixentes condicións, vive n’elas moi pouca poboación. Só as percorren algunhas tribos nómades de pegureiros. Unicamente a ” Mandchuria ” é rexión dabondo poboada e comeza a desenrrolarse n’ela o agro.

Toda ista banda norte do país, que da xeito o magno deserto do ” Gobi “, atópase restrixido a o sur pola ” Gran Muralla China “, construción verdadeiramente xigantesca e que curtan en dous puntos as augas do río ” Hoang-ho “, que é un dos que máis auga levan no seu percorrido polo continente asiático.

A poboación total da ” China ” é duns 330 millóns de habitantes; d’eles 300 millóns viven na ” China ” propia, e só os 30 millóns que restan poblan as inxentes e desertas estensións do norte, da que fixemos mención con anterioridade.

No centro érgense os montes ” Pe-ling ” e, a oeste, atópase o gran macizo do ” Tibet “, extendéndose alí as dúas grandes fontes dos ríos máis grandes chineses; o ” Huang-Tsó “, o río amarelo, que rega as vizosas terras amarelas de oriente norte, e o ” Jang Tsé-Kiang “, o río azúl que é unha grande arteria fluxuar que abona as terras vermellas da ” China ” central. Iste derradeiro río é navegábel nunha estensión de moitos miles de kilómetros, e, a semellanza do ” Nilo “, as súas cíclicas inundacións abonan os terreos ribeireños.

A ” China ” é como un país enfeitizado: pasaron séculos sen que os chineses tiveran presa en acomodar as vantaxes da civilización europea. Polo seu segretismo segrular, case podería dicir que a desprestixaban. Mais por mor d’ista traza calcaria é indubudábel que recentemente iste pobo mostra unha fonda inquedanza, que fai presaxiar o seu vindeiro despertar. Eles orgullanse en dicer que seu país é o máis antigo do mundo.

A súa historia escrita dou comezo fai 4,000 anos, é dicer, que 2,000 anos antes de que salira ” Europa ” do lapso prehistórico. ” China ” comenzou xa a ter conta por escrito con notas dos seus feitos de maior importancia.

Suponse que os primeiros poboadores de ” China ” viñeron da bacía do ” Farim “, río do ” Turquistán ” oriental e aveciñaronse o norte do país, na rexión das terras amarelas que abona o ” Huang-Tsó “.

Fai 2,500 anos xurdiu na ” China ” un gran reformista, ” Confucio “. Dise que contados seguintes d’iste filósofo, que a cada día que ía concurrindo facía máis prosélitos, amosouse un príncipe imperial, o cal puniu a os incondicionais de ” Confucio ” ordeándolles traballar na ” Gran Muralla China ” que entón facía contruir para liberar o país das invasións dos pobos do norte da ” China “, ( Mongoles e Manchúes ), os cales, por atoparse vivindo en terras moi necesitadas, facían decontadas incursións nas terras vizosas amarelas. Ista gran muralla, que é en grande medida ainda consevase, medía máis de 2,400 kilómetros de lonxitude, por unha altura de 9 metros de treito en treito o lenzo da muralla atopábase recortado por pudentes roques con forma de cuadrilátero.

Tempo logo, espallouse polo país o budismo, relixión que veu da ” India ” , e para darlle culto a ” Buda “, construíronse na ” China ” numereiras pagolas, onde se gardan os deuses do culto.

Tiveron os chineses alguns tempos de grande luxo nas ciencias e nas artes: semella proba que, moito antes de inventarse en ” Europa ” a imprenta, os chineses impremian xa livros valéndose de colores gravados. Tamén inventaron a brúsola.

No século XIII, o afamado veneciano ” Marco Polo ” estivo durante algúns anos o servizo do emperador mongol que domeaba na ” China “, o cal fixo de ” Pekín ” o seu pazo e extendeu as súas conquistas e influenzas pola ” China ” meridional. No século XV os chineses acadaron arroxar do seu chan a os mogoles que, por moito tempo domearon o teritorio, obrigándolles a pasar de novo a ” Gran Muralla China “, e ficando entón a ” Mongolia ” condicionada a ” China “.

Os portuxeses e españois, nos seus viaxes polos océanos ” Índico ” e ” Pacífico “, chegaron ata as ribeiras de ” China ” no século XVI.

No decorrer da dinastía ” Ming “, volveron a brillar, por pouco tempo, as ciencias e os fabricados chineses. Como unha sobra do fulgor acadado, por aquela dinastía, gárdase ainda unha grande avenida que, nas proximidades de ” Pekín ” leva as tumbas dos emperadores. Ista avenida atópase franqueada de fastuosas estátuas de pedra suplindo camelos, elefantes e outros moitos orixes.

Logo d’iste fuxidío periodo de refulxencia, xurden de novo gobernando china os ” Mandchines” descendentes dos antiguos mongoles; e aquela dinastía decontou rexindo ata os nosos días, xa que o derradeiro emperador que tivo o país pertencía a ela. En 1912 estableceuse a república.

O aillamento segrar de ” China ” fíxolle, a patires do 1840, diversos atrancos e ainda loitas con as potencias europeas. En 1900 estalou unha inxurreción xeral contra os europeos, coñecida con o nome de ” Levantamiento de los bóxers “: prodúxose entón unha exterminación sistémica dos europeos quenes tiveron que xuntarse e defenderse en ” Pekín ” ata que as forzas deglutidas por ” Europa ” puideron socorrer e libertar a os superviventes d’aquelas salvaxes matalotas.

” China ” é un pobo con certos atrasos: parte da poboación vive case na indixencia. As comunicacións están cheas de caóticas interpretacións. Carecen de rede do ferrocarril, pois só teñen algunhas liñas unindo as súas cidades de maior importancia.

Con a república desvaneceuse o tradicional fulgor de ” Pekín “. O emperador vivía n’un luxoso pazo cinguido de fermosos edificios e situado no interior do que se lle chama a ” Ciudad Tártara “, que foi a banda de ” Pekín ” onde moraban os altos dignitarios, os diplomáticos e os ministros.

Agora non queda nada d’aquél exaxerado e pitoresco boato imperial: só mantense alí os rastroxos amarelos que o enche todo e o emporca todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s