Indo-China e Siam. As grandes cazarías

Metímonos ista mañán no peirao de ” Singapur ” o sur da ” Península de Malaca ” e no acceso do estreito do mesmo nome. Ista cidade é a capital da ” Indo-China ” inglesa, e é un porto expédito de moita actividade.

Dinme que na ” Indo-China “, que é a grande península do sur de ” Asia “, xemelga da ” India ” atópanse mestas fragas, nas cales viven ainda elefantes salvaxes. Abondan tamén os tigres e panteiras, e é corrente n’istas rexións virxes da ” Indo-China “, onde se ordean as mostras e atraentes cazarías d’istas bestas.

A os elefantes, se lles arrodean en plea xungla, axeitando os cazadores e oxeadores como un gran circo: numereiros indíxenas axeitan n’el, e van abatanado toda clase de apeiros de percusión. Os infelices dos animáis, dinate de semellante algarada, axótanse e fuxen do cruel son; d’iste xeito son dirixidos ata lugares onde se érguen fortes palizadas, e seguindo por istas, que dan xeito a súa pena xa presos, chegan a unha praza central onde son subxugados por outros elefantes desbravados e por persoas adicadas a súa doma.

Os tigres son cazados con axuda de elefantes desbravados, sobor dos seus lombos, e agochados n’uns muñicos de vimbio ou de madeira, poñense os cazadores. O convoi ingresa na mesta xungla, e o tigre, o verse descoberto, ou fuxe si pode, a agocharse baixo os altos esfréxares, ou chantase os seus perseguedores.

Os cazadores teñen a obriga de ter moito sangue xélido e andar na procura de non errar o tiro da súa escopeta: pois se tal fan, o tigre irado bótase o elefante que atopa máis achegado a él, chouta para se aferrar o muñico na cal atópanse os cazadores e ístos moitas veces non acadan ficar ceibes das gadoupas temíbels da besta.

A medio camiño entre a ” Indo-China ” inglesa e francesa atópase o reino de ” Siam “, o cal ten unha estensión case semella a de ” España “, mais en poboación é só a metade da mesma. A rexión ribeireña o mar e o val interior do río ” Menari ” son as zonas máis vizosas. A súa capital ” Bangkok “, atopada na embocadura do río ” Menari “; conta con unha poboación que pode chegar o millón de poboadores.

Con pai e a avoiña baixaramos a terra en ” Singapur “. Os peiraos son unha mostra chamativa de xentes de tódalas clases e de tódolos países. N’un autocarro, víramos con presteza a cidade, que me pareceu en xeral desleixada dabondo no que se refira a hixiene e aliño.

Xunto o peirao, e n’unha rúa que do centro d’istes saen, érgense moitos edificios europeos; logo vensen xa as semellantes ciborios dos monumentos indúes e as casas perden en pesadumbre, axeitándose a os chinese e filipinos.

Tornamos a bordo e, a o pouco, o veleriro remata as súas operacións de estiba, e volve a facerse o mar.

Atravesaremos agora o estreito de ” Malaca “, que afasta a ” India ” inglesa da illa de ” Sumatra ” e colleremos logo, Dios o queira, no “Océano Índico ” tomando o roteiro cara ” Calenta ” n’unha cidade ficará noso veleiro dous días e medio, tempo que aproveitaremos nos para ver a cidade e achegarnos ata ” Benarés “.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s