Calcuta.- Benarés.- Costumes Indias

O ” Ganges ” o embocar no mar, da xeito a un delta atravesado por varios brazos, que son outros tantos ríos, o treito naútico é o chamado ” Hugli “, e nas súas ribeiras érguese a maior cidade da ” India “: ” Calcuta “.

O pasar polo seu labirinto das súas dársenas, entre as interminábels hileiras de buques e veleiros , ninguén creera atóparse n’unha cidade do ” Asia “, se non n’un dos portos americanos ou europeos. Fanse notar as clásicas embarcións, nenbargantes, as embarcacións chinas, as chalanas indias que, xuntamente con moitos malaios, atópanse faenando na carga e descarga dos buques.

Na outra banda dos peiraos, traballa a cidade, véndose en primeiro termo fastuosos locáis. Con toda seguridade atopámonos n’unha gran metrópole, pois o ánimo e o movemento de todo tipo de carruaxes, son verdadeiramente fastuosos, ¡ Eu, que creera ver tan só unha poboación envellecida, inconfortábel e o mesmo tempo chamativa !.

Como o veleriro manteráse tres díaas eiquí, baixamos a terra, e facemos a finalidade de xantar n’un restoran. Metímonos n’un inglés moi ben establecido e ornado, e logo saímos dispostos a visitar a cidade.

Atravesamos algunhas rúas de aspeito plenamente europeo, e logo metímonos en bisbarras que con xa máis d’un gueto, pois mostran unha natureza propia da india. Chámame a curiosidade que camiñan ceibes por elas vacas e outros animáis, e ísto indistintamente polas beirarúas ou a calzadas. O inquiri a cousa, ¡ dinme que isos animáis se teñen en consideración como inviolábel e que por elo se lles ten tanto respeito e consideración !.

É hoxe día de festa e vexo que os indúes puxeron ropaxes e traxes de cores moi variados. O continente d’ístes homes e maxestuoso, e todo elo explica a perfección que as cerimonias sexan eiquí festexadas con fasto tan brilante e pomposa. Mais o luxo rebordado dos príncipes e rajás, exsaxerado con a fastuosa dos seus pazos, con os seus elefantes gornecidos de sedas e brocados, con as súas vestimentas prezadas e a súas opulentas xoias, e o luxo máis módico dos días de festexo nas cidades, non se notan ilóxicamente no conxunto onde os palleses visten con toda frugalidade e humildade. Son a apesarada concordancia con aquela opulencia en demasía das cortes da ” India “, como se o garboso desprendemento de uns poucos poidera ser influxo da laceira e das privacións de moitos.

Case tódolos indúes fuman, máis o maior vicio e o de mastigar follas d’unha pránta chamada ” Betal “.

Na ” India ” o mesmo que na ” Indo-China “, abondan os tigres e tamén as serpes. Os elefantes comezan a rarear dabondo, e, en estado de liberdade, só se lles atopa n’algúns montes máis baixos do macizo do ” Himalaya “. O capón real é eiquí moi corrente, o cal se atribue por ser ista ave orixinaria do país.

É chamativo o caso dos enfeitizadores de serpes, que rumban as súas habelencias ou enganos nas rúas e prazas das cidades, diante de numereiros circos de público, como tamén o dos ” Fakires “, homes que que suxeitan a un axuno duradeiro e a outras prácticas especiáis, facendo cousas tan fastuósas e insospeitábels como atravesarse as carnes do corpo con agullas sen facerse sangue, camiñar con os pés espídos sobor de afiados coitelos, sen ferirse, e a máis deixarse soterrar por un espazo de tempo de horas ou d’un día, ficando como letárxico, e espertando logo para volver a vida normal. Se non fora que moitos médicos lexitiman a autenticidade dos feitos, con falla de todo calote, fora cousa de negar que semellantes feitos fosen posíbels; tan extranos e sobrehumans semellanmes.

Aproveitando o día maxestuoso o segundo, a nosa estancia en ” Calcuta “, tomámola decisión de ir de paseo a ” Benarés( Varanasi )” a cidade inviolábel da ” India “. A viaxe é algo longo, pero os ferrocarriles están moi ben, hai moitas liñas e todas avitualladas de materiáis confortábels.

Os aspeitos de ” Benarés ” e de maior interés que o de ” Calcuta “. A cidade e moito máis pequena, mais pódense atopar n’ela velísimos fanos con altos e esveltos minaretes, luxosas pagolas, rúas onde cirulan un trasego de pelegríns chegados das máis lonxanas rexións da ” India ” e unhas marxés do ” Ganges ” recheos de postos de venda e fanos. N’iste río, cuxas augas son consideradas sagradas, acollen unha bañadura de limpeza milleiros de pelegrins chegados a ” Benarés ” de tódolos puntos da ” India “.

É eiquí onde móstrase en tódalas bandas a puxante incógnita do espírito estrano d’iste pobo, que tan diferente se mostra con a listaxe a tódolos restantes pobos da terra.

As loitas relixiósas mostran eiquí un carraxe descoñecido por nos. Musulmáns e indúes senten moitísimo desapego entre eles, é tal, que o seu odio mutuo é moito maior do que sinten cara ” Inglaterra “, a súa domeante. D’iste xeito aclarease que un gran pobo, como é a ” India “, con maís de 250 millóns de persoas, teña que manterse subxugaddo por unha minoría curta de europeos, xa que non superan moito os 150,000, os que se atopan n’iste país que é a ” India “, concibidos n’eles os tropéis ingleses das gornicións.

Amáis da relixión, divide en profundidadde a os indúes o motivo das castas, varias son istas, mais hai dúas que domean: os indúes, que son os que poboan as chairas do ” Ganges “, e os ” Brahmin ” que viven no ” Draviras ” ou banda sur. Os primeiros pertencen a casta branca e profexan o tadicionalismo, o mesmo tempo que os ” Draviras ” teñen a cor moi escura e morena e son budistas. As linguas faladas na ” India ” son tamén numereiras.

Moito me gostaría coñecer ” Bombay “, a gran cidade do sur do indostán na ribeira do mar de ” Omán “.

Penso que é unha cidade de gran poboación, mais vive moi superpoboada e pouco hixiénica, o cal da por froito que seña unhas das cidades do mundo onde se rexistra maior mortaldade. Mais non poderemos ir a ” Bombay “, como tampouco a ” Delhi “, a vella capiital, onde pódese abraiar velísimas xoias arquitectónicas, nin a ” Elefanta “, a dos fanos escarvados na rocha viva, nin a ” Agra “, onde se atopa o afamado ” Taj-Majal ” estimado un dos edificios máis fermosos do mundo.

-Non conta.- levo xa da ” India ” unha impresión que manterase en mín toda a miña vida. E por outra banda, ainda cando góstame moito ver novas terras, belos edificios, grandes cidades ou estampas pintorescas, é certo tamén que comezo xa a votar moito en falta a nai e a miña irmanciña, e sinto o mesmo tempo – ¿ Por qué non dicilo con sinceridade ?.- unha gran morriña para ver de novo as cousas de ” Galicia ” .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s