Cara o mar de Omán.- Arabia e Persia.

Abandoamos ” Calcuta ” e atopámonos rebordando a ribeira nacente da ” India “, pasamos fronte a ” Madvás ” e , dous días logo polo estreito de ” Palh ” – a medio camiño da ” India ” e a ribeira de ” Ceilán “, chegamos a ” Colombo ” pois é a capital d’ista illa.

” Ceilán ” foi na antigüedade, a illa clásica onde se mercaban as especias, cuxas circuntancias lle deron gran renome e prolixidade. Os gregos e romanos, que xa a coñecían, a chamaban ” Zaprobane ” e a ela refírese sen dúbida ” Cervantes ” no ” Quijote ” o falar da afmada ” Zaprobane “. Saindo de ” Colombo ” pasamos preto de cabo ” Camerún ” que adianta como un arauto n’un estremo da ” India ” e, a parti d’alí, perdemos de vista as ribeiras, ingresándonos polo mar de ” Omán “. A o longo de d’uns días, a nosa vista acostumarase de novo a demostracón aborrecida, mais sempre emotiva do mar e ceo.

En ” Colombo ” subiu o noso barco un comisionista francés, que di que vai a ” Portland “, na canle de ” Juéz “, e que percorreu ” Siria “, ” Persia “, e a ” India “.

É tan afábel, que prometeu contarme cousas interesantes sobre d’aqueles paises que eu non poderei visitar e que él veu recentemente.

Mais dime o comisionista francés, lembrar as grandezas do pasado, mais hoxe pola contra, é un pequeno estado que se atopa a medio camiño do ” Golfo Pérsico ” e o ” Mar Caspio “. Toma bóa parte do amplo altiplano do ” Irán ” e ten un gran macizo montuoso que segue toda a súa banda sur e que o constitúen os montes ” Zagros “. Pola súa banda norte, xunto o mar ” Caspio ” exténdese unha zona baixa con numereiras lagóas ou mares mortos. N’ista zona desenrrólase unha considerábel riqueza forestal, principalmente de castiñeiras e enciñas e, na banda central atópase unha rexión na que relévanse lugares de vexetación abondante con outros case desertas ou maniño.

A ribeira do ” Golfo Pérsico ” e cativeza e desolada e só pequenos oásis de palmeiras escachan o monótono da paisaxe de pedras e rochas quentes polo sol.

A superficie de ” Persia ” é máis do triplo da de ” España “, mais a súa poboación escasa, non supera os 10 millóns, iste dato fala na medida do posíbel o pouco poboada que se atopa o país.

A poboación esquiva erixir nas ribeiras, e o fixo cara o interior do país porque é máis san. O xefe ou rei de ” Persia ” ten a titularidade de ” Sah ” e non é hoxe en riquenza e poder nin o fusco do que un día foi.

A falla de ferrocarrís e de bós portos na ribeira fan complexo a exploración das súas riquenzas. As súas rexións do ” Kurdistán “, e ” Luristán ” e outras viven das súas produccións do agro.

No século V antergo a J.C., ” Persia ” foi un dos estados máis poderosos do mundo, coroado ” Dario I ” foi descontraendo as fronteiras do seu reino engadindo ” Egipto ” o seu terreo; mais o descoñecido afán d’iste rei e dos seus herdeiros, fixo posíbel o derrubamento do poderio persa polos gregos, condeádos por ” Alejandro Magno “.

Retomada logo a súa independencia sucedéronse na súa realeza varias dinastías; mais os país non puido remontarse outra vez cara unha nova era de avance e de apoxeo que lle fixera menos agre o recordo das súas grandezas extraviadas.

D’istos dos célebres días do pasado son as ruinas de belísimos monumentos que se atopan na ” Persópolis “, capital que foi do poderío imperio, atópanse outras varias cidades, das cales tan só poido a lembranza da historia.

A súa actual capital é “Teherán “, atopada n’unha maxestuosa chaira.

” Tauris ” é acidade máis alentada e fabril que a capital mesma, deixou medrar certa importancia ” Yiponhán ” polas súas fastosa praza real, súas mezquitas – algunhas con belísismas frontes de vidreiras – e o seu comerzo, especialmente en mantos de chan e tapices persas.

” Mesopotamia ” afasta a érguidas chairas do ” Irán ” ou ” Persia ” da península que da xeito a ” Arabia “.

En moi remotos tempos foi ista rexión asento de poderosos reinos, segundo pode verse na historia. Eiquí floreceron as grandes cidades de ” Babilonia “, a dos incomparábels xardíns érguidos e ” Mínive “, a que se ollaba nas augas do ” Tigris “. Eiquí viveu ” Abraham ” e outros moitos patriarcas.

Hoxe iste país no é con moito, o que n’un tempo foi. As súas admirábels redes de canles, gabias, e canles de rego case non existen xa; e ainda que algunhas bisbarras decontan sendo vizosas, máis deben semellante ben os cíclicos alagamentos dos seus ríos, o ” Eufrates ” e o ” Tigris ” que a os traballos e coidados dos agroeiros.

As súas cidades principáis son hoxe ” Bagdad “, a capital e ” Mosul “, bisbarra riquísima en petróleo.

Deconto istas notas o entrar no ” Golfo de Adén “. Pasamos xunta a illa ” Socotra “: n’un pequeno forte ribeiro vin ondular unha bandeira inglesa, e a súa vista lémbrame que imos entrar n’un dos paraxes extratéxicos de maior importancia do mundo, o ” Mar Rojo ” e a ” Canal de Suéz “.

Logo de varias horas de navegación, ollamos a ribeira, que non bota moito tempo en sobresair con todo pormenor: imos a entrar en pouco tempo , no porto de ” Adén “; atopámonos, pois, a fastosa península situada o suroeste de ” Asia “.

Ven con nós un neno árabe, en quén no me fixei durante os primeiros días da viaxe, o salir de ” Calcuta “, e que fala algo de galego poque estivo durante algúns anos con uns parentes seus en ” San Xenxo “. Iste neno, que terá non máis de 10 anos, vai a ” Medina “, porto do ” Mar Rojo ” onde ten os seu pais, de volta da ” India ” onde aquéles enviaronlle para veder unhas mercadorías. Seña pois, noso aompañeiro ainda, por un par de días maís.

Faloume de ” Arabia “, con a terma propia d’un habitante d’istas zonas desérticas, mais o mesmo tempo con a morriña do que saque que atópase lonxe do seu orixe. ” Arabia ” dime é un país xigantesco, mais lle faltan as dúas condicións indispensábels para poder vivir con comodidade; terras vizosas e poboación.

A banda central da xeito a unha meseta éguida e, é, en conxunto, un deserto xigantesco. Moreas de areas amarelas, levadas por ventos furacanados, soterran as veces os convois que os atravesan; rochas espidas e puídas polo vater das areas movidas polos ventos dan a paisaxe un aspeito terríbel de aflición. A calor caldela e ardente enxoito, dunas e cuiñas que se fan, pérdense. Iste é a instantanea d’iste ” Gran Desierto de Dana ” e de outras paraxes semellanes.

A zona costeira de ” Arabia ” é máis vizosa e, n’istas ribeiras, fóronse axeitando pequenos reinos protexidos por ” Inglaterra “, entre os cales fálase de ” Adén “, onde imos chegar en curto tempo, Dios o queira.

A bisbarra máis vizosa da comarca é o ” Yemén ” e, por ista orixe, é coñecida polo nome de ” Arabia Feliz “.

Son cidades afamadas en a ” Arabia “, ” La Meca “, poboación onde naceu ” Mahoma ” e que os árabes teñen por cidade inviolábel. Hoxe en día recebe numereiras peregrinacións de milleiros de islamitas, que chegan de tódalas afastadas bisbarras de ” Arabia ” e de outros paises de ” Asia ” e ” África ” para facer vista na ” Al-Ka’nah Al-Musharrafah ” gran fano que contén a afamada pedra negra. ” Medina ” é tamén nomeada por ter o sepulcro de ” Mahoma “.

Nos oasis que se atopan no deserto, ou nas pradeiras que medran n’outros paraxes menos enxoitos, pacen dromedarios, cabalos, carneiros e cabras, que constitúen a principal riqueza d’iste país.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s