Noso veleiro comeza a surcar as augas do ” Mar Rojo “, iste mar é de tan anterga linaxe histórica, e que segundo os livros sagrados, veu defecharse un día súas augas para que puideran atravesar ” Moisés ” a fronte dos israelitas, cando, seguidos dos exipcios, dirixíanse a afamada terra de ” Canaán “.
Na península do ” Sinaí “, atopada na ribeira d’iste mar, ” Moisés ” mostroulle ó pobo o ” Decálogo ” ou as ” Tablas de la Ley “, cuxos preceitos comunicoulle Deus.
Viaxamos, pois, por lugares que gardan os máis antergos feitos hostóricos de tódolos pobos do mundo.
Pasa do estreito de ” Bab al-Mandeb ” que atopamos unhas horas máis tarde logo de sair do ” Adén “, e xa en pleo ” Mar Rojo “, ìste misturase: e a non ser, que o noso veleiro vai seguindo pola ribeira arábiga, non sintimos as sensacións das chairas entre dúas terras, ” Asia ” e ” África “, pois as ribeiras d’ista derradeira ficanos pola amplitude do ” Mar Rojo “, a cal, sí é pouca en comparanza con a súa lonxitude, é dabondo para que nosa vista non acade dito confín.
A nosa esquerda imos deixando as terras de ” Abisinia ” ou ” Etiopía “, antergo estado cuxa orixe retrotraese ata os tempos antergos a J.C.. Segundo a ” Sagrada Escritura “, unha filla do rei de ” Etiopía “, a afamada ” Reina de Sabá “, desexando coñecer a ” Salomón “, cuxa sabenza foi tan afamada, visitouno, froito d’iata visita foi que ” Salomón ” casou con ela, tendo logo uns fillos que chamaron ” Menelik ” , que foi o fundador da ” Dinastía Abisinia “, a cal deconta nos nosos días seguindo os prexectos d’iste país.
Avoiño atópase esporeado con o seu proxecto de visitar ” Jerusalén “. Amosa o seu interés o capitán do veleiro, e íste, afábel de máis, ofrecelle unha conxugación, que nos admitimos con gosto e agradecemento. Como o veleiro ten que permañecer un día e medio en ” Port-Said ” á entrada do ” Canal de Suéz “, nós baixaremos n’un pobliño o pé do ” Sinaí “; alí tomaremos un autocarro que nos levará a ” Jerusalén “, e poderemos ficar n’aquela histórica capital un día enteiro, para chegar o seguinte, a ” Port-Said ” en ferrocarril.
Enfeitizado diante de semellante experiencia, deixo a pluma para ir o gran salón do veleiro, onde un pándego compañeiro meu, que subiu o veleiro en ” Adén “. Logo de percorrer toda a banda central de ” África “, en contra das cazarías de bestas, vainos dar unha conversa sobor d’aquélas rexións de moito interese. Vou a tomar notas da mesma, e, Deus o queira, as copiarei n’iste caderno o tornar de ” Jerusalén “.
Para encandearse n’algo de non puiden ver, o que nós vimos lles trouxemos alguns agasallos, e moitas postáis e fermosas vistas tomadas por pai, que foran para todos doces e interesantes lembranzas.
” Palestina ” é un pequeno estado independente dende 1920, por repercusión da ” Gran Guerra “. Ten 23,000 kilómetros cadrados; unha poboación que non chega o millón de poboadores, e atópase rexida por un alto comisario inglés, con un consello executivo e outro lexislativo.
Iste país, un día tan vizoso e tan codizado polos antergos israelitas como ” Tierra de Promisión “. Ten hoxe un aspeito deplorábel, de tristura e laceira. A falla de choivas foi esgotando a súa vexetación e son agora terras maniñas, o que foron en outros tempos bisbarras vizosas.
” Jerusalén ” pareceunos d’unha natureza moi especial. As súas edificacións son, xeralmente tetragónicas, rematadas moitas en ciborios semiorbital, e nas casas hai poucas fiestras, seguindo n’isto as costumes árabes.
A cidade pode ter presente composta por dúas: a anterga, protexida por uns vanos de 12 m. de altitude, con rúas estreitas, boaventuradas, irregulais, en parte cobertas, e a nova, na cal érgense edificios o xeito europeo, mais sen grandes luxos de ornamento.
A cidade vella móstrase partida en catro bandas por dúas longas rúas que atravesan n’un ángulo dereito. En cada unha d’istas bandas ou bisbarras viven os adeitos a una relixión, d’iste xeito no situado na norte occidental.- chamado francogrego – viven os cristiáns; no da norte oriental, que é o maior, os mahometanos, no sur occidental atópanse os armenios, e o sur oriental , os xudeos.
A bisbarra xudea danlle xeito un labirinto de estreitas e lixosas rúas, e no mahometano visitamos a chamada ” Gran Plaza del Templo “, que o constitúe unha amplo eirado, sobor da cal atópase erixida hoxe a ” Grandiosa Mezquita de Omar “. Con anterioridade, sobor d’ista cuiña, que se chama ” Monte Moria “, foi erixido o fano de ” Salomón “, que, segundo as revelacións que nos chegaron de tan afastado tempo, foi en verdade fastoso pola súa riqueza e maxetuosidade.
Os arredores de ” Jerusalén ” contan con moitos postos afamados: atópase a burata de ” David “, a ” Iglesia de la Virgen “, o ” Huerto de Getsemaní “, a ” Gruta de la Agonía “,… .
Paraxes ou poboados, cuxos nomes non son moi achegados, abraian sen repouso os nosos sensos ou o noso espírito: ” Belén “, ” Belania “, ” Siquén “, e na bisbarra de ” Galilca “, atópanse ” Nazaret “, ” Caná “, e ” Caparnaum “.
Lévome d’ista lixeira visita os moitos lugares n’un tesouro de emocións que manteranse en mín toda a vida. Dou grazas a Deus por deixarme ver outros sitios.
Afastada de ” Palestina ” polo ” Tordán “, e o ” Mar Muerto “, atópase ” Trans-Jordania ” ou ” Xerac “; independente hoxe tamén, con unha poboación de 200,000 habitantes, e o norte de ” Palestina ” atópase ” Siria “, que ten ribeira no ” Mediterráneo ” e en cuxa terra atópase o afamado monte do ” Líbano “. A capital do país é ” Damasco “, gran centro do comerzo, e porto principal é ” Beirut “. De xeito semellante a ” Palestina “, iste país é rexido por un comisario; mais o d’eiquí é francés.
” Siria ” mantén moitas relacións comerciáis con ” Mesopotamia ” e ” Turquía “. Ista derradeira, logo da ” Gran Guerra “, deixou de figurar como potencia europea para comezar ser potencia asiática “; e a súa capitalidade, que enrraizou en ” Constantinopla “, en ” Europa “, foi levada a ” Ángora “, en ” Turquía Asiática “.