O Cairo, o Nilo e as Pirámides

Como o veleiro terá que atardar un anaco a súa saida de ” Port-Said “, e como debera facer n’ista viaxe novo treito en ” Alejandría “, pai propón que saiamos de ” Port-Said ” e votémoslle unha ollada a ” El Cairo ” e vaiamos a atopar o veleiro o porto de ” Alejandría “. E aturados polo capitán do veleriro para facer ista combina, saímos no primeiro ferrocarril cara a capital de ” Egipto “. Votamos a noite no ferrocarril e a mañán seguinte atopabámanos no ” El Cairo “.

O aspeito da cidade é por demaís orixinal: vense nas súas rúas exipcios, arábes, sudaneses, abisinios e europeos, toda unha mistura de castas, domeando os traxes longos dos arábes e véndose tamén algúns ” Fez ” vermellos dos turcos.

A cidade é unha xigantesca feira con estrondo de colmea. Rúas estreitas cheas de bazares nos cales véndense mantos para o chan e coitelos, xoias de viventes cores e recendos; altas palmeiras sobresaindo dos vanos, outras rúas o xeito europeo, con luxosos hoteis. Unha misturanza orixinal e chea de cor, que atopo moi afábel.

Fumos o ” Museo del Cairo “, no cal vimos numereiras momias exipcias: hai moitas, que semellan o senso de atóparse nun ceminterio. Moitas d’elas conservan os seus vandaxes de tea ou as súas pinturas brilantísimas, n’outras concorrencias vimos mobles, carros, xoias, terracotas, milleiros de obxetos de uso corrente entre os antergos exipcios. Iste museo, con as súas adrais e lenzos de parede, axeitado todo o estilo árabe, gustoume moito.

Como sobrábanos tempo resolvimos ir pola tarde, en autocarro, ata as pirámides, pois fora mágoa no puideramos ver istes mounumentos de interese, sen admirar tamén a paisaxe do ” Nilo “.

As augas d’iste río atopábanse hoxe bravas e e semellaban tinguidas: varias embarcacións as sulcaban, movidas en devagada pola presión que uns axitados exipcios empurraban sobor d’unhas longas pértegas, que afondían nas augas ata dar con a fondura.

Namentres o traxecto vimos numereiros despoxos de inxentes piares de pedra que axeitaban parte de fanos inxentes. E o chegar o sitio onde érguese a esfinxe e as ” Pirámides de Keops ” de ” Kefren ” e de ” Menkaura ” sintímos coma un calafrío. Camiñando a chaira areosa e maniña, aquéles monumentos xigantescos pregan ainda en nosos días a presenza d’unha civilización maxestuosa.

¡ Quen sabe se no canto de catro ou cinco mil anos os homes que entón vivan sobor da terra poderán sintir emocións diante dos estragos do tempo nos monumentos que agora se contrúen ! . Se cadra non, porque nos facemos as cousas máis para utilizalas agora, que para ofrendar como lembranza as xeracións que nos sucederán.

A gran pirámide, cuxa base ten 138 metros de banda, foi cotexada na antiguedade como unha das 7 marabillas do mundo.

Un pode ter unha idea de seu moi xigantesca, conxeturando que só na pirámide de ” Keops ” traballaron 100,000 homes, que se anovaban cada tres meses no trancurrir de 30 anos que durou a súa construcción. Foi ista tan lamentábel, polo rigor do clima do país e por ter que procurar lonxe as pedras empregadas, pedras que foron levadas ata o lugar conveninte facendo uso de grandes barcazas que sulcaban o ” Nilo “. As pirámides son os únicos despoxos que fican da maxestuosidade d’aquela anterga capital exipcia que se chamou ” Menfis “.

Escrebo ista notas no hotel de ” El Cairo “, antes de deitarme.

Fora, a lúa enfeitiza o branco caserio da cidade. Escoito a o lonxe os compasados sons d’unha guzla e unhas voces de xentío cantaruxando unha canción que semella un suspiro. A cadencia é moi tardeira e os son semellan con unha cadencia monótona.

Mais todo isto ten un gosto moi oriental; e, para desfrutar mellor d’ista serenata que con toda probabilidade non poderei escoitar outra semellante no que me resta de vida, deixo de escreber para ir a expoñerme no corredoiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s