Tokio. Algo sobre a historia de Tokio.

Hoxe visitei a fastosa capital do ” Japón “.

” Tokio ” ten tódalas peculiaridades dunha gran cidade; amplas avenidas, maxestuosas construcións de edificacións o xeito europeo nas principáis rúas, e luxosas tendas, moitos trolebuses e autocarros tamén nas principáis rúas e xunto a todo isto, tan noso, veciñanzas humildes con fogares febles, lixeiros carros ou ” Korumas “, soleadas cada unha por un home, pavilóns con madeiras locáis, pontes miúdas, milleiros de porcións fráxiles  e características do pobo xaponés.

As ropaxes dos xaponeses é moi variada; impera , o traxe europeo, son as mulleres as que decontan con o uso, aínda de algunhas roupas propias do país: máis a banda máis pintoresca da vestimenta. Desencontrase con celeridade o influxo da civilizacón europea.

Con o avó fumos a un parque xeneroso, no cal ensinoume as árbores repousadas mais acadan lonxitudes incomúns polo pequenas;  son moi afeicionados os xadineiros xaponeses a acadar istas lindezas árboreas; facer vivir, por exemplo ecinas seculais sen que acaden lonxitudes maiores de medio metro a maiores. Entramos logo nunha pequena tenda de frores e alí abraiome cuns centros de mesa e numereiros motivos de adobío contendo cada un d’eles una ou máis prantas de miudo tamaño.

Para acougar imos a unha pequena casiña de té, xunto a unha canle, e alí tomabamos unha pastas e unha cunca d’isa recedente bebida; E meu avó cumprindo o seu ofrecemento, falame da historia d’iste país de tanto interés.

Suponlle. – Díxome. – que en tempos máis lonxanos viveu n’istas illas unha casta moi basta que facíase chamar ” Ainos “, tempo logo sufriron aqueles poboadores primixenios varias invasións; unha d’elas foi pola casta ” Mongol “, a cal fixo correría dende a ” China “. Outra foi de casta ” Malayo “, que debeu chegar por lo mar do mediodía.

Da fusión de todas isas castas se orixinou con toda seguridade o pobo xaponés; chegadas xa en espazo histórico, sobresae na ordenación d’iste país a figura do emperador ou ” Mikado “. Iste persoaxe acada en sí tódolos privilexios e honras, é o pobo sinte por él semellante respeito e reverencia que case non se atrevera miralo, así foi receado a poucos, como inviolábel, a figura do emperador.

Cara o século VI, fai o seu espertar no ” Japón  ” a relixión de ” Buda “, proveninte da ” India ” e conducida polos chineses que alí atopabanse subxugados. ” Kioto ” foi a capital do budismo no ” Japón ” e atópanse n’esta cidade numereiros fanos e pagodas adicadas a ” Buda “.

N’aqueles tempos desenrrolábase o ” Japón ” nun rexímene somentes feudal; os nobres, habitaban nos seus fortes e castelos e tiñan o seu servizo magnos exércitos a quenes chamaban ” Samurais “. Istes atopabanse   leados o seu señor e tiñan a obriga de xurarlle fidelidade, que moitos abrianse o ventre como unha sinal de dor, cando o señor feudal ou o emperador falecían. Ista salvaxe costume, que ainda por acervo pratica algún xaponés desenganado, chamase  ” Harakiri “.

O remate do século XIII o  emperador mongol que domeaba entón cun clima guerreiro e conquistador en ” Japón “; mais unha treboada aniquilou as trulladas invasoras.

Europa tivo nova de ” Japón ” por as viaxes do veneciano ” Marco Polo “, quen residui moitos anos na ribeira de ” China “: él a chamaba como os chineses, ” Cipango ” e dicían d’el que é unha gran illa localizada o este de ” China ” na mareira. Os seus poboadores son brancos e de requintadas roupas.

Tiveron máis decontadas novas do ” Japón ” logo do descobremento de ” América “, pois entón moitos misioneiros votáronse a  ” China ” e o ” Japón “.

O afamado  ” Jesuita San Francisco Javier ” percorreu eiquí amplas bisbarras espallando o ” Evangelio ” e batear as xentes.

O remate do século XV un valente soldado chamado ” Kideyoshi “; a o que os  xaponeses chaman hoxe o seu ” Napoleón “, acadou o poder e conquistou  ” Korea “. 

Onde tempo imemorial os xaponese tiñan pechados seus portos a tódolos europeos agás os holandeses; os ” Estados Unidos ” mediado o século pasado, quixeron abrir canles de comerzo xaponés as actividades de ” Europa ” e de ” América ” enviaron unha unha comitiva o  ” Japón “: iste chance determinou o que ficara aberto a o porto de ” Yokohama ” o comerzo internacional.

Istas medidas obrigadas fixeron gran mella no azo dos xaponeses noi independentes e píos do seu país; o ver non tiñan forzas para opoñerse o que se cadra xulgaron como vexámen, recearon en sixilo os seus resentimentos e se botarón a poñerse o nivel dos estados que os vexaron, data no trancurrir duns 40 anos, torocou por completo o país. 

Para acadala rápidamente forn enviados a estudar a ” Europa ” numereiros rapaces xaponeses; comezaron a instalar fatorías. O ” Japón ” quixo levar a súa mariña de batalla e  ordeou tamén un podente exército.

Surxiu en 1894 a gerra con ” China “, a que domeou velozmente o ” Japón ” incorporando  con celeridade a illa de ” Formosa ” a actual ” Taiwán ” .

En 1904 e 1905 sostivo batalla con ” Rusia “, a cal derrotou por terra e por mar, apropíandose de  ” Korea “. A súa derradeira fazaña guereira foi entrar na guerra europea apoiando os aliados.

Ista é, a grandes trazas, a historia d’iste pobo . O xaponés ten un fondo sentemento da honra e se supón con moita delicadeza na súa conversa e nos seus modáis. Acostumado nos seus empregos comerciáis, é romántico o contemplar a natureza, e, sobre todo o seu apego as frores; ante elas mantense quedo e enfeitizado.

As festas propias dos xaponeses demostran a pertenza que o xaponés sinte polas frores; d’iste xeito, a ” Fiesta de los Ciruelos en Flor ” as dos ” Cerezos ” e a das ” Peonias ” y logo as dos  ” Crisantemos “.


Xa se facía tarde e o avó dixome que deberíamos marchar para tomar o tren que con celeridade nos levou a ” Yokohama ” onde nos agardan xa pai e a avoiña para vernos. Eles fixeron tamén unha bóa excursión polos arredores, vendo as plantación de té e abraiando, a o lonxe, a contorna característica do ” Fuji-Yama “, o afamado cono volcánico xaponés.

As Indias Holandesas.- Illas da Polinesia

Aínda cando non se soubera que imos a chegar en pouco tempo, Deus o queira, o remate da nosa viaxe, a traza que vai tomando a vida a bordo sería dabondo para dalo a entender. Todo o mundo semella máis xovial que de costume e, ainda os de natureza máis calada, espallanse n’istes intres. As risadas sonche máis sinceiras e sonóras, e ata semella que o veleiro navega a ritmo dos ventos que por eiquí sopran. ¿Puro sono todo?. Se cadra, mais ……, o certo é que un leva o anelo de que todo colle velocidade.

Deixamos o sur algunhas illas do ” Archipiélago de Magallanes “, e o oficial do veleiro, alguén inquiriu, dime que imos agora con rumbo direito a ”  Yokohama “, ónde chegaremos, se Deus quere, pasado maña o mediodía.

O bon Pai  Eliberto deume hoxe unha interesante parola: e hoxe faloume das ” Indias Holandesas “, que as compoñen toda a ” Malasia ” , salvo das ” Flilipinas ” e do norte de ” Borneo “. É un imperio rico, que por sí só pode dar vida a pequena ” Holanda “.

Istas   ” Indias Holandesas ”  compoñenas  as  illas de  ” Sumatra “,  ” Java “,  ” Borneo “,  ” C´elebes “,  ” Molukken “, e outras máis, que adecontan o sur de ” Asia ” como se foran unha prolonga da ” Península de Malasia “.

O clima d’istas illas é ecuatorial nas ribeiras e temperado no interior. As illas máis grandes son as de ” Sumatra ” e ” Borneo “; mais a de maior importancia é ” Java “, que ten poboación maior a de ” España ” e chan moi vizoso e rico: a actividade volcánica n’ista illa é moi grande.

” Java ” atópase afastada de ” Sumatra ” polo estreito de ” Sonda “. Todas elas son illas volcánicas. Tendo cráteres que mostra con periocidade a súa actividade, ainda que os escachos n’elas non tiveron endexamáis a magnitude dos que produxo en 1883 o volcán ” Krakatoa ” na veciña illa d’iste nome.

” Java ” é unha illa fastosa: é unha espece de edén ónde a vida desenrrolase doado e amábel, grazas a o favorábel do seu clima e a vizosidade da súa terra.

É curioso eiquí, o traxe enxebre dos poboadores de ” Java “: levan unha especie de saia de teas de cores moi vivos, suxeita a cós por unha ancha faixa; o peito o levan espido e, sobor a testa, un gran chapeu malaio, como un enorme prato de medio metro de diámetro, xa arredondado, xa algo alongado en xeito de cono.

Nas rúas vense numereiros carros xugados por miúdos animais, e pesado támen, arrastrados por bufalos.

A capital de ” Java ” é  ” Batavia ”  cidade de comercio de moita importacia, que érguese na cara norte da illa.

” Borneo ” é unha illa ínfida, mais pouco poboada. Foi descoberta pola expedición de ” Magallanes “, o dar por primeira vez a volta o mundo.

Atópanse en ” Borneo ” poboaciones de tribos moi salvaxes, os cales, pola súa ferocidade, mereceron o calificativo de ” Cortadores de Cabezas “.

Parte de ” Borneo ” pertence a ” Inglaterra “, a outra parte é de ” Holanda ” e outra zona da illa da xeito a un pequeno estado independente.

En outras illas, sobre todo nas menos exploradas, vive poboación, algo parca xa, e os        ” Papúas “, os cales poboan tamén outras illas máis orientais de ” Oceanía ” .

O grado de civilización d’istas illas é moi feble e algunhas practican ainda o canibalismo.

As ” Indias Holandesas ” son a maior fonte de prosperidade dos  ” Países Bajos “: Antigamente se cultivaban só n’elas as especies: mais agora tamén extensas plantacións de arroz, en semellante escala, que figuran como uns dos países máis produtores do globo. Tamén cultivase a caña de sucre, o caucho, e a quina.

Máis o este das illas de ” Nueva Guinea “, a maior do mundo logo de ” Australia “: o seu interior é pouco coñecido e explorado. e na súa direción máis o este ainda, en plea fastosidade do  ” Pacífico “, atópase a illa francesa de  ” Nueva Caledonia “. Polas súas condicións de clima que se dan n’ela moi ben o cuacho. Os poboadores viven moitos en estado semisalvaxe, pertencen a casta dos ” Canacues ” e viven en casoupas con teitos altisimos en xeito de cono e feitas de palla ou de follas de caña. A capital d’ista illa é a pequena cidade de ” Noumea “.

O pai Eliberto, o facerme istas deseripcións, mostrame as illas nun gran mapa de ” Oceanía ” da parede do gran salón do veleiro. Eu fixome que non me falou de dúas grandes illas que se atopan o sur do ” Pacífico “, que dan xeito a colonia inglesa de ” Nueva Zelanda ” .

-¿ Estivo vostede ahí ?.- Inquirolle.

– Tamén estiven ahí meu amigo.- dime – e por certo que n’elas vin o maxestuoso espetaculo do seus numereiros géyseres, que son cichóns intermitentes que botan do chan altos piáres de auga en vaos: o miramento d’istes belos documentos da actividade da terra constitúe un espetáculo inesquecíbel. Por istos géyseres admirábels, foi chamada a rexión na que se atopan ” Tierra de las Maravillas “.

Os indixenas que poboan as illas de ” Nueva Zelanda ” son de casta ” Mahorí “, fermosa casta ” Polinesia ” moi intelixente. Hachanse, tamén, ata formar a maior parte da poboación numereiras familias anglo-saxónas,

A cidade máis poboada é ” Auckland “: mais ista no é a capital, que os ingleses fixaron na cidade de ” Welington “.

– Oia pai – consintome ainda en inquirirle.-¿ E as prántas e animáis que viven no archipélago malaio, ou seña nas ” Indias Holandesas “?.

– Os ahi moi curiosos, como tamén n’istas illas da ” Polinesia “. Ademáis de altos cocoteiros, que medran por milleiros, atópase a chamada árbore  do pan, do cal sacase o sagú; a palmeira do viaxeiro, que ten xeito de abano e cuxo toro sae unha especie de auga leitosa cando se lle crava unha caña, que utilizase espita. E entre os animáis, o máis xeitoso é o ” Orangután ” de ” Borneo ” e de ” Sumatra “, mono que chega a acadar case a altura dun home e que ten uns anchos e fortes brazos con os cales pode afogar con moita facilidade a súas vítimas. Cando está enrrabeado, é un animal tremible.

 

SUMATRA · Raveena – I Won’t Mind (Sumatra Remix)

A América Central

Agora que fitan máis compretos os meus apuntes de viaxe, Pai vai improvisar algunhas páxinas d’este caderno contandome algo de ” América Central “, que él coñece un pouco por facer unha viaxe por aquelas terras hai algúns anos, e cuxo recordo chegoulle a súa morriña agora nas súas conversas con compañeiros de viaxe.


A ” América Central”  é a parte deprimida e en zig-zag que comprende dende o sur de ” Méjico ” ate a parte algo máis ensanchada onde se ergue a cadea de ” Los Andes “, cordal que segue ate o extremo sur de América. É Rexión na que son moi correntes os tremores, e mostrase máis deprimida n’algúns emclaves orixinando os istmos, polos cales poderían abrirse novas canles entre os mares Átlantico e Pacífico, a semellanza do que se fixo en Panamá. Istos istmos, son chamados de ” Telmantepee “, de ” Guatemala “,  de ” Nicaragua “, de  ” Panamá ” ( hoxe canle) e de ” Darién “.

Atópase n’esta zona unha cadea de montes que só queda interrompida na rexión de Panamá. O longo da ribeira do Pacífico, existen uns 60 volcáns amortuxados e uns 30 en actividadde, ergéndose  todos xunto o mar, como os chamados de ” Fuego “, de ” Agua ” e o ” Cosigüina “, iste derradeiro afamado porque na súa erupción de 1835 causou enormes estragos. Ista ribeira do Pacífico mostrase moi fragosa e bravía, formando mumreiras badías.

A ribeira do Átlantico é baixa, con lagoas e con baixíos de corais, os que constituyen verdadeiros escollos para navegación costeira.

A parte baixa do país desfruta un clima tropical moi húmido: Isto quere decir que e d’abondo insán; por ista causa a poboación procura maiores comunidades habitando n’as chairas .

Todo o territorio da América Central foi conquistado polos españois o mesmo tempo que ” Méjico “; e todo iste territorio formouse n’unha só dominio radicando a capitalidade na cidade de Guatemala.

A colonia británica de Honduras foi afastada d’este territorio español e a partires de 1810 foron facéndose independentes as pequenas repúblicas habendo froitos infértis as xestións feitas repetidas veces para constituir, con todas ou con a maioría d’elas, unha confederación ou unión.

” Guatemala ” é a rexión máis poboada d’estas pequenas repúbricas, mais non a máis extensa, que é ” Nicaragua “, ” Honduras “, algo maior que ” Guatemala ” ten moita menos poboación  que aquela.

” El Salvador ” é, todas a que ten a poboación máis testa. En todas elas ista é moi heteroxénea; hay indixenas, europeos e tamén mestizos e mulatos.

druben48 · Ojos de Brujo(Ventilaor r80) – ruben drum cover