Horizonte a 11500 m.

Horizonte a 11500 m. by Marco Aº Garcia on 500px.com

 

 

Unha viaxe, en aeroplano, recordame o pequeno que son en comparación co resto, xa non do universo ni da galaxia, do propio planeta, e xa dende esta altitude, vese moi fermosa, parece incrible que esta delgada capa do noso planeta chamada atmósfera esteña a sufrir moito por mor do descaro dos feitos do home.

É neste intre no que reflexionas sobre moitas situacións que se estan a dar neste mesmo intre polo arredor de todo o globo, en pro ou en contra da mesma atmósfera, que dependendo do lugar dende o que a mires parece unha ou outra cousa, a maiores ou a menores ela e a súa saúde sempre dependerá das condición da propia vida, que se desenrole no seu entorno, así coma as condicións do propio planeta.

Xa señas terraplanista ou non, tes que concienciarte de que eiquí enbaixo, tes a obriga e mailo dereito de protexer o entorno no que vivas, e por conseguinte tamén a propia atmósfera, de xeito direto ou indireto. Por activa ou por pasiva, ves a este mundo cos mesmos dereitos ecolóxicos, que ten, un gamo, ou unha cabra, e se cadra tamén calquera clase de simio.

Horizonte a 11500 m. by Marco Aº Garcia on 500px.com