Uns termos sobor de Kerenski

Quizáis é conveninte falar eiquí algúns termos sobor da personalidade de ” Kerenski “, por mor de esclarexar certos aspeitos da miña proposta.

Coñecía eu a ” Kerenski ” dende que retornei da deportación. Tiven con él, xa no terreo da actividade pública e profesional, xa na dos contactos persoáis, relacións sen fin e amáis moi estreitas. Escoiteille falar decenas de veces: en calidade de falante na ” Duma “, de ponente político, de interlocutor privado. Nas datas da miña situación ilegal, pasei a miudo a noite na súa casa. Máis d’unha vez, logo que él fixo a miña cama no seu gabinete, poñerámonos en longas conversas ata a media noite. Máis d’unha vez, veu a miña casa, expledindo alí coma un furacán segundo a súa costume, e logo de sortear a unha parella dos seus inevitábels vixilantes, na miña porta, o cal obrigoume a redobrar logo os coidados.

Aquelas conversas comezaban sempre por unha ollada ó horizonte, con as narracións do diputado sumerxido no caldeiro das novas, no centro da actividade pública d’abondo xélida n’aquelas datas. Mais aquelas narracións trocaban axiña e con toda regularidade en controversias, do máis acerdas e bravas, o cal non incidían endexamáis, nembargantes, nas nosas relacións persoáis. Non estabamos de acordo en ren, coidábamos cada problema político dende puntos de ollada opostos e, en poucos termos, pertencíamos a dous universos políticos dispares.

A historia colocou un custoso frete sobor dos seus fébles ombros. ” Kerenski tiene unas manos de oro “, acostumaba eu a dicer, referíndome con elo a súa enerxía, a unha capacidade de traballo abraiante, e unha natureza inacabábel. Mais él non posuía, nin unha testa de estadista nin unha verdadeira educación política. Sen istas cualidades necesarias, o ” Kerenski ” insustituíbel dos días de febreiro non podrera esquivar a falla. Con o seu desvanecemento total da escea política, logo de outubro, perdéramos ¡ ay ! unha grande parte do que seducíramos en base da revolución de marzo.

Agora que se atopa morto politicamente, e sen esperanza de rexurdir, porque perdiu a súa autoridade en tódolos ámbitos, é moi sinxelo engadir unha pedra á súa tumba e darse os parabéns de xulgalo dende facía moito tempo; mais a mín non me tentan lauréis d’ise xénero. Opoñente convencido de ” Kerenski ” dende o día do noso primeiro encontro, reprobei con bravura a súa política no transcorrer da súa etapa no poder. Meu xuizo non trocou endexamáis, pola contra a de moitos que non votaron moito tempo en enfastiar logo da súa baixada. Por iso teño dereito a subraiar a súas cualidades e a facerlle xustiza.

Fronte o bolchevismo trunfante que lle inxuran, a pesares do súa indiscutíbel liga con as forzas da reacción burguesa na contra da democracia, a pesares de todo o que él fixo por sufocar a revolución e levarla a ” Brest-Litovsk “, afinco que fora un demócrata verdadeiro, combatindo polo trunfo d’una revolución do xeito que él a concibía. Non tiña a forza necesaria para refacer as súas bóas intencións, mais atopábase convincido de ser un bó socialista. A situación do voceiro, o máis brilante e máis popular da cuarta ” Duma “, seu papel na revolución no intre de ser zanxado o zarismo, non contrapesaron a súa obxectividade con fallas, súa incapacidade para xulgar os acontecementos acertadamente e a súa inxénua estimación por moito das súas forzas. Enérxico coma un home de ” Turquestán “, a grandeza dos acontecementos e o lugar que tiña n’eles embriagaron. A súa afección a o solemne e o teatral, fixo o resto, cando él presidiu o tribunal revolucionario.

” Kerenski el jactancioso “, chamáballe ” Lenín “. Mais sego estando convincido da súa sinceridade democrática por que si, inxenuamente él non afastaba a súa persoa da revolución, endexamáis colocou isa persoa e seu poder porriba da revolución.

Sinceiro ata nos seus erros, seguro da exactitude das súas olladas e das súas decisións, de bóa fe atrancouse na súa política antidemocrática, soterrando con él a propia revolución.

A derradeira carta

25-26 de Febreiro

O sabado 25 de febreiro, ” San Petersburgo ” atopábase dende pola mañán afundido n’unha atmósfera d’uns acontecementos prodixiosos. Mesmo alí onde non se viran concentracións da multitude, as rúas mostraban o espectáculo d’unha ebulición arcaica. Tódala poboación civil sintíase perto do aparello militar e policíaco; viandantes que non se coñecían abarloábanse, e inquirianse. Atopábase algo máis que en ” Moscú ” en 1905; o vano entre dous campos – a poboación e as autoridades – non semellaba infranqueábel; tíñase a impronta d’unha certa ósmose que medraba o algarabío. Arrincaban dos vanos as proclamas de ” Khabalov “; os axentes da policía aillados esvanecéronse con brusquedade dos seu postos.

As fábricas e os trolebuses atopábanse detidos. Non lembro se os xornáis saíron aquel día, mais, de tódolos xeitos, os sucesos superaban por moito todo o que a prensa tachaba de entón puidérase facer coñecer a poboación.

Pola mañán, decontando a miña costume, fun cara a miña ” Delegación del Turquestán “, no remate da ” Perspectiva Kamenno-Ostrovski “; mais tiñame que ocupar d’outra cousa que do rego no agro. Chamei primeiro polo teléfono a ” A.V. Petrekhonov “, convidándolle a que viñese as tres á rúa ” Sergiefskaia “, o fogar de ” N.D. Sokolof “. A eso das dúas, logo de que convidara tamén a un representante d’unha das organizacións de esquerda, fun a rúa ” Sergiefskaia “, o piso coñecido por todo o ” Pertersburgo ” radical e democrático, e así mesmo pola policía. No transcorrer do camiño, detívenme na redacción de ” Lietopis “. Ninguén traballada alí, todo o mundo atopábase pendente dos acontecementos. Mostráronme cales foron as bisbarras da cidade cercadas pola policía e as tropas, e de que xeito podera eu chegar con máis facilidade ata a plaza de ” Tauride “. En verdade, as bisbarras atopábanse cercadas sen negunha estratexia; comezando a convencer a incapacidade dos ” Khabalov ” e dos ” Trepov “, a os derrotistas máis manifestos.

Agardábame un desengano na casa de ” Sokolov “. A xuntanza non tiña ren de simbóliza no concerninte a os fatos organizados, e nin se quera reflexaba as correntes democráticas. Tratábase sobor de todo de representantes da ” Intelligentsia ” radical ” Populista “. ” Sokolov ” agardaba a chegada de representantes facultados dos bolcheviques, mais ninguén se mostrou. Nembargantes vimos a ” Kerenski ” que viña direitamente da sesión do ” Congreso de los antiguos ” da ” Duma “, e podía informarnos sobor do estado de folgos e dos plans dos fatos políticos dirxentes da burguesía. Atopábame, coma sempre, sobreaxitado. O seu conto, se cardra patético e teatral, esclarexaba en especial o pavor das masas dos diputados burgueses cuios dirixentes tentaban dar un aspeito a revolución, xa fora para xuntarse a ela e encamiñala, ou ben para detela se fora todavía tempo de facelo. Esforzábanse en chegar a un compromiso con o zarismo, en xeito de diferentes combinacións, e, visibelmente, seus manexos movianse no senso d’unha liquidación do movemento popular.

Non ouvindo a ” Kerenski ” nada concerninte a os aspeitos do problema que máis interese tiñan, propúxenme esclarexar as cousas por mín mesmo a través de inquiras direitas e indireitas. Mais meus tentos non obtiveron nengún resolto, e tan só unha interpretación torta de que a ” Kerenski ” e n’algúns d’outros dos presentes, meu xeito de plantexar a problemática do futuro governo pereceulles futíl, inconfortábel e inclusive ireal. Batín contra d’aquel mesmo estado de ansas a véspera nos representantes dos fatos de esquerda os ” Zimmerwaldianos “, e que volvera eu de atopar logo a constitución do primeiro governo revolucionario.

” Kerenski ” adoitou a tonalidade controvertida que lle fora corrente cando tiña unha conversa comigo, e de seguido enfureceuse. Polo cal, vendo a falla de interese que mostraba aquela conversa, preferín calar.

Decontaban chegando xentes a casa de “Sokolov “, traendo todos novas referentes a amplitude se precedentes do movemento nas rúas. As bisbarras do centro mostraban o aspeito d’un mítin decontado. A poboación semellaba certamente chamada cara a praza ” Znamenskaia “; alí, a o pé do monumento de ” Alejandro III “, os falantes dos partidos de esquerda acontecíanse sen parada, e con toda liberdade. A consigna foi ” ¡Abajo la guerra! “, aquela guerra que mostrábase como a orixe de tódolos males e, en particular, do desorde do abasteccemento. Todas aquelas novas poñían en releve a dispersión crecente da policía e das tropas. Numereiros detacamentos da policía e de cosacos patrullaban pola cidade, abríndose camiño con lentitude a través da multitude. Mais non comezaban nengunha acción sobor d’ela, o cal recompoñía de xeito extraordinario a moral dos manifestantes. Dábanse por ledos con arrincarse as banderolas vermellas alí onde isto non orixinaba un perigo de motín. A o pouco tempo soubemos que un comisario de policía a cabalo, a o fronte dos seus homes, arroxouse sobor d’un falante ou un abandeirado, e entón, un cosaco chimpouse cara él e cerceóulle a mán dun sabrazo.

A nosa xuntanza rematou o fin en conversas privadas e sen nengúnha orde. Lembro en especial que ” Sokolov ” dirixiume un discurso cuxa importancia só máis a tardía puiden estimar: coma representante do partido nacionalista, sinalou o perigo das consignas antimilitaristas a oredor as cales desenrrolábase o movemento. Fixo sobresair que o rompemento fora inevitábel n’aquel aspeito no seno do partido democrático mesmo, e inclusive no seno do proletariado. N’aquel intre, non outorgaba eu, importancia de máis a aquel prerrogamento. A maís, o xeito da revolución, a piques de estoupar, non se achaba moi claro; ninguén podía previr o papel que ía a representar n’elo o exército, composto de oficiáis por unha banda e de labregos por outra. Agora ben, a teima entre ós cadros revolucionarios e proletarios do exército chegou a ser de axiña un factor de moitísmia inportancia que habera que ter en conta para a direccíon da política militar. Mais a miña atención atopábase astraida de máis pola posición dos medios da burguesía adiñeirada.

Seña coma fose, estabamos pleamente de acordo nas nosas conclusións práticas. Como eu fora un home que houbera, con máis claridade que outros, tomando posición na contra da guerra, e un escritor con un forte renome de pesimista, ” Sokolov ” tentou disuadirme para que intervira decontado e con a maior enerxía posíbel na contra da publicidade das consignas antimilitaristas. Dixo que nos meus beizos os argumentos non terían un son contrarevolucionario e convencerían mellor a os xefes do movemento. Porque, se a revolución atopábase dirixida, sobor de todo, contra a guerra, ficaría acurtada axiña a pouco por unhas desavinzas internas.

A pesares de semellante razoamento e atopándose por completo en concordancia con as súas conclusións, xurei todo o meu apoio a os ” Defensistas ” e a os fatos radicáis contra os comezos internacionalistas, meus propios comezos.

Mais sintíame compretamente aillado dos centros da revolución e incapaz por completo de actuar. Debera lembrar que dende 1906-1907 eu non me atopaba inscrito en negún partido. A miña situación do ” Salvaxe ” rexeitaba a posibilidade d’un taballo práctico, e a maiores abundamentos, d’unha dirección, no socialismo práctico. Eu fora, basicamente, un literato. Nembargantes, amiña actividade literaria atopábase vencellada estreitamente o movemento, e, no transcorrer da guerra, meus traballos aquiriron certa popularidade nas amplas capas dos militares socialistas que os usaban. O mesmo tempo, atopábame eu en comunicación, polas miñas relacións persoáis e profesionáis con varios partidos e organizacións socialistas de ” San Petersburgo “.

Descreber a miña situación xusta entre os partidos e razoar os seus orixes estaba falto de interese. Direi sinxelamente que, dende o espazo do ” Sevremennik ” do que houbera eu acadado indiscutibelmente facer un centro literarío interpatidos que xuntaba persoalidades de tódalas correntes do socialismo, eu mantiña relacións dabondo estreitas con medios socialistas moi dispares. Os centros coñecíanme dende moi preto e usaronme en variass ocasións para varios casos. Máis en especial, eu tiña relacións estreitas con a migración literaria socialista de tódolas tinturas. Logo da guerra, chamábanme a esgallo para que fora partícipe en moitas empresas literarias de dubidosa legalidade e de correntes internacionalistas. Ista situación axudaba no concerninte a contactos persoáis e certa movilidade a medio camiño entre os puntos de maior importancia, mais priveime das vantaxes d’un home de partido e d’un dirixente, posto que eu decontaba sendo para todo o mundo un independente ou un extrano.

N’aquelas datas, case negún partido tiña verdadeiros xefes. Os que tiveran unha auténtica autoridade foran deportados encarcerados ou migraban. Non ficaban máis que homes de segunda rea, bós organizadores mais que tan só coñecían a rotina do traballo corrente nos tempos da autocracia. Non se pudía agardar d’eles a amplitude de visión política necesaria pola nova coxuntura, nin unha verdadeira dirección política do movemento. Diante de semellantes ” Dirigentes ” eu sintíame sobradamente cualificado, ainda que aillado e impedido para incidir d’un xeito calquera sobor dos acontecementos.

En casa de ” Sokolov “, os asistentes comezaban a espallarse. ” Kerenski ” ergueuse embravado dicindo que ía a ” Duma ” onde os diputados apertuxábanse dende a mañán ata a noite. Convidoume, e tamén a ” Zenzinov ” a que fósemos a unha hora logo a súa casa para dar conta das derradeiras novas. No camiño, lembrámonos de ” Moscú ” en 1905; víamos de novo as esceas do alzamento de decembro no cal fumos parte os dous; mais as bisbarras que atravesábamos para chegar a ” Duma ” atopábanse quedas e desertas. Non deixa de ter interese de subraiar iste feito: o pobo non se sintía chamado pola ” Duma “, non tiña interese por ela nin adoitaba facer d’aquel sitio un centro de movemento, nin política nin tecnicamente. Máis adiante, os nosos políticos burgueses esforzáronse por tódolos medios en mostrar todo o contrario, mais en todas as súas alegacións non habera un apoxeo de verdade.

Non atopamos a ” Kerenski ” na súa casa. Seus dous filliños saíron a acollernos a o ástrago para dicirnos que ” papá había telefoneado desde la Duma para decir que acababa de estallar un tiroteo en la Perspectiva Nevski, produciendo muchas víctimas “. A cónxuxe de ” Kerenski “, ” Olga Lvofna “, que traballaba en non sei que servizo público atópado no medio da ” Perspectiva Nevski “, chegou entón. Dende as fiestras do seu gabinete, remataba de ver un fastoso cortexo que dirixíase con banderolas cara a praza ” Znamenskaia “; abriron fogo contra d’aquel cortexo, houbo unha pelexa, mais non puido ela discener, ahí pola tardiña, quen disparou nin se habera moitas vítimas.

Achegábase o desenrrolo. A negativa de todo toque para conter os desordes por ata imposíbel para as autoridades. Aquelo supoñía a aceitación do feito consumado e a birta da orde aveciñada. Sen tardanza nin unha hora máis, as autoridades tiñan que atopar e poñer en activo unha forza policial ou militar; fora un intre concluínte do zarismo secular. Cal fora a unidade que disparou contra os manifestantes na ” Perspectiva Nevski “, non o sei ainda, mais o certo fora que as autoridades decidíronse a tomar o ataque. Os acontecementos collían unha nova fase.

Se as autoridades houbesen contado con as suficentes forzas para aquela ofensiva, se houberan acadado afastar a unha poboación inerme e forzado as xentes a tornar a súas casas, ainda que tan só fora temporalmente, o movemento poidera ser rematado coma o foron decenas de veces con anterioridade semellantes desordes. A importancia fora escangallar d’un broucazo a moralidadde das masas e previr o mesmo tempo a disolución no seno das unidades militáis. Unha tentativa arriscada, desesperada, se cadra a derradeira, debera facerse sen tardanza. Agardouse moito e, cando se levou ó fin, foi en verdade a derradeira.

Cando saín da casa de ” Kerenski ” con ” Zenzinov “, fora case de noite. Quixera eu tornar a miña casa. Non se escoitaba nengún tiro. Preto da ” Perspectiva Liteini ” onde nos afastamos, atopei pequenos fatos de obreiros que recuncaron as azueiras sobor do comezo do ataque: tropezos sanguinelentos, ainda que de pouca amplitude comezábanse eiquí e acolá na bisbarra obreira. Algunhas grandes fábricas foron tomadas e outra atopábanse circadas polas tropas. N’algúns postos houbo oposición; d’iste xeito, pola banda de ” Vyberg “, erguíanse moreas de autocarros de trolebuses e os paus da telegrafía.

Atravesando o ” Neva “, deserto e xeado, pasei por casa de ” Gorki “, na ” Perspectiva Kronvergski “. Atopei alí un fato pequeno de xentes e, en especial, a os outros membros da redacción do ” Lietopis “, ” Bazarov ” e ” Tikhonov “, con quenes enfronteime embravacido por mor dos acontecementos. Eles tamén, con interese sobor de todo polo transcorrer dos acontecementos, negábanse a ter en conta o problema da organización d’un poder revolucionario e chufáronse das miñas ” Visiones ingenuas “.

Novos visitantes chegaban sen fin a casa de ” Gorki “, en procura de consello ou para contar as súas impresións. ” Gorki ” tiña, naturalmente, relacións en tódolos medios de ” San Petersburgo “. Comezáronse conversas e non notamos moito tempo en opoñernos a os que se sostiñan irredutíbels das correntes da esquerda internacionalista que foran ata entón as nosas. Algúns dirixentes dos bolcheviques uníronse a nós. A súa incapacidade para afondar a problemática política, e mesmo , para concibir, produxo en nós unha impresión de desfeita. Nembargantes, os nosos argumentos puideron incidir sobor d’aqueles homes chegados direitamente dos pallizos obreiros e de comités de partido. Porque aqueles homes ocupábanse da ténica do movemento, esforzábanse en aburar o batazo concluínte con o zarismo, argallaban a prensa e a publicidade clandestina.

” Gorki ” tomaba banda activa nas conversas. O seu apartamento comezaba a ser un centro natural de información, unha especie de crisol. Resoltos a xuntarnos alí a o día seguinte a o almorzo. Despedinme de ” Gorki ” para tornar a miña casa, ilegalmente coma de costume. Nas rúas atopábase todo en tranquilidade; eu sentín miña impotencia mais tamén a morriña d’unha acción verdadeira e direita.

Ó día seguinte, domingo 6 de febreiro, sobor dos vanos atopábanse as novas proclamas do xeneral ” Khabalov “; tamén víanse nas beirarrúas algunhas, arrincadas e feitas anacos. Recoñecendo abertamente a súa incapacidade e a falla das súas advertencias antergas. ameazaba él ainda con ” Adoptar medidas enérgicas “, con apelo as armas para conter os ” Desórdenes ” e espallar as ” Concentraciones “. Cumpliu a súa promesa, e aquel día fíxoxse a derradeira e desbocada tenta. Un rexímen secular e feudal estaba en xogo; unha vez xogada a derradeira carta, a noite mostrou que perdera a xogada.

O sitio das bisbarras obreiras decontaba, con maior intensidade. Numereiras unidades de infantería ocopaban as rúas, cercando as pontes, limpando metodicamente as rúas. Chegando á una, o tiroteo fíxose moi bravo na ” Perspetiva Nevski “. A rúa cuberta da morte de inocentes, foi despexada e aquel caso difundiuse con velocidade, amedrentanto a poboación. O movemento rueiro nas bisbarras do centro semellaba zanxado.

Cara as cinco, poidera semellar que o zarismo trunfaba de novo e que o movemento fora machucado. Nerbargantes, o clima da rúas no trancorrer d’aquelas horas decisivas fora por completo d’outro xeito a das veces antergas. Aquela diferenza provía do estado da coraxe e do comportamento das unidades do exército, dos cosacos e porriba de todo da policía atarefada en coxibir o movemento. Obrigaron a alguns d’aqueles homes a disparar na contra da multitude indefensa. Outros, mantíñanse submisamente apretuxados en hileiras arredor d’alguns puntos, e outros, en cabo, patrullaban pola cidade; mais todo isto semellaba facerse por casualidade. As forzas da orde desexaran que as rebatiran e lles deran pé a se render. D’iste xeito, algunhas patrullas foron desarmadas sen opresión, e ainda máis, en cada fato de manifestantes civís, víase o gris d’alguns capotes militares.

Cara as dúas ou as tres, afastámonos de ” Gorki ” para ir a estudar a situación.

Dende a banda de ” San Petersburgo ” desexábamos chegar ata a ” Perstpectiva Nevski “. A multitude ía en aumento, enchendo as prazas, e a praza que lindaba con a ponte ” Trotski “, en xuntanza arredor d’uns fatos axeitados por xentes que viñan da cidade.

Ditas xentes sobreaxitadas contaban como a multitude, que no se atopaba argallada e entón non se manisfestaba, fora fusilada nas rúas do centro; remarcaban o medo, e a confusíon dos soldados que dispararan na desorde a unha grande distancia; falábase d’un gran número de víctimas sen poñerse d’acordo sobor das cifras que abaneaban de unhas decenas a varios milleiros.

Desvelámonos en abrir camiño cara a ponte. Un cordal de granadeiros, enfiados cóbado con cóbado, cercaban a entrada. Mais, ainda que a presenza d’un oficial, os soldados se mantiñan con toda liberdade, falando con a multitude. Sen erro posíbel, a publicidade fora un influxo. Alguns rían, outros escoitaban e calaban. Negábanse a deixar pasar a xente, mais algúns conseguiran meterse con insitencia. Fora inimaxinábel que aquela tropa puidera disparar contra a multitude. Pola contra, semellaba palpábel que houberan depor sinxelamente as súas armas, mais a ninguén se lle ocorrera pedilo.

Tornamos a casa de ” Gorki “. Atopábase telefoneando n’aquel intre a uns representantes do mundo burgués e democrático; díxonos que os sintía en pleo engano e incapaces de actuar. Os fusilamentos marcaron unha forte impronta non só a o pobo se non a os circos políticos onde algunhas voces exixían agora ” Representaciones más enérgicas “. Indubidabelmente, aqueles fusilamentos consegueran facer xirar cara a esquerda a os políticos burgueses.

Namentres, a ” Alta Política ” conxugaba ainda n’aquelas horas coma no pasado; non baixo o sino da revolución e do derrocamento do zarismo se non sobor da base de certas coartacións dos poderes oficiáis. Deron as novas por teléfono que as distintas bisbarras da cidade atopábanse ailladas por uns trás outros e que fora imposíbel chegar ata o centro. Logo, outros, desmintiron a nova. Todos os políticos atopábanse en xuntanza en sesión permanente na ” Duma “, cuxa porta atopábase pechada. En casa de ” Gorki “, desembocaban as xentes e os informes contadicidos. Por pouco que aquelo fose, houbera que se sentir ledo con istes informes e decidirse a ficar alí.

Se pasaba o tempo en inquirise os uns a os outros, en orixinar conclusións sen motivo algún, en debater, desacougar. Nas bisbarras obreiras, os mítines semellaban decontar. Pola banda de ” Vyberg ” – a bisbarra máis combativa ( máis adiante bolchevique ) se daban novas de serias accións contra a policía e as tropas. De cando en cando, escoitábamos tiroteos a o lonxe.

Arredor das oito, ” Gorki ” telefoneou a ” Chaliapine ” para inquirirlle qué se escoitaba dicer no seu eido. ” Chaliapine ” Contou que rematara de telefonearlle ” Leónidas Andreief “, que vivía no ” Campo de Marte “, a veira dos cuatéis do reximento ” Pauloski “. Vera dende as súas fiestras disparar a unha tropa de infantería no transcorrer d’un longo tempo dende o ” Campo de Marte “, contra os cuartéis. Aquela información semellaba certa, sen que se puidera darlle un senso. Telefonei a miña vez e tiven a sorte de atopar a ” Kerenski “, que retornara a súa casa por uns intres. Notificoume axiña o alzamento do reximento ” Pauloski “. A maioría dos seu homes abandoaran os cuarteis e dispararan contra os que se mantiñan n’eles por fidelidade a o ” Zar ” ou por pasividade. Aquel tiroteo fora o que ” Andreiev “, escoitara dende a súa casa.

Os acontecementos axeitaban axiña unha nova corrente. A sublevazón d’un reximento na coxuntura actal semellaba que o zarismo perdera a partida. Mais ” Kerenski ” exaxerou: en verdade, só un pequeno destacamento de policía montada recibera a orde de espallar a multitude, amontoada a o longo da canle ” Catalina “. Dende o petril de enfronte, os axentes de policía abriran fogo. Mais, n’aquel intre pasaba un destacamento do reximento ” Pauloski “. Entón , vendo bater o seu caron as xentes desarmadas, e atopándose eles mesmos no ángulo de tiro, os soldados responderon porriba da canle contra os policías. Cando tornaron o seu cuartel, fora xa en calidade d’alzados, adoitada unha resolución fora de sitio. Convidaron os seu camaradasa xuntarse con eles. Foi n’aquel intre cando comezou o tiroteo entre os sublevados e os soldados que ficaran fiéis.

É imposíbel dar xeito a parte do acto conscente ou ó efecto d’un forte impulso intintivo, da excitación nervosa ou, sinxelamente, un relfexo de autodefensa na actitude dos ” Pauloski “. Mais fora o primeiro exemplo de encontro colectivo público entre as unidades armadas, e a importancia obxectiva d’aquela cuestión fora incalculábel.

A vistoria da revolución fora imposíbel sen unha victoria sobor do exécito, sen o paso do exército a o campo do pobo érguido. O reximento de ” Pauloski ” abriu unha terríbel fendedura no sistema defensivo do zarismo.

Cheos outra vez de optimismo e ata de entusiasmo, podéramos discorrer sobor dos problemas políticos plantexados e rexeitar de alí en adiante toda idea de linquidar o movemento por mor dun vencellamento con o rexímen empodrecido de ” Rasputín “.

” Kerenski ” limitouse a falarnos que a saúde do ” Bloque progresista ” da ” Duma ” tiraba máis, de tempo en tempo, cara a esquerda.

A iso das once da noite, chamei a ” Duma “, co fin de falar con un diputado calquera de esquerda. Acudiu ” Skobelev ” e deume a nova que o pazo de ” Tauride ” atopábase valeriro. Os diputados espalláronse, fondamente depremidos e esgotados. O espírito combativo medraba e se prevía unha sesión para o seguinte día, por mor d’unha ameaza de disolución da ” Duma ” a través d’un ” Ukase “.

Tornei a miña casa xa tarde aquela noite, espertando o porteiro, entrei pola porta grande. Nas rúas, todo atopábase quedo.

O derrubamento do réximen zarista e a constitución do primeiro governo revolucionario- ( 23 de Febreiro a 2 de Marzal 1917 ).

Do 21 a o 24 de Febreiro de 1917

Expelido de comezo de ” San Petersburgo ” dende o 10 de Maio de 1914, fora eu n’esas datas redactor xefe da revista de esquerdas “Sevremennik”, ( ” El comtemporáneo ” ), que adoitou no percorrer da guerra unha posta internacionalista, con maior disconformidade dos seus cooperantes, ” Defensistas ” mais con gosto dos cooperantes migrados. Súa esmagallante maioría xuntouse o arredor da banda de “Zimmerwald”. Decontei vivindo, pois, a maior parte do tempo na capital ata a revolución cun pasaporte incerto, durmindo ou ben cada noite nun lugar desigual ou ben escorregándome como unha tebra no meu propio apartamento ónde decontaba vivindo a miña familia, mais esquivando o porteiro.

Dende novenbro de 1916 fora eu menbro da redacción e, e case na súa totalidade, o redactor de maior brío da ” Lietopis ” ( ” La Crónica ” ), mantendo ista revista do “Máximo Gorki” baixo a espada de Damocles da correción xudicial. Miña situación ilegal no me poñía cangalladas, nenbargantes, traballar en calidade de economista, con o meu verdadeiro nome, n’un dos organismos atarefados da rega do ” Turquestán “, agregado o ministerio do Agro.

Semellantes era, a miña situación oficial, meus títulos as miñas funcións, no intre da revolución de 1917.

O martes, 21 de febreiro, atopábame eu sentado no meu despacho da “Oficina del Turquestán”. Trás o caneiro, dúas rapazas mecanógrafas leriaban dos atrancos do abastecemento, das peripecias que se impulsaban diante das tendas, da axitación das mulleres, da tentativa de pillaxe de non sei que almacén: Fíxate – dixo con brusquedade unha d’aquelas xoves. – ó meu xuizo é o comezo da revolución.

Aquelas rapazas non coñecían o que é unha revolución, e non as creín. n’aquelas datas, levado sobor das miñas canles de rega e os meus tanques de auga, sobor dos meus artigos e meus foietos, sobor dos manuscritos e as galeradas de ” Lietopis “, pensei e soñei con aquela revolución que se nos viña enrriba.

Namentres o desacougo do zarismo, a atención da opinión pública e das agrupacións políticas de ” San Petersburgo ” focalizábanse por antes sobor da ” Duma “, emprazada para o 14 de febreiro. As partes máis módicas da esquerda socialista plantexaron para isa data una mostra rueira dos obreiros con as ordes: ” ¡ Pan ! ! e ” ¡ Abaixo a autocracia ! “. Os fundamentos de maior lindaxe, entre os que me atopaba, negaronse, pola contra, en diversas reunións política, a xuntar o movemento obreiro con a ” Duma “. De certo, que os medios parlamentarios burgueses mostráronse en capacidade, non só que non puideran estar con o proletariado, ainda que non fose máis que para acolloar a ” Rasputín “, se non tamén que tiñan medo como a o lume unha tentativa para facer uso das forzas do proletariado na loita por un rexímen constitucional, e para a guerra ata a victoria total.

Seu medo atopábase perfectamente axeitado. Podíase certamente, afoutar e lembrar ” El Espíritu ” mais non foi imposíbel obter seus servizos. D’iste xeito logo, o ” Bloque Progresista ” da ” Duma “, que representaba as posicións de toda a nosa burguesía abastacida, non avaliaba conveninte máis que erguerse en armas contra o movemento proletario.

Pouco tempo con anterioridade, ” Miliukov ” manifestou que atopábase disposto mesmo a súa ” Victoria total “, ata os ” Dardanelos “, ata a os servizos a lles emprestar a os valentes aliados, sí todo aquelo non puidera acadar máis que a o rezo d’unha revolución. E agora por mor dunhas azueiras referintes a eventuáis manifestacións rueiras, remataba de publicar o seu chamamento a os obreiros, no cal confesaba que todo feito pola súa banda contra do seu governo namentres durase a guerra non poidera ser máis que unha suscitación da ” Okhrana “.

Polo resto, os políticos de ” San Petersburgo ” reclamaban n’aquel intre a composta do abastecemento da capital polo concello. Foi a nova consigna dos liberais e das xuntanzas democráticas.

Nin un só partido adecentábase para a gran conmoción. Todo o mundo reflexionaba, soñaba, barruntaba, emocionábase… . ¿ A revolución ?, ¡ Fora en demasía incríbel !. Toddo o mundo discorría que aquelo non fora unha verdade, se non só un soño. O soño dos longos anos complexos, as esperanzadas de moitas xeracións. Ainda que, sen crer n’elo, eu repetía de xeito metódico as parolas da rapaza mecanógrafa: ” Si esto es el comienzo de la revolución “.

Nos vindeiros días, 22 e 23 de frebreiro, o movemento rueiro sobresaiu con moita claridade o marco acostumado dos mítines de fábricas e descubriu a frouxidade das autoridades. Resultou palpábel que istas no se atopaban en condicións de sufocar o alzamento en xerme, Nembargantes o aparello disposto dende facía decenas de anos. E a cidade encheuse de barullo e de desordes.

Algaradas semellantes ocorreran xa con asiduidade, máis o que cachaba a primeiras, foi xustamente a indeterminación das autoridades. Sen dúbida, no se tratou ainda máis que de desordes e non de revolución. Nengún partido adoitaba pensar n’aquel intre en encararse cara semellante saída; esforzábanse sinxelamente en facer uso do movemento con fins de reclamo.

O venres, 24 de frebreiro, o movemento agrandábase xa como unha ondada por ” San Petersburgo “. A ” Perspectiva Nevski ” e varias prazas do centro atopábanse inzadas pola multitude. Nas rúas principáis argallábanse mítines voantes que a policía e os cosacos espallaban sen enerxía. O xeneral ” Khabalov “, governador militar, fixo público un bando no cal recoñecía xa, contidamente, a incapacidade da autoridadde: manifestou que, como as notificacións preventivas non facían influxo, a represión fariase na vindeira con o máximo de enerxía. Como foi de agardar, aquel chamamento non obtivo resposta. Para todo observador fero, foi manifesto que se atopaban diante d’unha situación nova, dispar das desordes d’outro tempo. Aquel venres, din por certo, como un feito consumado, que estabámos diante d’unha revolución; nembargantes tildaronme de optimista e contestaronme engruñándose de ombros.

Perspectiva Nevski
Perspectiva Nevski

Coidando que os feitos vistos foran de moi xusta elocuencia, estudei o enrredo político. Foi moi limpo. Habíase que orientar cara unha subersión extremada. Mais, ¿ que xeito e que programa fora veraz darlle ?. ¿ Quén poidera recoller a herdanza da autocracia zarista ?.

Aquela brava problemática non se me asemellou entón que mostrara grandes atrancos. Logo afondei n’él moito máis e dubidei da saída que enton tivo. No percorrer do espazo da desorde e do afogamento da revolución pola política de ” Kerenski-Terestchenco-Tsereli “, en agosto-setembro de 1917, e logo do golpe de estado bolchevique, tiven de máis a impresión de que o remedio, no transcurrir d’aquelas xornadas de febreiro, poidera, e debera, ser diferente. Mais n’aquelas datas, creín arranxar aquel problema de ” Alta Política ” case sen dúbidas.

O poder que empraze a o zarismo, debera ser de razonamento burgués, pensei. ” Trepov ” e ” Rasputín ” non deberan nin poideran ser emprazados máis que por dirixentes do ” Bloque Progresista ” da ” Duma “. Se nón, o alzamento botarase a perder e a revolución rematará.

Meu razoamento baséase sobor do total dispersión das forzas democráticas baixo a autocracia; non dispuñan n’aquelas datas de nengún organismo forte, político, profesional ou de concello. Falto de cohesión, aillado das outras clases, o proletariado non se atopa en condicións de xerar máis que organizacións de combatentes. Foi unha baza na loita de clases, mais non unha forza capaz de exercer o poder estatal.

Agora ben, no caso de que aquelas forzas democráticas tentasen facerse donos do poder. Terían que sobrepoñerse as trabas por decilo d’iste xeito insuperábels: as normas de governo en condicións de guerra e de disgregación rebasan as súas posibilidades; o derrubamento do aparello económico e lexislativo recolleron xa amplas proporcións; a industra, os transportes, o abastecemento foron organismos inserbíbels. A capital tiña fame. Se o novo poder non lle foi posíbel poñer outra vez en funcionamento toda a cacharrada do ” Estado ” e facela arrincar a toda velocidade, a revolución non podería manterse.

Agora ben, o aparello administrativo burgués atopábase moi presente. O exército de funcionarios, os organismos urbás e rurais axudados por tódalas forzas democráticas, puideran cumprir a ” Miliukov “. Non existía nin podera existir negún outro aparello.

O outro aspeito da problemática é político. Implantar un poder democrático excluindo o ” Bloque Progresista “, non sinalaba tan só deixar de usar n’unha posición grave un aparello estatal aveciñado, se non que supoñía tamén a coalición de toda a ” Rusia ” dona na contra da democracia e a revolución. Tódolos burgueses puideran, n’iste caso, botar o conxunto das súas forzas no partido do zarismo e constituir con iste unha fronte incomparábel contra a revolución. En semellantes condicións, o investimento do poder polos socialistas levaría a unha pronta falla. O primeiro poder revolucionario, dicíame eu en febreiro, non pode ser maís que burgués.

D’iste xeito supúxose que o primeiro estrondo da treboáda revolucionaria detívenme diante da imposibilidade práctica de erixir un poder soamente democrático que, nembargantes, supoñía ¡ A liquidación inmediata da guerra !. Porque, limpo é, eu xulgaba imposíbel que un poder decmocrático decontara a guerra e unha vitoria da revolución pareceume concluínte. Mais xuntar a tódolos outros atrancos n’un troco bravo e radical da política extranxeira pareceume inconcebíbel. A máis d’unha política de paz houberanse amecido, n’iste caso, unhas problemáticas inxentes leadas a desmobilización, a transformación das industras, e por conseguinte, o perche en masa das fábricas, a o paro en grande medida e a desfeita da economía nacional.

Semelloume, pois, indispensábel que a burguesía asumira as problemáticas da pólitica exterior, a termo de crear as mellores condicións para a liquidación da guerra.

O poder debía pertencer a burguesía. Mais, ¿ Quixera ela, sabería adonarse d’él ?. ¿ Ía a aturar o poder de máns da revolución ?. ¿ Ou ben, prefiriría disociar a súa causa da mán da revolución principada e machucar aquél movemento uníndose a trullada do Zar ?. Ou se non, ¿ resolvería extenguer o movemento con a súa neutralidade, desleixándose a él mesmo, rendéndose a unhas intuicións básicas que lle trocarían en anarquía ?.

Por outra banda, ¿ Cal sería a atitude dos partidos socialistas, a os que lles pertence acadar o control do movemento e orientalo ?. ¿ Tódolos fatos socialitas ían a poñerse dacordo no referente a opción de poder, ou ben algúns quixerana facer uso das intuicións desencadeados para unhas tentativas sen senso tendendo a o establecemento da dictadura do proletariado, a o reparto instantáneo dos despoxos dun animal que vivía ainda ?.

Manifestadas istas inquiras, tiña eu que ir máis lonxe. Se a saída xusta do problema podera perigrar por ámbalas dúas bandas, ¿ seríame posíbel coadxuvar activamente no xogo das forzas políticas, ainda que só fose para procurar un compromiso ?.

En semellantes condicións , o 24 de febreiro, o medrar o movemento nas rúas e convirtirse n’un feito consumado a revolución, só seu froito decontaba sendo incerto, e eu, escoitaba escasas novas que acontecían; pois todo o meu coidado atopábase concentrado no que acontecía non centros socialistas por unha banda, e nos medios burgueses, en particular nas faccións da ” Duma “, por outra banda.

Tiña eu amplas relacións nos medios máis diversos da capital, mais por mor da falla d’un xuizo público ceibe n’aquelas datas e, sobor de todo, por mor da miña situación ilegal, foime moi difícil informarme do estado de azo dos diferentes fatos. Sintíame lonxe das retortas nas que, o meu entendemento, aviábase n’aqueles intres os acontecementos . Un senso de aillamento e de incapacidade e unha necesidade de formar parte da revolución para cumprir n’ela o meu traballo, foron os sentementos que me domeaban n’aqueles días.

Foi xusto, diante de todo, previr, poñerse en contacto con os centros de ámbolos dous campos onde poidera eu acadar datos serios de fiúza.

O venres pola noite, telefonei a ó omniscente e úbicuo ” N. D. Sokolov “, advogado de sona en ” San Petersburgo “, un dos principáis arquitetos do primeiro espazo da revolución. Tíñase él xulgado coma bolchevique mais, en verdade, flerteado a os medios radicáis da capital. Ficamos dacordo en xuntar a os expoñentes do diversos fatos ó seguinte día, as tres, na súa casa da rúa ” Sergiefkaya “, para un troco de impresións sobor da situación. Agardaba eu que aquela xuntanza premitírame darme de conta mellor das posicións dos fatos burgueses así coma dos dirixentes demócratas. En calidade de representante da alta esquerda do socialismo, adoitaba eu pensar en intervir se fora necesario, en favor d’un governo revolucionario limpamente burgués, e mesmo exixir un compromiso indispensábel para formación semellante governo.

A natureza e as lindes d’aquel compromiso foron palpábels, boquexados xa polo roteiro dos acontecementos. As manifestacións das masas no trascurrir das xornadas de febreiro foron pouco metódicas; e pouco permitui fincar que estiveran dirixidas. En xeral os grupos socialistas orzados non dirixían os movementos polpuláis nen os encamiñaban cara un obxetivo preciso. Certamente, a nosa anterga orde nacional e convencional: ¡ Abaixo a autocracia!, atopábaas no s beizos de tódolos oradores de rúa, mais aquelo non abondaba coma programa político. Fora unha idea negativa, certamente. En canto o problema do poder, non se plantexaba ni por asomo as masas.

Especialmente a parola ” Asamblea constituyente “, que non representa unha problemática de actualidade se non só un punto de programa común a tódolos patidos socialistas, ficaba, aqueles días, na súa totalidade nos luscos.

Pola contra, outra orde instituíase amplamente no trascorrer das manifestacións rueiras, orde que agochaba un contido sumamente tanxíbel, de contras mois adustas.: ¡ Abaixo a guerra !. O arredor d’ista consigna loáronse tódolos mitíns das xornadas de febreiro.

Resolve con toda perfeción que, xustamente quel xeito de movemento debera fixar a atitude de toda a burguesía pudente con respeito a revolución. Na medida no que os elementos burgueses podían admitir a liquidación do zarismo, só podían facelo vendo n’elo un medio de rematar a guerra con trunfo. O remate do rexímen de ” Rasputín ” foi xulgada pola burguesía coma un medio de reforzo das forzas armadas. N’istas condicións, a burguesía non podía ter ren en xeral c’un movemento que ollaba a idea de ” La guerra hasta el final y hasta la victoria total “. Para chegar a un poder burgués, foi, pois, preciso, suprimir, pasaxeiramente, as consignas antimilitaristas. Tratábase d’un compromiso ineludíbel mais aquel compromiso, ¿ foi abondo para conseguer a fin desexada ?. Sen él, a burguesía, de acordo con o zarismo amagullaría a revollución. ¿ E podería se quera suxeitar a constitución d’un governo burgués ?.

¿ Qué intencións sostiñan no campo de ” Miliuhov-Gutchkov ” ?, ¿ Que resolverán eles ?. Foi xusto saber cal fora a atitude do campo oposto. Os feitos botaban sobor dos ombros dos militares socialistas adiantados o peso d’unha tarefa dificil, pode que machucante, que exixía d’eles, non só un analise fondo dos acontecementos, se non tamén unha sangue xélida e un adoitrinamento as circunstancias que podían semellar dende fora como unha traizón os seu ideáis e ser incomprendidas polas masas.

A burguesía atopábase aterrezada polo movemento, non se poñía a súa beira e, por conseguinte, foi oposta a él. Mais non podía deixar de telo en conta e de tentar aproveitarse d’el. A Consigna política da burguesía, consigna a cal se apelicou toda a ” Intelligentsia ” radical fora: ¡ Un gabinete responsable ante la Duma !.

No seu conxunto, por aquela banda, case nada se tiña claro o venres 24 de frebreiro, e se ó estaba non foi moi favorábel. Unha xuntanza dos xefes de grupos da ” Duma “, a cal opoñeuse unha grande importancia, atopábase emprazada para o día seguinte. Eu agardaba coñecer os seus froitos na casa de ” Sokolov “.

Polo que respeita a outro campo, puiden atopar algúns representantes dos bolcheviques e dos socialistas-revolucionarios de senso zimmerwaldiana. A miña impresión foi de tódolos xeitos desfavorábel. Corroborei a falla de cohesión do movemento e a falla de centros sólidos. Logo, comprobei unha perfeta indiferenza pola súa banda diante dos problemas que me inquedaban , xa que a seu coidado atopábase sumerxida na súa totalidade pola axitación direta e polo aceleramento do movemento. O fin, os meus tentos para enfiar o pensamento dos meus interlocutores no senso d’un programa taxíbel, meu razoamento respeito a constitución d’un governo revolucionario, baseado n’un compromiso a primeiras, non causaron máis que unha manifesta incredulidade e, ata, un manifesto rancor.

O movemento do proletariado petersburgués no se limitou, nembargantes, no transcorrer d’aqueles días, á axitación dos partidos, a os mítines das fábricas e as manifestacións nas rúas. Houbo tentos para crear centros inter-partidos, xuntanzas de perosonalidaes pertencentes a varios sectores do movemento obreiro: diputados da ” Duma “, sindicalistas, cooperativistas. Falábase, sobor de todo, dos problemas de abastecemento e, logo, pasábase a situación xeral. As diverxencias mostrábanse alí, sobresaíndo o desconcerto dos asistentes. A esquerda, anhelosa, pregoaba a revolución, avaliando indispensábel facer con todo urxencia organizacións obreiras de combate. Atopábase representada polo a vello liquidador ” F.A. Tcherevarin ” que foi primeiro a quén se lle ocorreu a idea da elección inmediata, nas fábricas da capital, d’un ” Soviet ” dos diputaos obreiros.

Aquelas personalidades xuntadas, que non exercían influenza algunha sobor das masas, representaban as correntes do menchevismo defensivo. Mostrábanse favorábels a instauración d’un governo burgués. Ainda que alí no se plantexara o problema político, aquelas xuntanzas tiveron a valía histórica de axeitar a técnica e a entidade das forzas da revolución.

Namentres, o movemento no depoñía de amplarse, facendo tanxíbel de hora en hora a impotencia do aparello policíaco. Os mítines loábanse xa case legalmente e as unidades miltares non se resolvían a actuar. As multitudes chegaban as rúas principáis. E cousa insospeitábel, os destacamentos de cosacos mostrabanse moi moderados. N’algúns lares, sobresairon a súa neutralidae por mor de conversacións diretas. O venres pola noite, contábanse na cidade que unhas eleccións no ” Soviet ” dos diputados obreiros estábanse facendo nas fábricas.