Colonias e zona española de Marruecos. ¡ Por fin de volta na casa !

Ímonos achegando xa de volta a casa. Cando vou escreber ista notas, derradeiras das que vou falar abordo, dime que pasamos non moi lonxe das ” Baleares “.

” S. Sebastián ” falounos ista tarde da zona española de ” Marruecos ” e das colonias do norte de ” África “. A primeira – díxonos – está composta por unha estreita faixa de terra que se extende dende ” Larache ” , na ribeira ” Atlántica “, ata a embocadura do río ” Merluya ” na ribeira ” Mediterránea “, bóa parte do linde d’ista zona atópase con as ribeiras de ” Andalucía “.

A zona española pode estudarse composta por dúas rexións: ” Yebala ” que entende as terras que adiantan ata dar xeito a unha banda do estreito de ” Gibraltar ” e o ” Rif “, que é a zona mediterránea, seca en bóa parte e contando con o terreo crebado dos seus montes.

Pola banda de ” Yebala ” decontan as estribacións do noso cordal ” Bético “, que móstrse curtado no estreito de ” Gibraltar “. ” Yebala ” é a rexión máis vizosa e rica da zona española, e as súas terras están regadas por varios regatos e polo ” Lucus “, que é o río de maior corrente, o cal emboca no ” Átlantico “, xunto a ” Larache “.

” Alcazarquivir ” é poboación non moi bonita, mais susceptíbel de acadar importancia por pasar por ela a estrada que une ” Tánger ” a ” Fer “.

A saida do estreito, na ribeira do ” Átlantico ” atópase ” Tánger “, a cidade e o porto de maior importancia do ” Magreb “. Ista cidade, e unha pequena zona nos arredores, está internacionalizada, e dicer, atópase afastada da zona española e n’ela poden comerciar literalmente tódolos países; a cidade governase por si mesma e atópase abeirada por todas as grandes potencias.

Xunta o pequeno río ” Martín “, n’un val moi vizoso e non lonxe do mar érguese ” Tetuán “, que é a cidade onde se estableceu o alto comisionario español e o ” Jalifa ” ou representante so sultán.

No camiño de ” Tetuán ” a ” Fer ” atópase ” Lanen ” a cidade inviolábel e mística dos marroquies.

O ” Rif ” é zona máis seca que a derradeira: os seus montes son crebados e con vexetación esteparia: ten grandes extensións d’una poderosa vexetación e isto en pequenos vals vense as sobras d’algunhas hortas. Por mor d’iste problema, o ” Rif ” ten escaseza de grandes centros de poboación, e os seus moradores viven en pequenos e ricos oasis.

Como as vertentes orientadas cara o mar son moi ripadas, por isto os ríos son como fervenzas e o que fica en pouco tempo as correntes das choivas o mar.

” Melilla ” é a maís importante cidade do ” Rif “. Atópase a leste da península de ” Kesforcas “, case fronte a ” Milagi “, fíxose en poucos anos unha poboación moi bela e medrada, vendo o curto camiño con as tribos do interior.

” España ” non domeou en ” Marruecos ” por meras campañas non procurou só adiantar no protectorado en ben do seu comerzo e da súa industra insalbábel. Moveuse por creenza de todo interese o cumprimento de unha érguido coñecemento de cultura e de adiantar cara tal fin, fixeron numereiras escolas as cales estudan os mesmos marroquies.

” Melilla ” e ” Ceuta ” ainda cando metidas en terreos marroquís non se lles xulga como pertencentes o protectorado, son chamadas plazas de artesáns e seu terreo da xeito a o chan nacional.

” España ” ten outras posesións no norte de ” África “, o ” Peñón de Velez de la Gomera “, o illote de ” Albucenas ” e as illas ” Clatorinas “. En rixor con todos os illotes recoñecidos en común para a notación e gran parte de auga potábel.

O sureste de ” Marruecos “, na ribeira do ” Sáhara “, ” España ” posúe unha extensa colonia non corrida ainda: o chamado ” Sáhara Español “, terreo que compréndese dende o cabo ” Blanes ” ata o rio ” Draa ” no linde do ” Marruecos Francés “; e algo máis o norte, atópase tamén unha pequena rexión que é chamado terreo de ” Ifni ” ou da ” Cruz de Mar Pequeña “.

Remarcando tamén que no ” Golfo de Guinea “, ” España ” posúe as illas de ” Fernando Goo “, ” Alborán ” e ” Conoco “, e, no continente, a chamada ” Guinea Española “, cuxa única poboación de importancia é ” Batú “.

As illas ” Canarias ” atópanse fronte a ribeira atlántica do sur de ” Marruecos “, non as ten enconta ” España ” como colonias se non como nacionáis. En tempos pasados axeitábanse como unha sóa illa, cuxa capital foi, a ” Cruz de Tenerife “; con naturalidade axeitan dúas, sendo a capital do novo xeito a cidade de ” Las Palmas “, cuxo porto é concorrido por facer escala n’él os buques dos roteiros de navegación que veñen a ” Europa ” dende ” América del Sur “.

No veleiro hai un rebumbio grande, todo o mundo está facendo os prepaprativos para o próximo desembarque. Estou ledo, desfrutando d’un día maxestuoso e d’un espectáculo fermoso.

De entre a brétema mañaneira, xurde medio perdido o caserío de ” Barcelona “, a esquerda, sobresae, en primeiro termo, o monte do ” Montjuic “, en cuxa cimba érguense o castelo e o roque vixías e, nas faldras que miran cara a cidade, érguese a fastuosa dos pazos e xardíns da ” Esposión “. Logo, máis a esquerda e pola chaira do ” Llobregat “, volven a mostrarse, mesto, o caserío; do cal surden centos de chemineas fabrís, que misturan os seus fumes con a brétema, facendo case invisíbels os contornos dos montes do fondo, a do ” Tibidabo ” entre elas.

O entrar no porto, nótase a axitación xeitosa da gran cidade.

A entrada lémbrame algo a de ” Nueva York “, polo gran número de buques empeirados, polo cruce decontado d’ístos con os remolcadores e pola liña de grandes transatlánticos que agardan o intre de facerse o mar pa comezar as seus longos roteiros a través de tódolos mares.

Os avoiños, xunto a mín, choran de ledicia o voltar a ver a terra na que medraron, logo de tantos anos de falta. Pai atópase tamén visibelmente ledo. Eu non sei que facer nin que dicer, só se me ocorre mirar e atopo belo, canto miro.

¡ Xa estamos outra vez en ” España ” !, Deus preservounos de todo mal, e sexan nosas primeiras parolas en acción de gracias por nos outorgar o súa protección.

Logo… . ¡ Que ledicia !. O baixar o peirao, na estación marítima; freteime os ollos porque pareceume estar soñando. ¿ Foi posíbel ?. ¡ Mai e a miña irmanciña agardanos a o pé da escada do veleiro !. Non saio do meu abraio e da miña ledicia e con qué pracer e emoción dímonos unha aperta. Deus permitiu que fora hoxe, para nos, un día compretamente ledo.

O acoller nai o telegrama que lle enviamos dende ” Guinea “, tomou con a miña irmaciña, deseguido o tren para ir a agardarnos a ” Barcelona ” e darnos unha surpresa tan afábel. Non foi menos a que tiveron elas, o ver que con nós tornaban os avoiños.

Pecho hoxe eiquí istas notas lixeiras que fun tomando no transcurrir do noso ledo viaxe.

O pisar de novo terra, síntome ledo, mais algo enmorriñado, o considerar que non tornarei de seguro a ver moitos dos países que visitei e que tan gran lembranza deixaron na miña persoa.

Miña irmá cercoume con as súas milleiras de inquiras e dime que recibiu todas as postais que, dende ” América ” lle remitín. As faltantes non chegaron ainda as súas máns.

Chea de ledicia, no deixa de dirixirme en papel esclamacións como istas: ¡ Cánto cambiaches !, ¡ Que medrado estás !, ¡ E que moreno !, ¡ Cómo te curtiu o sol e o aire do mar !.

¡ Qué gañas teño de ver de novo ” Galicia ” de saudar a meus amigos e de contarlles aneidotas e lembranzas d’ista longa viaxe, de tanto interese para mín e na que tantas cousas aprendrín !.

Anotacións sobre do África do Sur

Puidemos pasar unhas horas máis en ” Túnez ” e as aproveitamos dando unha lixeira volta pola cidade, que é xa con toda seguridade unha das máis poboadas de ” África ” e que é indubidábel se convirta a máis, porque o seu porto vai gañando en movemento, o país en desenrrolo do seu agro e constrúense sen parada, novas comunicacións.

A o terreo tunecino ten unha xeito que lembra o carrelo d’un burro: é dicir, montes no centro e baixeiras e chaira nas bandas. É moi notábel a riqueza de fosfatos que conten o chan, amplándose xa grandes fábricas para a súa exportación.

Na cidade de ” Túnez ” maniféstanse ben axeitadas a cidede árabe e a europea: a primeira, con as súas casas pranas, eirados convertidas en xardíns, e a europea moi fermosa, con rúas amplas como a ” Avenida Jules Ferry “. É tamén unha poboación comercial e multilingüe, e un verdadeiro centro cultural.

A cidade santa dos mahometanos de ” Túnez ” é ” Kairouán “, a cal conserva en moi bó estado os seus vellos vanos. Eiquí pasan os convois que se propoñen atravesar o ” Sáhara “. A finalidade d’iste fastoso deserto, dixéramos que non todo son areas n’él. N’algunhas zonas atópanse goios d’auga e elo permitiu que n’os seu arredores se desenrrolara vexetación; as palmeiras èrguense n’istas zonas de oasis, os penachos das súas palmas, e unha poboación máis ou menos pequena, adicanse a labranza da terra. vivindo o mesmo tempo istos lugares, de relativa comodidade e acougo, para que os convois acouguen n’elas, atopando un apracíbel repouso as penalidades do sol sufocante e dos ventos rigorosos.

Con modernidade, e por mor de goios artesáns, acadouse amplar a zona de labranza d’algúns d’istos oasis: atópanse de moita extensión como o de ” Kiskra “, poidendo vivir n’eles unha poboación de alguúns milleiros de habitantes.

O ” Sáhara ” chegará se cadra a ser lugar de turismo, polo seu aspeito tan espcecial e senlleiro, sobor de todo cando se contrúa a vía ferrea que o vai atravesar, e que franceses e ingleses tentan de construir a o longo e amplo da ” África “, para enlazar por ferrocarril os portos africanos do ” Mediterráneo “, con as cidades da ” África del Sur “.

” Runvelie ” subgobernador francés, que subeu a rexidor en ” Adén ” e que foi a ” Argelia ” a decontar seus traballos, tívonos pendentes das súas parolas, por tempo se máis de dúas horas, aclarexándonos cousas e feitos relativos a ” África del Sur ” porque interesoume moito o que nos dixo, cou tentar lembrar algo e tomar algunas notas.

Fixo que hai moitas castas de homes e mulleres de cor na ” África “; uns son afábels, e outros belicosos. A os segundos pertencen os ” Zulúes “, os ” Masais “, e os ” Asechantis “. Os primeiros, que pertencen a ” Zululandia “, pasan por ser os máis fermosos de entre tódolos homes e mulleres de cor e, con os ” Tasutos “, viven no interior do ” África del Sur “, os ” Asechantis ” habitan paraxes non lonxe das ribeiras de ” Guinea “.

No sur e suroeste, viven os ” Liosentotes “, os cales teñen a pel de cor caramelo.

A colonia do ” Babo ” entende a banda sur de ” África “, atópando o ” Vantal ” na banda este sur oriental; e afastadas do ” Vantal ” polo cordal do ” Transvaal “, chamándose así iste derradeiro por estar situado na outra banda do río ” Vaal “.

Uns labregos holandeses chegaron o ” África del Sur ” e construíron unha colonia, que chamaron ” Ciudad del Cabo “. Dende alí comerciaban con os eu veciños os ” Liotentotes “: mais, o atoparse en guerra tempo despóis ” Francia ” e ” Inglaterra “, a primeira acadou que ” Holanda ” erixírase en coalición e lle axudara con as súas forzas. O rei de ” Holanda “, o verse despoxado do trono polos maxos de ” Francia “, vendeu a colonia do ” Cabo ” a ” Inglaterra “.

Os colóns holandeses, suxeitos entón as leis nglesas, temeron non verse dabondo seguros contra as invasións do ” Liotentotes ” e, deixando a colonia do ” Cabo “, establecéndose uns na outra banda do río ” Vaal “. Os países lexitimamente así axeitados, se chamaron respeitivamente ” Brange ” e ” Transvaal “. Algúns baers ficaron en ” Natal “; mais o exercer ” Inglaterra ” en soberanía sobor d’aquel país, o abandoaron de tódolos xeitos.

Con orixe d’algúns ludibrios sostidos por istos colóns contra os ” Basutos “. ” Inglaterra ” interviu, sometentdo os ” Basutos ” e ficando co dereito de intervir en ” Brange ” e ” Transvaal ” se algunha vez o vira conveninte. Iste feito presentouse o descobrirse o prados de diamantes de ” Kimberley “, e mostrando ” Inglaterra ” que o ” Transvaal ” non facía máis que governar extensións con os reises das tribos veciñas, quixo mellorar aquél país a súa soberanía. Mais os ” Boers ” defendéronse, e botaron o exécito inglés enviado contra eles.

N’aquel mesmo intre descobréronse as minas de ouro do ” Transvaal ” e moitos ingleses dirixíndose alí para expolialas. O presidente da ” República del Transvaal “, ” Kruger “, obrigou a pagar abondantes contribucións a os ingleses que establecíanse no país, e destinou aqueles escravos a mercadoría de toda clase de armas; quixo opoñerse a elo ” Inglaterra “, e desenrrolou en 1899 a guerra que durou tres anos, o remate da cal o ” Boers ” remataron batidos, constituíndose o imperio con a simpatía de case todo o mundo, mesmo con a de moitos ingleses, que protestaron contra a usurpación de que se facía obxeto a os descoidados ” Boers “.

Logo se lles concedeu iguáis dereitos que a os ingleses, e, en 1910, os catro estados. O ” Cabo “, ” Vadal “, ” Transvaal ” e ” Brangue ” danlle xeito a ” Unión del África del Sur “. O chan d’ista rexión é moi crebada e o clima e a vexetación son semellantes a os que se desfrutan no ” Mediterráneo “; atópanse cereais, vides, e árbores frutáis, importadas de ” Europa “.

Na ribeira atópanse a cidades do ” El Cabo “, ” Durbán ” e no interior ” Johannesburgo “, ” Pretoria ” cuxa derradeira cidade foi con anterioridade a capital da ” República de Transvaal “.

Os indíxenas d’ista rexión pertencen a varias tribos, mais en xeral se lles chama ” Cafres “, ainda por riba a os que viven na fronte oriental, comprendendo tamén ” Rodesia “, chamada así por ser administrado iste país, ata 1923, por unha compañia privilexada, cuios directores foron ” Lord Gifford “, e ” George Cawston “, homes moi coñecidos nas empresas ordeantes do ” África del Sur “.

Notas sobor do Áfica Central

Onte a noite saímos de ” Alejandría ” cara ” Túnez “. Atopamonos pois, rematando xa a nosa viaxe e isto éncheme de moita ledicia, pois cada día teño máis vívidos desexos de poder apertar a nai, e a miña irmanciña.

Imos abeirando a ” Libia “, a que foi colonia italiana, a cal abranga as rexión das ” Cirenaicas ” , xunto a ” Egipto ” e da ” Tripolitania ” xunto a ” Argelia “. A banda sur de ” Libia ” ten tódalas naturezas do deserto do ” Sáhara “.

Penso que mañán chegaremos a ” Túnez “, e, como o noso veleiro, n’ista viaxe, non segue a liña homoxénea dos grandes buques de viaxeiros, se non que detense en portos accesorios para deixar carga, é probábel deteñámonos unhas horas alí.

Con anterioridade, de que, pasando días, se me esquezan, vou a escreber algunhas das cousas que sobre ” África Central ” contounos ” D. Roberto Urbido “, coma síntese das súas excursións por aqueles terréos.

O ” África Central ” – díxonos – axeitada, por la banda oeste, toda a ribeira de ” Guinea “; ou seña, dende ” Cabo Verde “, xunto a ” Dakar “, no ” Senegal “, ata a embocadura do río ” Congo ” no linde norte da colonia portuguesa de ” Angola “. O clima é tan insan n’ista rexión, que a os europeos lles é moi complexo acostumarse alí.

Como productos do chan acadanse aceite de palmeira, sorgo, cacahuetes, batatas, mandioca, noz de cola e caucho.

A partires de ” Cabo Verde “, as posesións e os países que se atopan na ribeira de ” Guinea ” son os seguintes: a colonia inglesa de ” Sierra Leona “, a república de poboadores de cor de ” Liberia “, un dos parcos estados ceibes do ” África ” e que foi erixido en 1847 para que puideran recollerse n’ela os escravos de cor ceibados de ” Norteamérica “. Súa capital é ” Monrovia “. Atópase logo a posesión inglesa de ” Costa de Oro “, a francesa de ” Dahomey “, a inglesa de ” Nigeria ” e o “África Ecuatorial” francesa que, polo norte, xúntase con o ” Sáhara “. Na ribeira xunto a ista xigantesca posesión francesa, atópase a ” Guinea Continental Española “, que exténdese máis de 29,500 kilómetros cadrados e conta con unha poboación de máis de 150,000 poboadores. O clima é quente, mais o chan e moi bravo; a banda ribeireña foi malsan, maís traballos de importancia levados a cabo melloraron moito o seu estado de sanidade; abonda n’iste terreo o simio chamado ” Mandril ” e entre as súas produccións sobresae o caucho, madeiras, quina, noz de cola café, cacao, etc..

D’uns anos cara acó, ” España ” mellorou formidabelmente os servizos n’iste terreo, que hoxe atópase en pleo desenrrolo das súas riquezas. A capital da ” Guinea Continental Española ” e ” Bata ” e a da illa de ” Fernando Poó “, ” Santa Isabel “.

A abra de ” Guinea ” que ten ” España ” amáis; as illas de ” Fernando Poó “, ” Annobón “, ” Corisco ” e ” Elobeg “. A primeira foi descoberta polos portuxeses en 1468 e outorgada a ” España ” en 1778, chamándose entón illa de ” San Carlos “. Os primoxenios colóns foron envelenados polos indíxenas e a illa foi de novo colonizada en 1845.

Na abra de ” Guinea ” emboca o ” Niger “, e ten o seu berce o sur do ” Sáhara ” e o ” Congo ” que afrora na lagóa ” Tanganika ” a cal, xunta con a ” Victoria “, ” Alberto “, ” Rodolfo “, etc., dan xeito a unha gran zona de lagóas lindadas polos máis érguidos montes africans nos cales érguese o ” Kiliman’Djaro ” na banda este do ” Ruvenzori “, cuxas bicos acadan uns 8,000 metros de altitude sobor do nivel do mar.

As xunglas no ” Congo ” atópanse feitas por un mesto entretecido de toros e polas de árbores xigantescos, que érguense sobor d’unha terra coberta de vivaz verdor; temos ébano, caobas, palmeiras, xigantescos baobás. As polas d’istes xigantescas árbores técense cipós e viñas, e no chan medran mestas prantas de forraxes sempre verde e húmidos, e que mateñen o chan en constante recendo.

A luz do sol case que non acada vazar polo mesto veo de verde forraxe e por isto, xunta o chan, a escuridade é case compreta: o viaxeiro atópase n’unha noite invariábel. Engádase a isto que non se ven camiños nin vieiros e que, para camiñar, tense que ir rapando as silveiras con un machado ou machete, e entenderase que a vida n’istas fragas tan mestos, teñen poucos atraentes. Mesmo a tribos de indíxenas pensan así e é moi pequena a poboación n’istas paraxes, que fican por enteiro á distrubución dos gorilas e búfalos, de panteiras, e de elefantes, hipopótammos, e rinocerontes, zebras e antílopes. As zebras e os antílopes, como máis febles, son os que máis puñidos atópanse, e por isto comezan carreiras desenfreadas, así notanse, polo medio da mesta xungla, os ruxidos dos leóns e das panteiras.

Fora d’istas grandes e mestas fragas, ” África ” ten outras zonas de vexetación baixa e menos mesta, e que en verdade, son rexións de camiño entre as fragas abondantes e os desertos areosos. En semellantes sitios, e nos confíns da gran xungla, é onde soen facerse a grandes cazarías, son aquelas paraxes chamadas sabanas.

Os homes de cor adicanse a caza e teñen costume comer os animaís cazados no mesmo lugar no que foi a morte do mesmo; se iste é graúdo, como o hipopótamo, sirva de exemplo, os homes mantéñense varios días no lugar ata que dan boa conta da carne da besta. Isto o fan así porque non teñen coñecementos para conservar os alimentos longo tempo. E na súa simplicidade mesma, recoñecen logo os lugares polo circo da herba queimada que a fervedura do manxar deixou sobor do terreo.

Na banda central de ” África ” adoitan vivir as tribos de ” Bosquimanos “, homes de pequena cota, cor canela e cabelos negros encrechados. A súa vida é nómade e se adican en exclusiva a caza; son moi refratadas á civilización, prefirindo a liberdade da súas xunglas. Por mor d’elo, o seu número vai empequenecendo o mesmo tempo que van medrando as zonas de terras de labranza. É notábel a súa arte, dabondo semellante as pinturas parietáis do levante español.

N’istas rexións do centro africano o viaxeiro debera esquivar as picadas dos cínifes porque é moi común a enfermidade so sono que trasmitese a o home con a picada d’istos hexápodos.

” África ” ten animais moi propios: entre eles, atópanse as xirafas, que viven nas sabás africanas, e nas ribeiras dos grandes ríos, atópanse os hipopótamos e elefentes, istos derradeiros cazados polos homes para aproveitar e vender logo o marfil dos seus colmillos.

A zona do centro de ” África ” foi percorrida na metade do XIX por ” Stanley “, quen remontou por tempo de seis meses a corrente do río ” Congo ” atopando a outro explorador, ” Livingstone “, o que se lle supoñía perdido, esquecido e devorado polas bestas.

O ” Congo Belga ” é unha rexión moi ampla; foi adxudicada o rei ” Leopoldo “, e íste, o cedeu o seu país; a abondancia de chuvias n’él fai que seña un país moi vizoso. Ten minas de ouro, de radio, de ferro, zinc e carbón. Produce tamén moito caucho e posúe prados de diamantes nos vales do río ” Kassai “. A capital d’ista colonia é ” Leopoldville ” á ribeira do ” Congo ” e a uns 400 kilómetros da súa embocadura. Na ribeira do ” Óceano Índico “, atópase a colonia inglesa de ” Tanganika ” que deconta o norte con as posesións inglesas de ” Kenia ” e con o ” Sudán Anglo-Egipcio “, ” Tanganika ” foi con anterioridade unha colonia alemana, a cal pasou a axeitarse da colonia de ” Inglaterra ” en virtude do ” Tratado de Versalles “.

Avoiña, para mellor votar as horas no veleiro, narroume un conto africano.

Iste conto – dime – leín que o falan as nais os seus filliños. Imos ver se a tí interésache tamén.

Unha vez, atopábanse todolos animáis moi anguriados porque a seca era grande e non atópaban auga para acougar a súa sede. O león, como rei, propuxo que todos traballaran en facer un goio e todos emprestaron o seu esforzo, todos, menos o chacal.

O león dixo os demáis que en pago a non querer traballar o chacal, íste non bererá. Mais como o chacal é moi arteiro, veredes como se arrranxará para berer.

Presentouse o león levando unha caciña de mel e lle dixo:

-Se probáras ista mell, endexamaís quererás volver beber auga.

-Dame d’ista mel.- dixo o león interesado xa.

-Con moito gosto, replicou o chacal: mais como o darcha faríasme mágoas con as túas poutas, deixa primeiro que anoe as túas poutas.

Tralo anuncio da mel, o león deixouse anoar as poutas con fortes cordáis: mais entón o chacal foi beber auga do pozo, apracíbel, e non lle dou mel.

O león entendeu a xogada: mais non podía escachar o chacal porque tiña as poutas anoadas, e como lle daba vergoña que os demáis animáis o atoparan d’iste xeito, no canto de anoxarse, optou por ensinar a súa bondade.

-Ven, desnódame e dareiche consentemento para que veñas beber canta auga queiras.

Así o fixo o chacal, e o león pensou en desfacerse d’él máis adiante. Para obtelo mellor propúsolle sair a cazar xuntos, o cal fixeron varias veces, mais ficando sempre o león con a mellor parte.

Temoroso o cahcal da vinganza do león, fixo a súa gorida, no alto d’unha pena, a cal tiña que subir tripando cun cordal. Un día, o sair de caza con o león, e porque o chacal tiña moita fame, levouse a súa gorida a peza compreta.

Púxose o león irado e determinou non vingarse nunca do chacal. Encarrilouse a súa gorida, e, para que o seu amigo non sospeitara d’él, díxolle con tenrura que lle baixara a corda para poder subir, pois desexaba falarlle de cousas de moito interese.

O cahacal, que coñecía ben as intencións do león, botoulle un cordal, máis moi vella e roida: o león comezou a tripar por ela, mais, o atoparse a certa altitude, a corda escachou e o leòn foi bater na sima contra afiadas pedras que sobresaian do chan.

A viveza de inxenio axuda a rifar as situacións complicadas ou difíciles.

O Cairo, o Nilo e as Pirámides

Como o veleiro terá que atardar un anaco a súa saida de ” Port-Said “, e como debera facer n’ista viaxe novo treito en ” Alejandría “, pai propón que saiamos de ” Port-Said ” e votémoslle unha ollada a ” El Cairo ” e vaiamos a atopar o veleiro o porto de ” Alejandría “. E aturados polo capitán do veleriro para facer ista combina, saímos no primeiro ferrocarril cara a capital de ” Egipto “. Votamos a noite no ferrocarril e a mañán seguinte atopabámanos no ” El Cairo “.

O aspeito da cidade é por demaís orixinal: vense nas súas rúas exipcios, arábes, sudaneses, abisinios e europeos, toda unha mistura de castas, domeando os traxes longos dos arábes e véndose tamén algúns ” Fez ” vermellos dos turcos.

A cidade é unha xigantesca feira con estrondo de colmea. Rúas estreitas cheas de bazares nos cales véndense mantos para o chan e coitelos, xoias de viventes cores e recendos; altas palmeiras sobresaindo dos vanos, outras rúas o xeito europeo, con luxosos hoteis. Unha misturanza orixinal e chea de cor, que atopo moi afábel.

Fumos o ” Museo del Cairo “, no cal vimos numereiras momias exipcias: hai moitas, que semellan o senso de atóparse nun ceminterio. Moitas d’elas conservan os seus vandaxes de tea ou as súas pinturas brilantísimas, n’outras concorrencias vimos mobles, carros, xoias, terracotas, milleiros de obxetos de uso corrente entre os antergos exipcios. Iste museo, con as súas adrais e lenzos de parede, axeitado todo o estilo árabe, gustoume moito.

Como sobrábanos tempo resolvimos ir pola tarde, en autocarro, ata as pirámides, pois fora mágoa no puideramos ver istes mounumentos de interese, sen admirar tamén a paisaxe do ” Nilo “.

As augas d’iste río atopábanse hoxe bravas e e semellaban tinguidas: varias embarcacións as sulcaban, movidas en devagada pola presión que uns axitados exipcios empurraban sobor d’unhas longas pértegas, que afondían nas augas ata dar con a fondura.

Namentres o traxecto vimos numereiros despoxos de inxentes piares de pedra que axeitaban parte de fanos inxentes. E o chegar o sitio onde érguese a esfinxe e as ” Pirámides de Keops ” de ” Kefren ” e de ” Menkaura ” sintímos coma un calafrío. Camiñando a chaira areosa e maniña, aquéles monumentos xigantescos pregan ainda en nosos días a presenza d’unha civilización maxestuosa.

¡ Quen sabe se no canto de catro ou cinco mil anos os homes que entón vivan sobor da terra poderán sintir emocións diante dos estragos do tempo nos monumentos que agora se contrúen ! . Se cadra non, porque nos facemos as cousas máis para utilizalas agora, que para ofrendar como lembranza as xeracións que nos sucederán.

A gran pirámide, cuxa base ten 138 metros de banda, foi cotexada na antiguedade como unha das 7 marabillas do mundo.

Un pode ter unha idea de seu moi xigantesca, conxeturando que só na pirámide de ” Keops ” traballaron 100,000 homes, que se anovaban cada tres meses no trancurrir de 30 anos que durou a súa construcción. Foi ista tan lamentábel, polo rigor do clima do país e por ter que procurar lonxe as pedras empregadas, pedras que foron levadas ata o lugar conveninte facendo uso de grandes barcazas que sulcaban o ” Nilo “. As pirámides son os únicos despoxos que fican da maxestuosidade d’aquela anterga capital exipcia que se chamou ” Menfis “.

Escrebo ista notas no hotel de ” El Cairo “, antes de deitarme.

Fora, a lúa enfeitiza o branco caserio da cidade. Escoito a o lonxe os compasados sons d’unha guzla e unhas voces de xentío cantaruxando unha canción que semella un suspiro. A cadencia é moi tardeira e os son semellan con unha cadencia monótona.

Mais todo isto ten un gosto moi oriental; e, para desfrutar mellor d’ista serenata que con toda probabilidade non poderei escoitar outra semellante no que me resta de vida, deixo de escreber para ir a expoñerme no corredoiro.

Calcuta.- Benarés.- Costumes Indias

O ” Ganges ” o embocar no mar, da xeito a un delta atravesado por varios brazos, que son outros tantos ríos, o treito naútico é o chamado ” Hugli “, e nas súas ribeiras érguese a maior cidade da ” India “: ” Calcuta “.

O pasar polo seu labirinto das súas dársenas, entre as interminábels hileiras de buques e veleiros , ninguén creera atóparse n’unha cidade do ” Asia “, se non n’un dos portos americanos ou europeos. Fanse notar as clásicas embarcións, nenbargantes, as embarcacións chinas, as chalanas indias que, xuntamente con moitos malaios, atópanse faenando na carga e descarga dos buques.

Na outra banda dos peiraos, traballa a cidade, véndose en primeiro termo fastuosos locáis. Con toda seguridade atopámonos n’unha gran metrópole, pois o ánimo e o movemento de todo tipo de carruaxes, son verdadeiramente fastuosos, ¡ Eu, que creera ver tan só unha poboación envellecida, inconfortábel e o mesmo tempo chamativa !.

Como o veleriro manteráse tres díaas eiquí, baixamos a terra, e facemos a finalidade de xantar n’un restoran. Metímonos n’un inglés moi ben establecido e ornado, e logo saímos dispostos a visitar a cidade.

Atravesamos algunhas rúas de aspeito plenamente europeo, e logo metímonos en bisbarras que con xa máis d’un gueto, pois mostran unha natureza propia da india. Chámame a curiosidade que camiñan ceibes por elas vacas e outros animáis, e ísto indistintamente polas beirarúas ou a calzadas. O inquiri a cousa, ¡ dinme que isos animáis se teñen en consideración como inviolábel e que por elo se lles ten tanto respeito e consideración !.

É hoxe día de festa e vexo que os indúes puxeron ropaxes e traxes de cores moi variados. O continente d’ístes homes e maxestuoso, e todo elo explica a perfección que as cerimonias sexan eiquí festexadas con fasto tan brilante e pomposa. Mais o luxo rebordado dos príncipes e rajás, exsaxerado con a fastuosa dos seus pazos, con os seus elefantes gornecidos de sedas e brocados, con as súas vestimentas prezadas e a súas opulentas xoias, e o luxo máis módico dos días de festexo nas cidades, non se notan ilóxicamente no conxunto onde os palleses visten con toda frugalidade e humildade. Son a apesarada concordancia con aquela opulencia en demasía das cortes da ” India “, como se o garboso desprendemento de uns poucos poidera ser influxo da laceira e das privacións de moitos.

Case tódolos indúes fuman, máis o maior vicio e o de mastigar follas d’unha pránta chamada ” Betal “.

Na ” India ” o mesmo que na ” Indo-China “, abondan os tigres e tamén as serpes. Os elefantes comezan a rarear dabondo, e, en estado de liberdade, só se lles atopa n’algúns montes máis baixos do macizo do ” Himalaya “. O capón real é eiquí moi corrente, o cal se atribue por ser ista ave orixinaria do país.

É chamativo o caso dos enfeitizadores de serpes, que rumban as súas habelencias ou enganos nas rúas e prazas das cidades, diante de numereiros circos de público, como tamén o dos ” Fakires “, homes que que suxeitan a un axuno duradeiro e a outras prácticas especiáis, facendo cousas tan fastuósas e insospeitábels como atravesarse as carnes do corpo con agullas sen facerse sangue, camiñar con os pés espídos sobor de afiados coitelos, sen ferirse, e a máis deixarse soterrar por un espazo de tempo de horas ou d’un día, ficando como letárxico, e espertando logo para volver a vida normal. Se non fora que moitos médicos lexitiman a autenticidade dos feitos, con falla de todo calote, fora cousa de negar que semellantes feitos fosen posíbels; tan extranos e sobrehumans semellanmes.

Aproveitando o día maxestuoso o segundo, a nosa estancia en ” Calcuta “, tomámola decisión de ir de paseo a ” Benarés( Varanasi )” a cidade inviolábel da ” India “. A viaxe é algo longo, pero os ferrocarriles están moi ben, hai moitas liñas e todas avitualladas de materiáis confortábels.

Os aspeitos de ” Benarés ” e de maior interés que o de ” Calcuta “. A cidade e moito máis pequena, mais pódense atopar n’ela velísimos fanos con altos e esveltos minaretes, luxosas pagolas, rúas onde cirulan un trasego de pelegríns chegados das máis lonxanas rexións da ” India ” e unhas marxés do ” Ganges ” recheos de postos de venda e fanos. N’iste río, cuxas augas son consideradas sagradas, acollen unha bañadura de limpeza milleiros de pelegrins chegados a ” Benarés ” de tódolos puntos da ” India “.

É eiquí onde móstrase en tódalas bandas a puxante incógnita do espírito estrano d’iste pobo, que tan diferente se mostra con a listaxe a tódolos restantes pobos da terra.

As loitas relixiósas mostran eiquí un carraxe descoñecido por nos. Musulmáns e indúes senten moitísimo desapego entre eles, é tal, que o seu odio mutuo é moito maior do que sinten cara ” Inglaterra “, a súa domeante. D’iste xeito aclarease que un gran pobo, como é a ” India “, con maís de 250 millóns de persoas, teña que manterse subxugaddo por unha minoría curta de europeos, xa que non superan moito os 150,000, os que se atopan n’iste país que é a ” India “, concibidos n’eles os tropéis ingleses das gornicións.

Amáis da relixión, divide en profundidadde a os indúes o motivo das castas, varias son istas, mais hai dúas que domean: os indúes, que son os que poboan as chairas do ” Ganges “, e os ” Brahmin ” que viven no ” Draviras ” ou banda sur. Os primeiros pertencen a casta branca e profexan o tadicionalismo, o mesmo tempo que os ” Draviras ” teñen a cor moi escura e morena e son budistas. As linguas faladas na ” India ” son tamén numereiras.

Moito me gostaría coñecer ” Bombay “, a gran cidade do sur do indostán na ribeira do mar de ” Omán “.

Penso que é unha cidade de gran poboación, mais vive moi superpoboada e pouco hixiénica, o cal da por froito que seña unhas das cidades do mundo onde se rexistra maior mortaldade. Mais non poderemos ir a ” Bombay “, como tampouco a ” Delhi “, a vella capiital, onde pódese abraiar velísimas xoias arquitectónicas, nin a ” Elefanta “, a dos fanos escarvados na rocha viva, nin a ” Agra “, onde se atopa o afamado ” Taj-Majal ” estimado un dos edificios máis fermosos do mundo.

-Non conta.- levo xa da ” India ” unha impresión que manterase en mín toda a miña vida. E por outra banda, ainda cando góstame moito ver novas terras, belos edificios, grandes cidades ou estampas pintorescas, é certo tamén que comezo xa a votar moito en falta a nai e a miña irmanciña, e sinto o mesmo tempo – ¿ Por qué non dicilo con sinceridade ?.- unha gran morriña para ver de novo as cousas de ” Galicia ” .

As Indias Holandesas.- Illas da Polinesia

Aínda cando non se soubera que imos a chegar en pouco tempo, Deus o queira, o remate da nosa viaxe, a traza que vai tomando a vida a bordo sería dabondo para dalo a entender. Todo o mundo semella máis xovial que de costume e, ainda os de natureza máis calada, espallanse n’istes intres. As risadas sonche máis sinceiras e sonóras, e ata semella que o veleiro navega a ritmo dos ventos que por eiquí sopran. ¿Puro sono todo?. Se cadra, mais ……, o certo é que un leva o anelo de que todo colle velocidade.

Deixamos o sur algunhas illas do ” Archipiélago de Magallanes “, e o oficial do veleiro, alguén inquiriu, dime que imos agora con rumbo direito a ”  Yokohama “, ónde chegaremos, se Deus quere, pasado maña o mediodía.

O bon Pai  Eliberto deume hoxe unha interesante parola: e hoxe faloume das ” Indias Holandesas “, que as compoñen toda a ” Malasia ” , salvo das ” Flilipinas ” e do norte de ” Borneo “. É un imperio rico, que por sí só pode dar vida a pequena ” Holanda “.

Istas   ” Indias Holandesas ”  compoñenas  as  illas de  ” Sumatra “,  ” Java “,  ” Borneo “,  ” C´elebes “,  ” Molukken “, e outras máis, que adecontan o sur de ” Asia ” como se foran unha prolonga da ” Península de Malasia “.

O clima d’istas illas é ecuatorial nas ribeiras e temperado no interior. As illas máis grandes son as de ” Sumatra ” e ” Borneo “; mais a de maior importancia é ” Java “, que ten poboación maior a de ” España ” e chan moi vizoso e rico: a actividade volcánica n’ista illa é moi grande.

” Java ” atópase afastada de ” Sumatra ” polo estreito de ” Sonda “. Todas elas son illas volcánicas. Tendo cráteres que mostra con periocidade a súa actividade, ainda que os escachos n’elas non tiveron endexamáis a magnitude dos que produxo en 1883 o volcán ” Krakatoa ” na veciña illa d’iste nome.

” Java ” é unha illa fastosa: é unha espece de edén ónde a vida desenrrolase doado e amábel, grazas a o favorábel do seu clima e a vizosidade da súa terra.

É curioso eiquí, o traxe enxebre dos poboadores de ” Java “: levan unha especie de saia de teas de cores moi vivos, suxeita a cós por unha ancha faixa; o peito o levan espido e, sobor a testa, un gran chapeu malaio, como un enorme prato de medio metro de diámetro, xa arredondado, xa algo alongado en xeito de cono.

Nas rúas vense numereiros carros xugados por miúdos animais, e pesado támen, arrastrados por bufalos.

A capital de ” Java ” é  ” Batavia ”  cidade de comercio de moita importacia, que érguese na cara norte da illa.

” Borneo ” é unha illa ínfida, mais pouco poboada. Foi descoberta pola expedición de ” Magallanes “, o dar por primeira vez a volta o mundo.

Atópanse en ” Borneo ” poboaciones de tribos moi salvaxes, os cales, pola súa ferocidade, mereceron o calificativo de ” Cortadores de Cabezas “.

Parte de ” Borneo ” pertence a ” Inglaterra “, a outra parte é de ” Holanda ” e outra zona da illa da xeito a un pequeno estado independente.

En outras illas, sobre todo nas menos exploradas, vive poboación, algo parca xa, e os        ” Papúas “, os cales poboan tamén outras illas máis orientais de ” Oceanía ” .

O grado de civilización d’istas illas é moi feble e algunhas practican ainda o canibalismo.

As ” Indias Holandesas ” son a maior fonte de prosperidade dos  ” Países Bajos “: Antigamente se cultivaban só n’elas as especies: mais agora tamén extensas plantacións de arroz, en semellante escala, que figuran como uns dos países máis produtores do globo. Tamén cultivase a caña de sucre, o caucho, e a quina.

Máis o este das illas de ” Nueva Guinea “, a maior do mundo logo de ” Australia “: o seu interior é pouco coñecido e explorado. e na súa direción máis o este ainda, en plea fastosidade do  ” Pacífico “, atópase a illa francesa de  ” Nueva Caledonia “. Polas súas condicións de clima que se dan n’ela moi ben o cuacho. Os poboadores viven moitos en estado semisalvaxe, pertencen a casta dos ” Canacues ” e viven en casoupas con teitos altisimos en xeito de cono e feitas de palla ou de follas de caña. A capital d’ista illa é a pequena cidade de ” Noumea “.

O pai Eliberto, o facerme istas deseripcións, mostrame as illas nun gran mapa de ” Oceanía ” da parede do gran salón do veleiro. Eu fixome que non me falou de dúas grandes illas que se atopan o sur do ” Pacífico “, que dan xeito a colonia inglesa de ” Nueva Zelanda ” .

-¿ Estivo vostede ahí ?.- Inquirolle.

– Tamén estiven ahí meu amigo.- dime – e por certo que n’elas vin o maxestuoso espetaculo do seus numereiros géyseres, que son cichóns intermitentes que botan do chan altos piáres de auga en vaos: o miramento d’istes belos documentos da actividade da terra constitúe un espetáculo inesquecíbel. Por istos géyseres admirábels, foi chamada a rexión na que se atopan ” Tierra de las Maravillas “.

Os indixenas que poboan as illas de ” Nueva Zelanda ” son de casta ” Mahorí “, fermosa casta ” Polinesia ” moi intelixente. Hachanse, tamén, ata formar a maior parte da poboación numereiras familias anglo-saxónas,

A cidade máis poboada é ” Auckland “: mais ista no é a capital, que os ingleses fixaron na cidade de ” Welington “.

– Oia pai – consintome ainda en inquirirle.-¿ E as prántas e animáis que viven no archipélago malaio, ou seña nas ” Indias Holandesas “?.

– Os ahi moi curiosos, como tamén n’istas illas da ” Polinesia “. Ademáis de altos cocoteiros, que medran por milleiros, atópase a chamada árbore  do pan, do cal sacase o sagú; a palmeira do viaxeiro, que ten xeito de abano e cuxo toro sae unha especie de auga leitosa cando se lle crava unha caña, que utilizase espita. E entre os animáis, o máis xeitoso é o ” Orangután ” de ” Borneo ” e de ” Sumatra “, mono que chega a acadar case a altura dun home e que ten uns anchos e fortes brazos con os cales pode afogar con moita facilidade a súas vítimas. Cando está enrrabeado, é un animal tremible.

 

SUMATRA · Raveena – I Won’t Mind (Sumatra Remix)

O Pacífico

¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.

” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.

” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.

O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.

No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.

Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.

A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.

Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.

O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade  e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.

Dime pai  que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.

 

Herencia de Timbiqui · Pacífico