A apostata e renagado estivo os latexos como un paria
B beneficio é pouco e vivir n’esta banda remata con raiba
C compoñer maís versos alexandrinos sen astio e sen dores
D desbotábel no é una opción fastosa de crisois e mil cores
E empregando ondas infidas podo ver que a tua e miña
F frotis das lembranzas que mateñen a esquiva ruina
G gromos de perdas desvaecidas polas contas dun reloxo
H hipoxeusia na desgana cotidia e tolo dun fogar sen tixolo
J non teño xogada para ista dixita mais acado bicos que tintan
K kafkiano resolto polo que pida lidar poucas mágoas e ledicias
L letalidade das frechas d’ese cupido semellante o fillo Ícaro
M marcos que varren polas de barallas inxentes do clamor
N non, non o dixen eu, mais podera conter folgos e asubiar
Ñ valeiro fico esperto enriba do leito de cotons no cadro da ria
O oasis de soños rematados por fermosas liñas de trincas
P pabeas da cor dos teus ollos reflexadas en avelaiños días
Q quebrado e misturado alo onde se fan o soños sen algarabia
R ruando a muido, viaxando nos cheiros do porvir arela e ansia
S sabedor da valía dunha sinxela pedra de seixo abatíbel
T termar do estrondo nas bágoas da rosada na mañan ceibe
U ufido afogado na calma dunha nai que quero por sempre
V vaos que tronzan como se foran follas dun aire que non lamente
W pois xa o fixen e no camiño do tempo ficou esquecendo amores
X xabre trocado de cachiños de lábaros mecenas dos tremores
Z zafada dos tedios agora o camiño mostrase con máis xente.