Camiño da India

Namesntres o veleiro vai adiantando polo ” Golfo de Bengala “, vótolle unha ollada o meu atlas e as narracións que fan sinal a ” India “. Vexo no mapa o feitío triangular que aflixe iste país, e vexo que atópase abeirado por montes, menos nas dúas zonas de terras chairas, atópadas correspondentemente, no este e oeste, e que son os furados por onde encontran paso cara o mar os dous grandes ríos ” Yndo ” e ” Ganges”.

Polo norte do país exténdese unha barreira case infranqueábel de montes, dando xeito o gran entrepano do ” Himalaya “, no cal érguense os catro bicos de maior altura do mundo, entre eles ” Gauritankar “, e no norte ” Everest “, o cal ergue o seu cume ata 8,840 metros sobor do nivel do mar.

A banda central da ” India ” atópase atravesada, de oeste a este, por outra cordal que se chama ” Vindya “, e percorre ista zona o río ” Narbeda “, o cal separa o país en dúas grandes rexións; a norte, ou ” Indostán ” e a sur ou ” Decán ” .

O ” Indostán ” conta con a rexión brava do “Ganges “: mais ten tamén amplas zonas sécuras e case desértas. O ” Decán “, en conxunto, é zona máis ben montuosa e menos vizosa. Mais ten unha rexión chamada ” Golconda “, na cal floreou a capital d’un gran reino, polas riquezas que se acadaban dos seus xacementos de pedras prezadas.

Dime o camareiro chinés, que tan afabelmente resposta as miñas inquiras, que o calor na ” India ” , é moi sufocante e as choivas, moi abondosas en certos meses.

A maior parte da poboación da ” India ” viven do cultivo das arroceiras, da triga e de outros cereáis: n’istas labouras lles axudan os elefantes desbravados, cuxa forza fastuosa fan uso de xeito senellante a como os agroeiros de ” España ” fan uso do bois e mulas.

A ” India “, como a ” China “, é un país de moita antigüidade, posto que a súa historia, chega ata uns 2,000 anos antergos a J.C.. A primeira toma da que se ten novas, é a dos ” Arios “, que metéronse na ” India ” polos montes do noroeste; logo que istes invasores tomaran en propiedade o país, subxugaron a os indíxenas como escravos. Tal semella ser a orixe das castas que foise mantendo na ” India “; os vincidos deron xeito a derradeira casta, a máis desprezábel, e non poideran, os que pertencían a ela, que foran case todos os indios, ter linaxe nin esposarse con xentes de outras castas, tidas por superiores. Con excepción, rexeitáronse os pais e sabidos d’ista casta chamada dos ” Brahmanes “.

Os invasores ” Arios ” erixíronse con peferencia nos váles do ” Ganges ” e do ” Yndo ” ; con seguridade por ser istes os lugares máis vizosos do país.

Depauperados os ” Arios “, invadiron logo o país, os persas primeiro, e os gregos logo, ainda que ámbalas dúas invasións no pasaron de tomar só unha parte dos ” Yndos-Tán “. Para diminuir o perigo de novas invasións, formouse no centro do país un forte estado baixo o poder d’un gran emperador chamado ” Asoka “, e íste fixo frorecer con notabilidade a civilización india.

Por aquél entón foi espallándose o ” Budismo ” ou relixión de ” Buda ” que foi unha mudanza do ” Brahamanismo “. O mesmo unha que outra decontan aínda en nosos días domeando na ” India “.

Aló polo ano 1,000, un exército de mahometanos, axeitado por tropéis turcas do ” Afganistán ” conquistou a ” India ” con fixeza na banda norte. Foi secesionado o país en varios reinos, dos cáles apodeiráronse varios príncipes mahometanos, e os indios ficaron novamente subxgados. Na metade do século XVI, sufríu a ” India ” outra Invasión de tropéis mongólas, baixo o control d’ún caudillo ” Raler “, cuxo neto chegou a ser un dos máis poderosos monarcas que xamáis se veu.

O desenrrolarse en ” Europa ” a costume as viaxes e decobrementos, algúns europeos comezaron a visitar a ” India “: e semellantes cousas de benaventuranza viron eiquí que, o retornar a ” Europa “, facíanse linguas do luxo asiático da corte do ” Gran Mongol “, cuxa fermosa capital é ” Delhi “.

Aquela forza e fulgor non foi duradeira, e a ” India ” rematou dividíndose en numereiros pequenos reinos. Entón os ingleses pediron e obtiveron d’un dos reiezuelos indios licenza para aveciñar produccións comerciáis en ” Calcuta “, ” Madrás ” e ” Jorata “. Foi ísta a orixe da chamada ” Compañía de la Indias ” que centralizou, por moitos anos, todo o comerzo de ” Inglaterra ” e ” Holanda ” con iste país.

” España ” tivo tamén, por algún tempo, un pequeno territorio eiquí, o cal contaba inclusive a cidade de ” Bombay “, elo foi en débeda a que tal territorio pertencía a ” Portugal “, e, o xuntarse iste país a ” España “, ” Felipe II ” foi señor d’aquela pequena colonia índica, a cal recobrou ” Portugal ” cando se voltaron a afastar.

O desenrrolarse en ” Europa ” os afáns por colonizar a ” India “, xurde unha guerra entre ” Francia ” e ” Inglaterra ” sendo o fin os franceses desbaratados. Entón un príncipe cru da ” India ” , o chamado ” Nabab de Carmatic “, para vingarse dos ingleses, fixo preso a 150 d’ístes e os pechou nun alxube de ” Calcuta “; as dimensións do alxube foron tan pequenas e a aeración tan parca, que aqueles malpocados morreron envelenados polo anhídrido carbónico do súa propia cautividade. Iste feito indignou, como foi de agardar, a ” Inglaterra “, e ísta mandou tropéis o mando de ” Clive “, que xa con anterrioridade discerniu pelexando na ” India “, o cal penou aquel feito sometendo os principáis reis indios.

En 1857 prodúxose na ” India ” un levantamento xeral contra ” Inglaterra “; mais, ista conseguiu sufocar aquel movemento, e o goberno inglés, aproveitando aquela situación, dirimiu o outorgamento que tiña feita a ” Compañía de las Indias ” e outorgoulle a raiña ” Victoria ” a misión de governar sobre iste país como soberana. En 1876 a raiña de ” Inglaterra ” recibiu a tituaridade de ” Emperatriz de la India “, titularidade que dende entón ven facendo alarde os reises de ” Inglaterra “.

A avoiña quixo contarme un conto indio, cousa que lle agradezo moito, pois as súas narracións son sempre para mín de moito interese.

Unha vez – Da comezo – encarreirándose un indixente agroeiro a praza de abastos, apeado n’un guindastre tirado por un burro, levando trás d’él, e anoada a unha corda, unha godalla. O viron partir tres garduños e decidiron furtarlle; un furtarialle a godalla, outro o burro e o terceiro foi tan afouto, que pensou en furtarlle o tabardo sen que él fixera contra algunha.

O primeiro garduño segiu o agroeiro no seu camiño e, sen que íste se dera de conta, cortou a corda que suxeitaba a godalla e colocou na cola do burro o campanil que a cabra levaba pendente do pescozo. O agroeiro, ata pasar un cacho de tempo, non se deu de conta que lle roubaran a cabra.

Volvéndo a mirada cara atrás case de inmediato para cachar o afouto garduño, e a pouco atópouse no cmiño con o segundo garduño, a quén inquiriu se vira un home que levaba unha cabra.

-Si – respondeulle íste – por ahí pasou fai un anaco, mais tomou por ista fraga tan mesta. Se queres seguilo, podes deixar eiquí o burro e eu a gardarei.

O fiado agroeiro conviño o trato mostrando agradecemento, e logo de percorrer aquela fraga volveu xadeante o camiño e non atopou nin o gardador, nin o burro.

Anoxado e temendo fora vítima d’un novo furto, volve a cara a súa casa, cando oiu, xunto a un goio, gallamouto doentes. Achegouse alí para ver que laiaba con gran dor.

-¡ Probe de mín ! – dicía . Caume un tesouro cheo de pedras prezadas n’iste goio, e non poido baixar a recollelo porque estou tullido e non sei nadar. É unha mágoa que por non poder baixar teña que perder semellante tesouro. Eu daria boa parte d’el a quén baixara a buscalo.

O crédulo agroeiro non dubidou. Razoando na recompensa que recebería, sacouse o tabardo e descendeu o goio.

En van procurou o tesouro perdido, e , cando resolveu sair de alí, veu con asomo que o tullido se desvanecera, e con él o tabardo tamén.

E o probe agroeiro tornou a casa moi apesarado, e laiando a súa concesiva credulidade, e a demasía maldade dos homes.