- Mesa posta, mesa erguida, que moito comer fai doer a barrega.
- Deixa acarne un mes, que ela te deixará ati tres.
Categoría: Refráns
Adaxios con senso no ” Demáis “
- ¡ Pobre do pobre, que todo o mundo o moe !.
- A carga cansa; a sobrecarga mata.
- ¡ Desu nos deixe andar a cabalo de quen o entende !.
- A corda creba sempre polo máis fraco.
- Daca o galo, toma o galo: fican as plumas tiradas no chao.
- Arrieiro rabudo malla na albarda e malla no burro.
- Tí, que no podes, lévame ó lombo.
- Ás veces mexan por un, e hai que dicir que chove.
- Quén usa non abusa.
- Cando o burro vén o lugar, todos ó queren montar.
- Quen monta con carga, mata o burro e gasta a albarda.
- Cando te capen, berra.
- Quen moito qere espremer, ás veces sae espremido.
- Carga larga, man la illarga: ó cabo do ano nin besta nin carga.
- Por culpa do burro zorregan na albarda.
- Da árbore caída todos fan pitelos.
- Por culpa de besta mataron o bispo.
- Dálle a un o pé e collerache a man.
- O malpocado todo se lle conta a pecado.
- Do que te ha de honrar procura non abusar.
- Ó abade e o xudío, dálles un ovo e pedirancho fritido.
- Do que te has de honrar, non te has de aproveitar.
- O que non pode mallar no burro, malla na labarda.
- Mula de aluguer, se non leva dous, leva tres.
- O que lle dan o pé, colle a man.
- Na barba do parvo todos aprenden a rapar.
- O peixe grande come o pequeno.
- Non levarán por ben o burro á auga, se él non ten gaña.
- Non sexa tanto tirar da corda, que escache.
- Non podo dar na besta e mallo na albarda.
Adaxio son senso en ” Abeiro “
- Se chove, deixa de chover; se orballa, deixa de orballar; que, en ter tí un gabanciño, ben te podes o abeiro estar.
- Bó gabán contra a friaxe, é estar ben xantado e ben embebido.
- Por moito sol que faga, non deixes a capa na casa.
- O vello non lle procures un gabán, procúrallo o cucho.