¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.
” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.
” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.
O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.
No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.
Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.
A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.
Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.
O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.
Dime pai que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.
Herencia de Timbiqui · Pacífico