O Pacífico

¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.

” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.

” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.

O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.

No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.

Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.

A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.

Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.

O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade  e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.

Dime pai  que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.

 

Herencia de Timbiqui · Pacífico

Navegando con derrota os Estados Unidos

Dime pai que, se non ocorre novidade a bordo, mañá pola tarde chegaremos a ” Nueva York “. Son agora as nove da mañá e atopámonos navegando fronte o ” Cabo Haterras “, cuxo promontorio vemos dabondo no horizonte, algo neboeiro e lonxano.

Aledame moito chegar a gran cidade, e agardo me orixine gran choque, máis non nos atopamos acostumaddos ó que todo o que acontece alí salva os lindes do corrente e usual, para acadar a clase do prodixioso e ostensíbel.

Anoite, logo da cea, un profesor de español nun colexio de ” Filadelfia ” deume moi interesantes refrencias sobor dos accidentes físicos e as riquezas naturais dos ” Estados Unidos “. Vou transliterar o que lembre d’aquela intersante conversa.

Os ” Estados Unidos “, xunta con o territorio de ” Alaska “, atopado o noroeste de ” América “, e que en 1867 mercaron os norteamericanos a os rusos, ten unha area coma toda ” Europa “: de oeste a este acada este país unha lonxitude confrontada a que hai entre ” Madrid ” e ” Palestina “, e de norte a sur, o intervalo é semellante o que se atopa de ” Madrid ” o ” Golfo de Guinea “. Tratase, logo dun país que ten unha extensión máis que homoxénea.

Apesar d’elo, o seu chan non amosa complexidade de máis nos seus releves montuosos: o este atópanse os montes ” Alleghanys ” ou  ” Appalaches “, con bicos non moi elevados, xa que o máis alto , que é o ” Black Dome ” ten só 200 metros de altitude. O oeste, atópanse varias serras, paralelas a ribeira do ” Pacífico ” e que, a tallar da ribeira, chamase ” Cordillera Litoral “, ” Sierra Nevada ” e a gran cadea das ” Montañas Rocosas ” ou  ” Montes Roquizos “, a máis mesta e con bicos máis elevados. Un cacho d’estes montes, pola súa gran beleza, foi declarada parque nacional.

A medio camiño entre as ” Rocosas ” e os ” Alleghanys “, extendese unha gran chaira, con algunhas pequenas leiras, e por completo chaira na banda sur, ista derradeira zona é a que os colonizadores españois chamaron ” Llano Estanco “, porque é tal a súa igualdade e aborrecemento, que, o arriscarse por ela, tiveron que marcar o camiño que decontaban para poderse fincar a volta. tal era a seu desnortamento o adiantar por él.

Xunta os ” Montes Roquizos ” atópase a ” Meseta del Colorado ” e n’ela, o exemplo máis maxestuoso de erosión da auga sobor da terra e mármores. O ” Gran Cañón ” é unha inxente tallada, cuios bordes superiores están afastados unhos 20 kilómetros e a fenda ten unha fondura de ata 200 metros, por ista fondura percorre o río e, de xeito tranversal o ” Gran Cañón ” atópanse outros de menor relevancia mais non de menor beleza. É aquelo unha certa sintonía de cores, pois as terras e mármoles vense con as máis variadas coloracións, e as do sol, o incorrer sobor d’elas, orixina coloracións tan fastuosas, que a súa descrición xusta é imposíbel.

En país tan extenso coma ìste, é natural que o clima resulte moi variante: a banda do ” Atlántico ” ten temperaturas algo máis baixas que as que ten ” Europa ” en países que concordan a mesma latitude, así, por exemplo, o clima en ” Boston ” é moito máis inferior que en ” Barcelona “, o de ” Nueva York “, moito máis que a de ” Valencia “.

Na chaira central atópanse moi relevantes explotacións do agro e alí se cultivan en gran escala o trigo e o millo. Perto das ” Rocosas “, o clima é máis enxoito e se ven alí moitas extensións de xara. A banda sur dos ” Estados Unidos “, nas ribeiras do ” Missisipi “, é a zona onde se cultiva o cotón.

A rexión do ” Pacífico ” ten clima máis suave e benevolente que o do ” Atlántico “, especialmente ” California “, en cuias hortas danse toda clase de froitas, a vid, as laranxas e limóns, o mesmo que nos máis quentes países do ” Mediterraneo “.

A banda setentrión, na súa linde con ” Canadá “, ten vastas lagóas: o ” Superior “, o ” Michigan “, o ” Hurón “, o  ” Eiré ” e o ” Ontario “. o maior río do país, que é o ” Missisipi “, e que o cruza do norte a o sur, ten a súa orixe na lagóa ” Superior ” e emboca no ” Golfo de Méjico “, xunta a cidade de ” Nueva Orleans “, que é un dos portos máis comerciáis dos ” Estados Unidos “. Iste río é  navegábel en boa parte do seu curso.

O país posue longas  e poboadas fragas: nas de ” California “, viven prantas xigantescas, como as afamadas ” Sequoias “, algunhas de cuios exemplares teñen toros que miden 50 o máis metros de circo. É coñecido por reproducise moito en pranchas, aquel toro de ” Sequoia ” no cal se fixo un túnel para axudar o paso por un camiño que a árbore atoraba. E é curioso o caso dunha gran ” Sequoia ” que foi derrubada, chamada ” El Viejo Hércules “, a cal medía 107 metros de altitude, e 74 de circo. O bater con o chan, dise que o mesmo tremou nunha distancia de medio kilómetro orredor sitio onde a árbore foi abatida.

O agro é riquisima, a minaría tamén, e as industras acadaron eiquí un desenrolo coma en ningunha outra banda do mundo; o comerzo é da mesma emprendedor, todo él fixou unha inxente riqueza na poboación. É o país dos millonarios, das industras ousadas e fastuosas.

Na rama dos autocarros, se construen eiquí máis autocarros que en todo resto do mundo, xulguese a inxente suma de cartos que supoñen os dous millóns o máis de autocarros que cada ano vendense os norteamericanos o extranxeiro.

Os españois tamén chegarona as riberias norteamericanas nos seus recoñecementos, pois ” Hernando de Soto ” descubriu o ” Missisipi “, e o piloto ” Esteban Gómez ” tránsfuga que foi da expedición de ” Magallanes “, percorreu en 1535 toda a ribeira ” Atlántica ” dos ” Estados Unidos “.

Mentres me atopo rematando istas anotacións, escoito no veleiro a actividade precedente dun vindeiro desembarco: servintes que van e veñen, pasaxe que poñen en orde as ropaxes nos seus baúls, ordes do capitán e dos oficiáis, axites, animacións, conversas en voz máis alta, risadas de agrado… . Non hai dúbida, achegamonos xa a ” Nueva York “. Vou tamén a arranxar a miñas cousas, para poder subir canto antes a coberta con pai e gozar da beleza da acollida no porto. ¡ Nova York, ó fin !.

PickinOnSeries · Put Your Lights On