Dun blasón esvaecido no tempo
xurde a incógnita familia labrega;
loitadora polos praos de fresca herba,
sesgada coa fouciña amodiño e pouco.
Sen perder camiño que os valos sinalan,
os pouquiños recunchos onde se agochar,
de raios ferintes do astro rey no ceo cobrar.
Unha xornada de esforzos e taballo calan;
mais non perder o tempo, agas para repousar,
e así sexa de paso festexar con ledicia
que axiña pasen as estacions máis frías,
logo haberá na mesa pan, centeo e o xantar.
A xuntanza o roedor da lareira que quenza,
cun lume vivo e acolledor os contos voan,
alentando, risadas, viño e a amizade acotan.
No muiño que xira a roda empurra a fervenza
( “En memoria de Elisa, a miña aboa” )