As Indias Holandesas.- Illas da Polinesia

Aínda cando non se soubera que imos a chegar en pouco tempo, Deus o queira, o remate da nosa viaxe, a traza que vai tomando a vida a bordo sería dabondo para dalo a entender. Todo o mundo semella máis xovial que de costume e, ainda os de natureza máis calada, espallanse n’istes intres. As risadas sonche máis sinceiras e sonóras, e ata semella que o veleiro navega a ritmo dos ventos que por eiquí sopran. ¿Puro sono todo?. Se cadra, mais ……, o certo é que un leva o anelo de que todo colle velocidade.

Deixamos o sur algunhas illas do ” Archipiélago de Magallanes “, e o oficial do veleiro, alguén inquiriu, dime que imos agora con rumbo direito a ”  Yokohama “, ónde chegaremos, se Deus quere, pasado maña o mediodía.

O bon Pai  Eliberto deume hoxe unha interesante parola: e hoxe faloume das ” Indias Holandesas “, que as compoñen toda a ” Malasia ” , salvo das ” Flilipinas ” e do norte de ” Borneo “. É un imperio rico, que por sí só pode dar vida a pequena ” Holanda “.

Istas   ” Indias Holandesas ”  compoñenas  as  illas de  ” Sumatra “,  ” Java “,  ” Borneo “,  ” C´elebes “,  ” Molukken “, e outras máis, que adecontan o sur de ” Asia ” como se foran unha prolonga da ” Península de Malasia “.

O clima d’istas illas é ecuatorial nas ribeiras e temperado no interior. As illas máis grandes son as de ” Sumatra ” e ” Borneo “; mais a de maior importancia é ” Java “, que ten poboación maior a de ” España ” e chan moi vizoso e rico: a actividade volcánica n’ista illa é moi grande.

” Java ” atópase afastada de ” Sumatra ” polo estreito de ” Sonda “. Todas elas son illas volcánicas. Tendo cráteres que mostra con periocidade a súa actividade, ainda que os escachos n’elas non tiveron endexamáis a magnitude dos que produxo en 1883 o volcán ” Krakatoa ” na veciña illa d’iste nome.

” Java ” é unha illa fastosa: é unha espece de edén ónde a vida desenrrolase doado e amábel, grazas a o favorábel do seu clima e a vizosidade da súa terra.

É curioso eiquí, o traxe enxebre dos poboadores de ” Java “: levan unha especie de saia de teas de cores moi vivos, suxeita a cós por unha ancha faixa; o peito o levan espido e, sobor a testa, un gran chapeu malaio, como un enorme prato de medio metro de diámetro, xa arredondado, xa algo alongado en xeito de cono.

Nas rúas vense numereiros carros xugados por miúdos animais, e pesado támen, arrastrados por bufalos.

A capital de ” Java ” é  ” Batavia ”  cidade de comercio de moita importacia, que érguese na cara norte da illa.

” Borneo ” é unha illa ínfida, mais pouco poboada. Foi descoberta pola expedición de ” Magallanes “, o dar por primeira vez a volta o mundo.

Atópanse en ” Borneo ” poboaciones de tribos moi salvaxes, os cales, pola súa ferocidade, mereceron o calificativo de ” Cortadores de Cabezas “.

Parte de ” Borneo ” pertence a ” Inglaterra “, a outra parte é de ” Holanda ” e outra zona da illa da xeito a un pequeno estado independente.

En outras illas, sobre todo nas menos exploradas, vive poboación, algo parca xa, e os        ” Papúas “, os cales poboan tamén outras illas máis orientais de ” Oceanía ” .

O grado de civilización d’istas illas é moi feble e algunhas practican ainda o canibalismo.

As ” Indias Holandesas ” son a maior fonte de prosperidade dos  ” Países Bajos “: Antigamente se cultivaban só n’elas as especies: mais agora tamén extensas plantacións de arroz, en semellante escala, que figuran como uns dos países máis produtores do globo. Tamén cultivase a caña de sucre, o caucho, e a quina.

Máis o este das illas de ” Nueva Guinea “, a maior do mundo logo de ” Australia “: o seu interior é pouco coñecido e explorado. e na súa direción máis o este ainda, en plea fastosidade do  ” Pacífico “, atópase a illa francesa de  ” Nueva Caledonia “. Polas súas condicións de clima que se dan n’ela moi ben o cuacho. Os poboadores viven moitos en estado semisalvaxe, pertencen a casta dos ” Canacues ” e viven en casoupas con teitos altisimos en xeito de cono e feitas de palla ou de follas de caña. A capital d’ista illa é a pequena cidade de ” Noumea “.

O pai Eliberto, o facerme istas deseripcións, mostrame as illas nun gran mapa de ” Oceanía ” da parede do gran salón do veleiro. Eu fixome que non me falou de dúas grandes illas que se atopan o sur do ” Pacífico “, que dan xeito a colonia inglesa de ” Nueva Zelanda ” .

-¿ Estivo vostede ahí ?.- Inquirolle.

– Tamén estiven ahí meu amigo.- dime – e por certo que n’elas vin o maxestuoso espetaculo do seus numereiros géyseres, que son cichóns intermitentes que botan do chan altos piáres de auga en vaos: o miramento d’istes belos documentos da actividade da terra constitúe un espetáculo inesquecíbel. Por istos géyseres admirábels, foi chamada a rexión na que se atopan ” Tierra de las Maravillas “.

Os indixenas que poboan as illas de ” Nueva Zelanda ” son de casta ” Mahorí “, fermosa casta ” Polinesia ” moi intelixente. Hachanse, tamén, ata formar a maior parte da poboación numereiras familias anglo-saxónas,

A cidade máis poboada é ” Auckland “: mais ista no é a capital, que os ingleses fixaron na cidade de ” Welington “.

– Oia pai – consintome ainda en inquirirle.-¿ E as prántas e animáis que viven no archipélago malaio, ou seña nas ” Indias Holandesas “?.

– Os ahi moi curiosos, como tamén n’istas illas da ” Polinesia “. Ademáis de altos cocoteiros, que medran por milleiros, atópase a chamada árbore  do pan, do cal sacase o sagú; a palmeira do viaxeiro, que ten xeito de abano e cuxo toro sae unha especie de auga leitosa cando se lle crava unha caña, que utilizase espita. E entre os animáis, o máis xeitoso é o ” Orangután ” de ” Borneo ” e de ” Sumatra “, mono que chega a acadar case a altura dun home e que ten uns anchos e fortes brazos con os cales pode afogar con moita facilidade a súas vítimas. Cando está enrrabeado, é un animal tremible.

 

SUMATRA · Raveena – I Won’t Mind (Sumatra Remix)

Un conto sobre Australia

Cumplindo a súa promesa o pai Eliberto faloume hoxe de ” Australia “: d’ista illa maxestuosa que é todo un continente colocada o sureste da ” Asia “, un pouco máis abaixo da liña do ” Ecuador “.

A súa superficie ven sendo como as 3/4 partes de ” Europa “: o seu chan está constituido por un gran bloque de rochas macizas, sen grandes montes nas súas ribeiras; istas xurden no lado oriental do país e se extenden un pouco cara o sur. O oeste está formado por un fastoso altiplano, e a parte central o constitue unha depresión en verdade, ista depresión é o fondo d’un mar desecado.

 O clima é tropical nas chairas e quente nas zonas de montes: ístas deteñen os ventos húmidos do este e por semellante orixe tan seco a depresion central debido a falta de choivas, os ríos son escasos, só se poden considerar como tales algúns que se atopan o norte e este do país, o principal é o ” Murray “.

Lembrei ben que ”  Australia ” ten animáis moi caraterísticos que non se atopan en ningún outro lugar da terra: tal como son o canguro, con as súas longas patas traseiras que lle permitesn dar grandes brincos, o ornitorrinco e o casuario, semellante a unha avestruz que leva na fronte unha portuberancia de óso .

A case totalidade da poboación australiana pertence hoxe a casta branca: restan no país uns 30.000 aborixes australianos, moi pouco civilizados, e que van perdendose no canto que vai aumentando a expansión do chan agrario; a raiz de que, o adiantar o agro, os aborixes van sendo botados as zonas das fragas.

Ista grande illa foi descuberta en 1770 polo afamado navegante e explorador ” Cook “. De primeiras foi só unha cidade erguida ex professo para capital: é dicir, construironse n’ela os grandes inmóbels e pazos ofociais sen ter con anterioridade poboación. O traballar aqueles organismos, pobouse a cidade de empregados, técnicos, tendeiros, e comerciantes. É un caso vredadeiramente origxinal e prodixioso.

O curruncho sureste da ” Australia ” o ocupa o estado de ” Victoria “: pola súa beleza se lle chama ” El Estado Jardín ” é o país máis vizoso e poboado e a súa capital, ” Melbourne ” ten máis de 80.000 poboadores.

O Altiplano que ocupa todo o oeste e parte do norte d’iste continente é a rexión chamada ” Australia Desierta “.

Logo da gran guerra europoea, ” Australia ” recibiu a encarga de administrar a antiga colonia de ” Nueva Guinea Alemana “.


¿ Que farán agora miña nai e miña irmá ?¡ Cánto tenpo sen velas !. Isto dame moita mágoa: se elas estiveran con nos, os días serían máis ditosos para todos. Decátome tamén que pai está algo apesarado as veces: deseguro lle pasará o mesmo que min.

Penso que de eiquí a tres ou catro días chegaremos a ” Yokohama “. Mañá enviaremos un radiotelegrama os avós, anunciéndolles a nosa vindeira chegada o país do ” Sol Naciente “. ¡ Teño gañas de pisar terra firme !.

BrandonPetrovic · Stitches – Shawn Mendez

O desenrrolo histórico do Brasil

Denantes que os europeos descubriran o ” Brasil ” , poboaban nas ribeiras d’este país, dende o ” Amazonas ” ata o ” Plata “, unha casta salvaxe e antropófaga, a dos ” Tapujas “, que foron logo botados cara o interior polas tribus axeitada dos ” Tupís ” (os ” Tupinambas ” os ” Tupiniquinos ” e outras ): pode dicirse  que istes pobos constituiron o pobo do ” Brasil “, ate que ” D. Pedro Alvares Cabral ” desembarcou en ” Porto Seguro “, o 24 de abril de 1500 e tomou a ben do país no nome do rey de ” Portugal “. Mais en honrra a verdade e en honrra a ” España ” so queda dicir que diante de ” Alvares Cabral chegaran a terras do ” Brasil ” os nautas españois ” Alonso de Hojeda ” e ” Juan de la Cosa ” con o nauta ” Florentino Américo Vespucio “.

Chamouse de primeiras a iste país ” Santa Cruz “: mais pola fartura que había n’el do ” Palo del Brasil ” , chamouselle ” Brasil ” quizabes o chamar a aquela madeira ” Palo del Brasil “, é porque, pola súa cor semella unha áscua.

Ó comezo, ” Portugal ” non se ocupou da súa colonia brasileira; ata que os corsarios franceses, o establecerse n’ela, obrigar o rey portugués a que mandara gobernantes para que fixeran fixa a soberanía do monarca.

O descobremento de ouro no ” Brasil “, provocou no século XVIII, unha migración semllante a manifestada cara as minas de ” California ” , ” Australia ” e o ” Transvaal”. Unha enchenta corrente de aventureiros de todolos paises, fixeronse valer ledos o ” Brasil “, ceendo facerse lixeiramente ricos.

En 1807, a familia real portuxesa goreceuse en ” Brasil “, fuxindo da invasión napoleónica que tomaba ” Portugal ” : estableceuse en ” Río de Janeiro ” e retornaron a ” Europa ” en 1820, deixando no ” Brasil ” como rexente, ó fillo de ” Juan VI de Portugal “, ” D. Pedro de Alcántara “.

En 1822, unha migración monárquica dirixida por iste príncipe rexente, preogou a soberanía do país. Cando máis tarde, debía xuntar ” D. Pedro ” as dúas coroas o mesmo tempo, de ” Portugal ” e ” Brasil ” pola morte do seu pai, abdicou dos seus dereitos a coroa de ” Portugal ” en favor da súa irmá. Mais de pouco serviulle quedarse con o trono de ” Brasil “, porque pouco tempo despóis estalou unha nova revolta e ” D. Pedro ” tivo que abdicar a coroa en favor do seu fillo, neno de curta idade, retornando a ” Europa ” o rey descoroado.

A minoría do novo rey foi como de longas loitas políticas, ate que o final implantouse a república. O ” Brasil ” sostivo dúas loitas con outro estado: unha en 1850 contra a ” Arxentina “, e outra en 1865 contra ” Paraguay “, n’esta derradeira acadou  un concluínte triunfo mais por mor de moito tempo e inmolacións.

O ser instituído en 1889 o goberno republicano, foi nomeado presidente da república o mariscal ” Fonseca “.

Os españois e italianos cooperaron, n’este derradeiros anos a medrar a poboación do país, cun gran número de suxeitos que de istes migrarón alí.

As cidades máis importantes, logo da capital, son: ” San Pablo “,  ” Bahía “,  ” Pernambuco “, ” Belem “, ” Puerto Alegre ” e ” Santos “.

Os productos que alí se obteñen son: o tabaco, cacao, algodón, herba mate, quebracho, e madeiras preciosas.

Blues & Bossa Nova · Samba de verao

Brasil

O ” Brasil ” é un estado xigantesco pola súa área, ocupa con a metade da ” América del Sur ” e é maior que ” Australia “.

N’este país poden estudar dúas grandes rexións, por completo diversas entre sí polo seu relevo, polas súas produccións e polo seu clima: arexión do ” Amazonas ” e a ” Meseta Barsileira “.

Na rexión do ” Amazonas ” que é vastísima, pois simboliza unha superficie  coma os cuádruplo de ” Europa “, hai unha franxa de terra a cada beira do gran río, que sofre de todalas inundacións de aquél, botando baixo as augas moitas veces o ano. N’estas dúas franxas paralelas, que teñen unha achura de 40 a 50 kilómetros, as árbores son baixas e a madeira non é recia, mais no resto da chaira, desenrolase con todo a seu formidábel frescura a xungla virxe, con as súas árbores xigantes, súas trepadeiras que se rizanpolos toros e as polas, a súas malezas asilvestradas altísimas que se entretecen embarullando o poder adiantar polos carreiros. O polaxedas árbores agocha o ceo e o camiñante que se aventura pola xungla ten que percorrer durante días e días longas extensións sen poder desfacerse do enrevesado labirinto de vexetación que a constitúe.

Son tamén maiores chairas as rexións do ” Gran Chaco ” e a caldeira do ” Paraná “, atopadas respectivamente o sur-oeste e sur do país.

A meseta érguese amodiño  dende o interior ate as ribeiras, e alí rematan por crebados cantís. N’ela érguense algúns plegos paralelos que danm xeito aoutrass serras. Na ” Sierra del Espinazo ” atópase o bico máis alto do ” Brasil “, que é o monte ” Matiqueira “. Ista meseta é a banda  máis rica porque n’ela cultivanse a cana de azucre e o cotón, no norte; o café, na banda central e hai abundante gando na banda sur. O caucho producese en gran fartura na xungla do ” Amazonas “, de seguro é ista zona, hoxe en día, a que produce maior cantidade de caucho.

 Máis o interior do país atopase unha zona de fola, con chuvias moi parcas e temperatura moi estrema: é a rexión chamada ” Matto Grasso “.

O ” Brasil ” foi colonizado polos lusitanos no século XVI, e por isto é o portugués o idioma que se fala alí. A poboación é dabondo mesta na ribeira, mais exigua no intrior e case nula na chaira do  ” Amazonas “.

Iste río é o de maior fluxo do mundo. Cando socava no territorio do ” Brasil ” leva percorridos xa 2400 kilómetros baixo outros nomes, sobranceiramente con o nome de ” Marañón “. Afluintes seus son os grandes ríos ” Yuruá “, ” Madeira “, ” Zapajoz ” e ” Negro “. É tal a súa magnitude, que a correntedo río faise sensible a 400 kilómetros mar adentro da súa abocadura.

É o nome de ” Amazonas ” venlle por unha abarloada na que estivo o tenente ” Pizarro ” nas súas ribeiras contra un continxente de indios, a os cales, pola fartura dos adovíos de plumaxes tomou por mulleres. Os brasileiros, fachendosos de posuir o río con maior corrente do mundo, o cal ten na súa abocadura perto de 50 kilómetros de amplo, chamanlle o ” Mediterráneo Americano “.

Nas xunglas brasileiras viven moitos animais particulares d’estes paraxes: os monos ouveadores, distinguidos por arrebolar grandes berros aterradores. O xaguar, que é unha epecie de tigre mais con máculas a semellanza do leopardo. O puma, o león americano. Grandes caimáns e tartarugas, e unha tal fartura de paxáros e hexápodos, coma non ven n’outro emplazamento. As coloración d’algunhas aves son formidábels. Os miúdos paxáros mosca, os belísimos colibrís, os faladores loros e cotorras, o caralludo ara-ara, especimen de loro de plumaxe fastuoso.


A capital de ” Brasil “, ” Río Janeiro ” está emplazada nunha belísima enseada, se acaso a máis resgardada do mundo, pechada por xigantescos riscos graníticos, entre elas unha moi particular, por a súa forma chamanlle ” El Pan de Azúcar “. É un porto de comercio moi altivo e a metade ten rúas formidabels e uns fraguosos e bolos xardíns xunto o mar. A súa poboación e xa de 6,320,446 de habitantes. Os outros portos de importancia do país son ” Pernanbuco ” e ” Bahía “, emplazado màis o norte de ” Rio de Janeiro ” e ” San Pablo “, con o seus portos  ” Santos ” e  ” Puerto Alegre “, máis o sur.

Clara Maltras · La Chica de Ipanema