Dende que ontes pola tarde chegamos a ista enorme cidade, ate agora en que, xa de noite, estou repousando e escribindo na bibloteca do hotel as máis complexas impresións e lembranzas non nos detivemos un intre, pois non é posíbel deterse no medio da axitación fastuosa d’esta cidade mesma con o mundo baixo ista traza.
Vou ver, pois se refago as miñas impresións, para fixalas sobor das páxinas que agardan fronte a mín.
Na brétema lonxana do horizonte, vemos coma un embastecemento de ista mesma brétema: un oficial do veleiro que me amosa aquela traxectoria e me dí – ¡ Nova York !. Eu non acerto a ver detalle algún da cidade, e, polo retrinco, sintome un anaco desilusionado.
Máis tarde, atravesanse con nosco varios vapores de gran tamaño: na lexanía, outros vapores seguen a mesma derrota que o noso veleiro, converxendo todos cara o aceso da gran abra de ” Nueva York “.
Decontamos adiantando, e de momento, non poido conter unha admiración de pracer. Sobor das augas, erriba da súa peaña, vexo a ” Estatua de la Libertad “. Eu a supoñía moito maior, sobor de todo moito máis alta. Con ser tan maxestuosa como é, queda empequenecida no medio da gran enseada.
Pasabamos, de ahí a un pouco, perto de abondo d’ela, e entón dinme conta de que, efectivamente, é un monumento de proporcións colosais.
A Animación o noso arredor foi crecendo: vapores, veleiros, longas reas de chalanas soleadas por pequenos e potentes vaporetos, que fan soar a sirena, a pesar do seu diminuto tamaño. Grandes barcazas que pilotan sobor da súas cobertas convois de carga cheos.
Noso veleiro detense: suben a él os empregados da sanidade e os alfandegueiros: toda a pasaxe fica formada baixo a coberta e vanse dando cumprimento as varias condicións que exixen a administración norteamericana, moi longa e puntillosa n’esta traza. Coma froito de todo isto, vexo que fan desembarcar algúns pasaxeiros, os cales son acollidos por un remolcador e levados a unha illa próxima na cal érguense edificios semellantes a cuartéis. Dise que istos pasaxeiros serán embarcados outra vez e devoltos os seus paises. Non sei a causas que motivan ista medida, mais sinto mágoa por aquelas persoas, que talvez sentían, coma min, os afáns de ver perto ista cousa incomparábel no mundo que é o espectáculo de ” Nueva York “.
Noso veleiro deconta a marcha e nos atravesamos con garbosas embarcaións, coradas por completo de branco, limpas e garbosas: son os ” Ferry-Boats “, que prestan servizo no ” Hudson “, portando pasaxeiros d’unha a outra ribeira do gran río.
Vexo agora, a pesar da lixeira brétema, os contornos propios d’esta banda de ” Nueva York “, erguida sobro da illa de ” Manhattan “; os seus altísimos edificios, ou rañaceos, sobre moitos dos cales ondula a bandeira norteamericana. Hai ciboiros dourados que reflexan os raios do solpor.
Imos pasando peiraos e máis peiraos: centos de vapores fan n’eles as súas operacións de carga e descarga, ou agardan a hora sinalada para a partida. Os hai con bandeiras de todos os países, o fume de tantas caldeiras da a atmósfera unha tintura algo luxada, as augas vense perxudicadas tamén un pouco de ista axitación de tantas hélices e de tantos escorros, e non ten o azul limpo que tiña en mar aberto. A marcha do noso veleiro vai acougando… . Oese a apito do capitán e o veleiro detense, outra vez o apito, e o veleiro xira lixeiro con a popa en direción a terra; con a axuda dun remolcador atraca lixeiramente nunha especie de dique, e fica amarrado xunta o peirao por unha banda, e xunta outros veleiros da mesma compañia .
Toda a pasaxe encontrase sobor da coberta. Pola escada do buque embarca un inxente cantidade de rapaces e empregados de hoteis: nos apañamos as nosas maletas y atendemos a baixar a escada. Traballo custounos polo amoreamento que alí acontecía. O fin, atopámonos en terra norteamericana.
Saímos do enguedello da compañia navieira e nos metemos no hotel máis perto. Ó pouco , un anaco de tempo, tornamos a sair e logo de percorrer un pouco, para encarreirarnos no plano, atopámonos fronte o parque da ” Batería “. Non poido imaxinar, ante o que agora vexo, tan inxente, que tan só 300 anos atrás, iste lugar fora unha pequena factoría holandesa. Aquelas rústicas cores, para ter a sensación de que decontaban vivindo no seu páis. Ergueron os seus fogares con tixolos vermellos, dispuxeron algunhas baiucas no seu xeito propio, e construiron un gran muiño de vento xunto a unha rústica fortaleza, armada cunha ventena de vellos canóns de bronze; aquel conxunto sinxelo e cheo de sentimento o chamaron ” Nueva Amsterdan “.
A pequena aldea fixose a maior cidade do mundo. Aquela nimia batería é agora o maxestuoso parque no que nos atopamos, situado no remate d’ista lingua de terra que é a illa de ” Manhattan “. Tomamos alí un autocarro e fumos parar a afamada rúa ” Broadway “. A rúa atópase materialmene chea de autocarros; polas beirarúas erra unha inxene cantidade de persoas febrís. Todolas sons de unha gran cidade chegan eiquí a un extremo verdadeiramente fastoso, as mil azueiras atordóan e a axitación pon nos ollos e no cerebro unha sensacón de tontura.
Ista rúa inmensa e azueirosa chea de unha converxencia cosmopolita, ten, nenbargantes, un oasis apracíbel diante da igrexa da ” Trinidad “.
” Wall Street ” é outra rúa chea de movemento e de vida: n’ela atopamos a ” Bolsa “, aloxada nun edificio de arquitetura clasica, con macizos piares. O seu arredor comeza a animación, e no seu adral oese unha formidábel algarada. Se un non soubera que alí os homes saldan cuestións de cartos, e se cadra fastosos cadales, podería coidarse que era aquelo unha casa de tolos, tal é o que se xesticula, berra e activa n’aqueles curros, que se obteñen por compreto a todo o que seña alleo o seu proveito.
A dereita e esquerda d’istas rúas erguen as súas altísimas valos de 20, de 30, de 40 e máis pisos. Inxentes portais dan entrada e saída a ondadas de humans, que se distribuen polos pisos d’istes inxentes inmobles, e que, rematados o seus traballos saen a rúa a axitarse novamente no redemoño inmenso da gran cidade.
A igrexa de ” San Pablo “, na ” Broadway “, que, cando se construiu, semellaba un coloso nas súas proporcións, fica hoxe empequenecida e como afogada, a beira da magnitude e altura exaxerada das construcións veciñas.
A plaza de ” Washington ” e o parque de ” Gramercy ” fornece un anaco de sedativo acougo n’iste cansazo non conturbado.
Pasábamos pola ” Quinta Avenida “, a máis popular e interesante das rúas de ” Nueva York “. Unha trama d’ela é o corazón do gran comerzo da cidade: inxentes e grandes mostruários danlle o paseante os xéneros máis variados, luxosas tendas mostran os fulgores da derradeira moda, e as belezas de todalas clases. É a rúa dos millonarios e n’ela vense fermosos pazos. Alí visitabamos a impoñente catedral de ” San Patricio “, que érguese entre grandes e confortábels hoteis e non moi lonxe da ” Biblioteca Pública ” da cidade.
A ” Quinta Avenida ” fica rematada por unha gran palza, na cal érguese a altiveza estatua de ” Sherman “; mais torna decontar a rúa, pasada ista praza, e entón bordea unha das súas bandas a verxa do ” Parque Central “, o gran parque de ” Nueva York “. Algo máis alonxado do centro azueiro de ” Nueva York ” abraianos o pazo do ” Museo Metropolitano del Arte “.
N’ista outra rúa, xunta os peiraos, vimos, o pasar, o gran monumento ónde se atopa a tumba do xeneral ” Grant “, o caudillo gañador do sur na guerra de secesión, e a da súa cónxuxe. vimos tamén a fastosa ” Universidad de Columbia “, a ” Escuela Normal de Maestros ” e as obras da que será a maxestuosa catedral de ” San Juan “.
O espectáculo de ” Broadway ” e da ” Quinta Avenida “, a noite é verdadeiramente fastosa: miles de anuncios brilantes espolan o seu exceso de candelas de cor en todalas altitudes, farois enormes proxectan a súa claridade sobor do pulido piche das rúas; as fiestras dos rañaceos semellan nenormes piares iluministas. A visión noctuna d’ista cidade é algo que, cando tivose o fado de ver, unha vez sequera, xa non se pode esquecer xamáis.
Sintome canso: son moitas emocións para pouco máis d’un día. Pai dime que mañan acougaremos, pois recea que tanta axitación podería perxudicar a miña saúde.
october jam · Englishman in New York(cover)