Outra carta con datos sobre Bolivia e Chile

Santiago, 29 de Xulio

Meu queridiño Fernando:

Recibin en ” Santiago ” as túas postais de ” Méjico ” e de ” Veracruz “; son moi interesantes e douche as grazas polo túa boa lembranza. Tí probabelmente, levarás  xuntas ista carta e a que te escribin fai 10 ou 12 días dende ” Lima “.

Hoxe vou darche novas de ” Bolivia ” e de ” Chile “, d’istos dous países do occidente suramericano, que tan interesantes cousas teñen.

Falemos, pois, de ” Bolivia ” primeiro. Debe o seu nome iste país, como tí es sabedor, o caudillo da soberanía americana, ” Simón Bolívar “. Con anterioridade chamábase ” Alto Perú “, porque nas súas características e nas súas condicións físicas, semellan moito, verdadeiramente, o ” Perú “. Ista república, polas contra a todalas demáis que atópanse cara o ” Pacífico “, non teñen saída o mar; pechanlle a saída territorios do ” Peru ” e ” Chile “.

A banda de cordal andina que se mete en ” Bolivia ” e moi elevada e seca, e a zona baixa, ou xungla, con clima tropical moi extremoso . Entre istas dúas zonas, emporiso, atópanse vales moi vizosos e con clima moi indulxente. Os ” Andes ” comopoñen en ” Bolivia ” altos altiplanos, de 2,500 a 3,000 metros e os bicos dos montes érgense a moita maior altura; o máis elevado, que è o ” Sorata “, acada 7,600 metros de altitude sobor do mar, semellantemente o ” Ecuador “, atópanse eiquí varios volcans en actividade e moitos outros en acougo.

A lagóa ” Titicaca ” é coma un pequeno mar interior; achase situado no alto altiplano e a 3,900 metros sobor do nivel do mar. Ten moitas illas e a surcan buques de vapor e outras embarcacións, que o atravesan de ribeira a ribeira. A ribeira norte da gran lagóa pertence o ” Perú “. A falla, pois, de auténtico mar, os bolivianos poden facerse o devezo  de ter un pequeno mar na súa gran lagóa.

En ” Bolivia ” abonda moito a ” Llama “, que é o animal imprescindíbel de todo boliviano, e que lle serve coma un camelo ou un cabalo; hay tamén ” Alpacas ” e ” Vicuñas ” e, nos bicos andinos aniñan os ” Cóndores “. entre as producións vexetais do chan son especialmente importantes o ” Café “, o  ” Arroz “, o ” Caucho “, a ” Caña de acúcar “, e o ” Maiz “; e entre as súas riquezas mineiras, teñense que citar as que foron afamadas minas de ” Plata ” do ” Cerro de Potosí “, preto da cidade d’iste nome.

A capital do país é a ” Paz “, con algunhas rúas tan costa arriba que semellan imposíbel poidan circular por elas os autocarros. Ten máis de 100,00 poboadores e se érgue perto da lagóa ” Titicaca ” e xunto a pradeiras vizosísimas. É tamén de importacia a cidade   de   ” Sucre “, que ostentou  tamén o título de capital, localizada nun colado a 2,800 metros de altitude.

” Bolivia ” é un país pouco poboado; a súa falla de ribeiras mariñas fai complexo o seu desenrrolo económico e iste fator atrasa ou empece dabondo o desenvolvemento do país, que alixeiraría deseguro en outro caso.

Pola banda oriental achanse grandes estensións salvaxes e virxes, que compoñen parte do ” Gran Chaco “. Sobor d’istas estensións queren exercer a súa soberanía ” Bolivia ” e o ” Paraguay ” e iso motivou, fai algúns anos, o estalido d’unha querra entre istes dous estados. Ambolosdous estados, loitaron porfiramente para suxeitar dito territorio, mais as trulladas paraguayas obtiveron certas vantaxes.

E vou a falarte de ” Chile “, que é o derradeiro páis que vou a revexarte, pois xa sebes que imos ficar en ” Santiago “. Eiquí chegamos fai tres días e perdoa se talvez non son abondo  obxetivo o falar do meu país.

” Chile ” compoñe, coma tí coñeces ben polos atlas, unha longuísima faixa xeolóxica de terreo, que se extende acadando en lonxitude, a metade da ribeira ocidental de ” América del Sur “; a súas distanza é semellante a que media entre ” La Coruña ” e ” Fernado Póo “. ( Xa ves que te poño como exemplo, paises que moi direitamente te atangue ¿ non é certo ? ).

Volta dicir a gran lonxitude do territorio de ” Chile “, xa entenderás que as condicións do chan e do clima son moi dispares na banda norte, que no centro e no sur. A banda norte ten un clima moi seco e a paisaxe do país é árido e desolado; só xunto os ríos que baixan dos ” Andes “, desenrrolase algunha vexetación, é moi rica en recursos mineiros; ” Salitre “, a gran riqueza de ” Chile “, ” Cobre “, ” Oro “, e ” Boráx “.

O gran peirao comercial d’ista zona é ” Iquique ” onde cargase o nitrato; tamén o é ” Antofogasta “, o perirao onde se carga o mineral da ” Plata “.

A zona central é de clima máis temperado e húmido; din que se asemella a vosa zona do ” Mediterráneo “; ista banda de ” Chile ” é a máis poboada, e é eiquí onde atópase ” Santiago ” e o seu peirao comercial ” Valparaíso “, os dous máis importantes centros urbás do país. De ” Valparaíso ” sae o ferrocarril que, remontando a barreira dos ” Andes “, comunicanos con ” Buenos Aires “. En inverno, por mor das neves nos altos portos andinos, ata fai pouco, faciase moitas veces transbordo e mesmo librar a pé algúns centos de metros. Hoxe as cousas resolveronse construindo un túnel, que evita ter que remontar o ” Paso ” embarulloso.

A zona meridional é de clima doce e máis chuvioso; mais no canto no que un vaíse achegando o seu, vai facéndose máis xélida e din que, nos aveciñamento do estreito de ” Magallanes “, a traza do país e o clima son semellantes a ” Noruega “. Os peiraos principais d’ista zona meridional son ” Valdivia ” e ” Punta Arenas “, iste derradeiro no mesmo estreito de ” Magallanes “.

” Chile ” é un país rico; os seus poboadores non poupan esforzo algún para  se incrementar a súa cultura. ” Santiago ” é unha gran cidade, con amplas e fermosas rúas, con maxestuosos edificios públicos, con unha mesta rede de trolebuses, que nada ten que envexar as cidades máis adiantadas de ” América “; a súa poboación  salva xa o millón e medio de poboadores e, tendo en conta a súa proximidade con ” Valparaíso “, no é exsaxeración supor que, dentro de poucos anos, chegarán a xuntar entre as dúas, máis de dous millóns de poboadores ¡ A metade de ” Buenos Aires “, xa ves !.

” Santiago ” cobre unha gran extensión; semella un parque no cal foronse dispor as contrucións . Unha gran avenida con vizosas árbores a atravesa, n’unha lonxitude de 6 Km.; é a ” Alameda “. Domea a cidade a pintoresca cimba de ” Santa Lucía “,e dende alí desfrutase d’unha belísima vista sobor do caserio, que xeralmente é de xeito español, con belas frontes as casas e tendo moitas d’elas un xardín interior, a semellanza da vosa belísima ” Andalucía “.

Temos moitos ferrocarris; toda a ribeira pode percorrerse con comodidade en nosos trens; posuimos tamén unha boa mariña mercante. Non nos fallan, pois, os dous primeiros fatores que axudan o adianto mercantil dos pobos. Contamos tamén con moitas escolas e dase eiquí crecente importancia as cuestións da ensinanza e da cultura.

Vou revesarte rapidamente os feitos máis culminantes da historia chilena.

Cando os españois apropiaronse de ” Chile “, noso país atopábase poboado polos ” Araucanos “, indíxenas que se caraterizaban polo súa valoura e polo seu espírito de independencia; foi iste o derradeiro país conquistado polos españois. Logo de dúas tentas sen éxito de ” Almagro ” e ” Camargo “, ” Pedro de Valdivia ” conseguiu establecerse en terreo chileno e fundou en 1541 a cidade de ” Santiago “; máis morreu a máns dos ” Araucanos “, sendo vingada a súa morte por ” Hurtado de Mendoza “, fillo do virrei de ” Lima “. Dise que é ista expedición figurou o gran poeta ” Ercilla ” e que, con o que eiquí viveu, compuxo o seu gran poema ” La Araucana “.

En 1561 foi establecida eiquí unha capitanía xeral, e, dende entón ata 1808, pouco de propio ocurreu en ” Chile “, coma non seña o traballo silencioso e constante dos labregos para ir desenrrolando as riquezas do país.

En 1818, acadou ” Chile ” a súa independencia, ainda que os españois decontaron domeando logo d’algúns anos na illa de ” Chiloé “.

O xeral ” O’Bigius “, que foi o primeiro presidente que exerceu unha verdadeira dictadura; seguironlle outros presidentes, e en 1866 interviu  ” Chile ” na guerra entre ” España ” e o ” Perú “, sendo bombardeado o peirao de ” Valparaíso ” polo pelotón de ” Méndez Nuñez “.

Prodúxose logo a guerra contra o ” Perú ” e ” Bolivia “, en 1879, rematando algúns anos máis tarde dándolle a vitoria a ” España ” que se foi desenrrolando sen aturar case loitas e insurrecións interiores.

E eiquí dou fin. Máis adiante, escribireite a ” Madrid “. Desexo que pasedes tí e teu pai, moi ditosamente o que vos resta de viaxe. Eu lembrote moito, moito. ¿ Volveremonos a ver outra vez ? ¡ Canto praceríame !. Deus o quererá, deseguro. Somos moi xoves, e, no decurso das nosas vidas, que poidemos dicir que agora comezan, se cadra teñamos a sorte de atóparnos de novo. Mais no canto de escreberme algunha vez, para que non langore entre nós unha amizade tan amabelmente lobada.

Saúda a teu pai, acolle as cordiáis lembranzas do meu e xa sabes canto te quere o teu amigo que enviache unha forte aperta.

SolSelectas · Ay Que Sera Del Sol – Rodrigo Gallardo

Os estados da Plata

O ” Río de la Plata ” é o centro da actividade e o eixo do desenrolo e do comercio de tres países  americanos:  da  ”  República  Argentina ”  especialmente,  do  ” Uruguay ” e do ” Paraguay “.

O terreo que da xeito a iste país amosa zonas moi propias, o noreste, na prolonga da meseta do ” Brasil “, a banda montuosa, a o oeste compoñen estribacións dos  ” Andes “, e unha gran zona central, constitúe a chamada do ” Chaco ” o norte, e a da ” Pampa ” o sur; e logo extendéndose fartuosamente cara ista banda, atopase a meseta, medio machorra, da ” Patagonia “.

En canto o clima, ” Paraguay ” o ten tórrido moi humido e seus montes xélido. Os bicos dos ” Andes ” o teñen extremado moi quente no verán e moi xélido en inverno, e a ” Pampa “, ainda que cálida, atopase suxeita a ventos moi fortes ( especialmente o chamado frampeiro ). Cando asubía n’ela o vento sur, o frío é xélido; e cando o fai o norte, producense fortes treboadas.

Logo do ” Amazonas “, o río de ” La Plata ” é o de maior percorrido de ” América ” ( 3,100 kilómetros ). Acolle as augas dos tres grandes ríos: o ” Paraguay “, o ” Paraná ” e o ” Uruguay “. O embocar no ” Atlántico ” é unha inxente masa d’auga, con pouca corrente e de tintura amarela-vermellón ( cor de tixolo ), que se alonga ate acadar unha longura de máis de 300 kilómetros. Non hai que dicir que, a náutica por él, e se non fora pola súa cor avolta das súas augas, o viaxeiro non se da conta de atoparse nun río. A vida non pode acadar os confins das xunglas.

No ” Chaco “, chaira dilatada e sen moitos ríos, desenrolase unha vexetación  de balseiras: como árbores, danse alí só as acacias, o quebracho, algunhas palmeiras e as figueiras chumbas, a ” Pampa ” é a pradeira extensión fastuosa sen árbores, e os poucos que alí se atopan, desenrolanse pouco, por feito da gran sequedade provocada polas contadas choivas o longo de seis meses cada ano. Ista gran chaira do silurio e da soedade é a que inspira as cantigas arxentinas. A ” Pampa ” pode dicirse, en verdade, que é a obra de ” España ” subsistindo na ” Argentina “, istas pradeiras de hoxe, foron terreos baldíos cando os españois colonizaron o país, mais fora do tesón e do traballo, fixose a ” Pampa ” produtiva. Os cabalos salvaxes, os touros e os carneiros que son hoxe en día a súa riqueza, foron principalmemte importados polos españois.

No medio d’esta chaira non hai apenas cidades: istas foron erguidas xunto o río, perto dos montes, onde os vals, acollen as augas dos ríos, acadan moita vizosidade. Na ” Pampa ” atopanse só as grandes celeiros para a cría de recuas inmensas, que están o coidado dos ” Guanches “, así chamanse os xinetes e pregureiros que saben coidar dos touros e os cabalos salvaxes botandolles o lazo, ó lixeiro percorrer dos seus corrais.

O ” Paraguay ” foi descoberta po ” Sebastián Cabot ” en 1527 e foi poboado diante de a ” Argentina “. En 1608, o rei de ” España “, ” Felipe III “, encomendou os pais ” Jesuitas ” a colonización apracíbel do país, e aqueles relixiosos erixiron centros que acadaron forte significación. Ó ser botados os ” Jesuitas “, foi o ” Parafuay ” a veciñanza da ” Plata “. Perdeu a súa independencia en 1814, sendo elexido dictador o ” Dr. Francia ” que decotou no goberno do país ate 1840.

De 1865 a 1870 , o ” Paraguay ” tivo que manter unha longa guerra contra ” Brasil “, ” Uruguay ” e ” Arxentina ” xuntos, coma resultado dunha política violenta do ” Presidente Paraguayo ” ” López “, ista guerra luíu e desbaratou iste pequeno país, que a fortes mágoas, puidose librar d’ista conflagrazón  a súa propia independencia, o seu terreo rematou entón empequenecido a 253,000 kilómetros cadrados.

Hoxe vai desenrolándo sosegadamente as riquezas naturais, atópan, nembargantes, a cuestión dos terreos do ” Chaco “, en litixio con ” Bolivia “, e que as veces ameaza a paz de ambolos dous países.

A capital do ” Paraguay ” é ” La Asunción ” con 125,000 poboadores, contando con edificacións notabels.

Abundan eiquí as fragas: atópanse tamén numereiras lagóas e encalcos, e se cultivan moito a chamada ” Yerba Mate ” con a cal se fai unha bebida a cal amosanse moi amadores os americanos.


E ” Uruguay ” é un pequeno estado que ten só 179,000 kilómetros cadrados. Descobertas as súas costas en 1516 polo español ” Juan Díaz de Solís “, pode dicirsee que os españois non decotaron a colonización ate o século XVII. ” Bruno Mauricio de Zabala ” fundou  en 1724 a cidade de ” Montevideo “.

” Artigas “, capitaneando un alzamento, procalmou a independenza do ” Uruguay ” en 1815, mais iste pequeno país cadrou d’aquela en poder dos potugueses, que se apoideraron de ” Montevideo ” e xuntaron iste terreo o do ” Brasil “, coma unha provincia máis ( Provincia Cisplatina ).

Tempo despóis, en 1825, apoiados pola ” Arxentina “, conseguiron reporse os uruguaios en liberdade:  pasou unhas datas moi complexas, ate que o xeneral ” Flores ” gobernou maxicamente o país, sendo asasinado en 1868. Seguiu outro espazo de loitas entre brancos e colorados, e recentemente normalizouse a vida do ” Uruguay “, que acada fitamente por un camiño de desenrolo e adianto.

O terreo é crebado, mais as súas variacións non acadan moita altura: istas variacións, moi correntes no chan uruguaio, chamanse cuchillas.

Pola súa posición no nacente do continente americano, ista república coñecese tamén polo nome de ” República Oriental “: as súas produccións do agro son as mesmas que as da ” Argentina “.

A capital do ” Uruguay ” é ” Montevideo “, cidade de máis de 400,000 poboadores, con rúas maxestuosas e moi belos edificios: universidade, escolas, biblotecas. Atópase a o oeste unha colonia chamada ” El Cerro “, dende a cal vese, maxestuoso, a paisaxe da cidade, con as súas casas erguidas en anfiteatro, o revolto movemento do seu porto e o gran acopío do río.


A ” Argentina “é, logo do ” Brasil ” o maior estado da ” América del Sur ” e posibelmente o cabo duns anos constará entre as primeiras nacións do mundo: tal é o lixeiro do seu crecemento e desenrolo.

A migracíon dos europeos dou un xeito cosmopolita a ” Argentina “: istes colmaron a capital e distribuíronse pola ” Pampa “, compartiron cos indíxenas e os gauchos os xeitos das explotacións do agro e gandeiras.

A ” Argentina ” aproveita en fondura as súas dúas grandes fontes de riqueza: o agro e a gandeira. A primeira a representan grandes estensións nas que se cultivan trigais, millo, e liño fundamentalmente. A segunda a compoñen rabaños infidos de carneiros, de bois e vacas, de cabalos e de porcos.

Con anterioridade as bestas pastaban ceibes polos prados baixo a vixiancia dos gauchos ou pegueiros: hoxe atopánse as estancias, que son grandes estensións pechadas con aramados, onde os gandos pastan con maior movilidade e con menos traballo para refuxalos.

A vía férrea arxentina é a máis extensa da ” América del Sur “: chegan as vías a gran altura no ” Brasandino “, que conecta a ” Argentina ” con ” Chile “. O comercio faise en boa parte por vía fluvial empregandose ademáis o río de  ” La Plata “, o río ” Paraná “, que é accesíbel os vapores ate ” Rosario “. Os grande portos do país son os de ” Buenos Aires “, ” Rosario ” e  ” Bahía Blanca “.

Daniel Ara Music · Al Cantar – Platero y Tú (COVER VERSION)

Os países sudamericanos do Atlántico

Mentres o tempo que empregamos no aire mareiro de ” Veracruz ” a ” Nueva York “, pai amosoume na biblioteca do veleiro, unha información moi interesante, sobre os países sur-americanos. Por outra banda, o afable oficial do veleiro, que canto cámpanos con a súa bóa amizade e con as súas repetidas atencións, dame a cada intre xustas informacións sobre de todo canto estima poida serme de utilidade para o meu estudo:  e coma xustamente, fixo namentres algún tempo a ruta da ” América del Sur ” e tres ou catro veces  a viaxe de ” Buenos Aires – La Habana “, coñece moi ben ista parte do continente americano.

Con as súas explicacións; con o que me contan compañeiros de viaxe, algúns d’eles arxentinos, barasileiros,e uruguaios; con os moitos ditos, mafas e apacibels que poido lograr na sala de lectura do veleiro e con a axuda de pai, vou tentar concretar n’este caderno de propostas e recordos, alen do que poiden aprender referente a aqueles países sudamenricanos.

Xa se coñoce que a gran ” Cordillera de los Andes ” é como a sarta da  ” América del Sur “: tan inxente  cadea montuosa extendese  dende ” Panamá ” ate o  ” Cabo de Hornos “, ou seña ate o punto máis meridional da ” América “, acadando unha lonxitude de 7500 Km.: a súa amplitude troca entre 90 e 300 Km., segundo as rexións : n’algunhas difundese ou faise máis mesto, tal acontece na colosal meseta de ” Bolivia ” e o forraxe do ” Ecuador “, foma coma tres vertentes abertas en abano e na dirección o mar das ” Antillas “.

A zona máis erguida dos ” Andes ” concorda os territorios de  ” Chile ” e de  ” Colombia “: n’aquelas altitudes formanse as neves durante todo o ano e presenta alí a cordilleira de numereiros volcáns en actividade, non sendo tampouco extrano os lagos nas elevadas chairas. Nas terras veciñas a iste cordal son moi correntes os tremores de terra, as cales as veces levan a terribels catástrofes nas cidades alí atopadas.

Vou a comezar ista relación por  ” Colombia, Venezuela e as Guayanas ” : decorarei logo con ” Brasil ” e logo rematar con os estados de ” Haití, Urguay, Argentina e Paraguay “. Polo que fai alusión os países do ” Pacífico “, penso que o meu prezado amigo cumprirá debidamente a súa promisión e enviarame, tal vez a ” San Francisco “, pois xa lle dixen o hotel no que alí ficaríamos, algunhas notas dos países nos que se atopa agora, na súa viaxe a ” Santiago ” e tamén ” Ecuador, Perú, Bolivia e Chile “.

Boa parte da ” América del Sur ” na rexión típica das xunglas virxes; o ” Guaru ” como as chaman os indíxenas: e istas xunglas atopanse constituidas por unha vexetación moi abundante. Árbores que erguen as súas polas ata cotas de 60 e 70 metrros, vexetación nebulosa, e pola cal é tan imposibel facer camiño, a luz mingua polo boscaxe da forraxe sen poderse filtrar ate o chán das xunglas non sendo en moi contada cantidade, e así menten a zona máis baixa en vivaces núcleos.

Enriba, entre o forraxe e polaxe das xigangescas plantas, unha actividade de cantos e chíos: numereiros simios brincan, colganse das polas polas súas colas; variedades de paxáros de vívidas cores e relucentes dan a súa nota de cor e vida a aquela xungla vizosa, e agochados na maleza, as bestas perseguen as súas presas, xuntando o estridente son dos seus alouridos a polifonía azueira dos paxáros e simios. Dinme que é imposíbel descobrer con fidelidade, semellante exhuberancia de vida e cor, mais eu creo imaxinarme a beloeza de semellantes rexións e a gran vizosidade do chán que tal vexetación sostén.

Naomi Wachira · Burn Me