Curioso é a traza do Atlántico n’algúnhas zonas a medio camiño entre as Illas Azores e as Antillas. Parece que n’elas o veleiro escorrega en col do céspede dunha verde pradeira. Abondosas pradeiras de oucas aboian sobre o mar e o cobren dunha covertura de viva coloracion verdosa.
Dime afablemente un oficial da galera, que se fixo moi amigo de Pai que cando descubriron estas ribeiras, os homes a o atoparse con estas pradeiras maniñas e verse detidas n’elas, a pequenas chalupas, créron chegar o linde do Océano. Ista zona rexión do Atlántico e a que ven sendo en xeral “Mar dos Sargazos”.
Iste distinguido mariño que tan afablemente contesta as miñas inquiras, faloume hoxe das grandes correntes mariñas que se orixinan no Atlántico, unha é a que leva o auga fria das rexións Árticas cara o Ecuador e a outra e a que leva o auga canela, da zona ecuatorial cara as ribeiras de Europa, ista segunda corrente que é a chamada do “Golfo”, orixínase no Golfo de México e chega ata o Océnano Glacial do norte pasando xunto das ribeiras europeas e temperando así o clima das mesmas. Por mor da calor ista corrente cede a atmósfera o clima de Iglaterrra é tolerábel, como tamén o de Escandinavia.
Se ista corrente non existira, probabelmente toda as parte das ribeiras abranguidas entre o norte de Francia e o norte de Noruega, serían dun clima extremadamente xélido, no que non lle sería posible o home habitala.
Imonos achegando as Antillas: Din que en cinco días e e medio ou se cadra seis, poderemos salvar a distancia que se atopa entre o porto D’Coruña ata La Habanna é unha velocidade moi considerábel se a contexamos con o tempo que prescisaban as primeiras Carabelas que facían o vento mareiro do Atlántico para ires dende Europa ate América; entón botaban uns tres meses, e isto contando que os ventos nos lles foran desfavorabeis ou en exceso, por que se diran casos en que unha d’aquelas naves veleiras, o estar case para chegar as ribeiras de Portugal de volta de América era collida por unha treboada, e o vento empurrabaa de volta outra vez, con terríbel velocidade, ate as mesmas ribeiras de América; total que en dez ou doce días de soprar aquel vento desfavorábel a nave botaba a perder as millas gañadas en dous meses e atopábase case de novo no mesmo lugar de saída.
O aplicarselles o vapor os buques acurtanse abondo o tempo empregado no vento mareiro; no comezo do século XIX o buque “Savanah” fixo en vinteseis días a viaxe de Nuva York a Liverpool (Inglaterrra). O establecerse a grandes liñas de vapores a mediados do século XIX, empregabanse uns quince días para percorrer a distancia de Inglaterra a os Estados Unidos.
Este tempo parecinanos hoxe de máis, se temos en conta que os grandes transatlánticos dos nosos días percorren iste traxecto nuns cinco días e ainda máis se consideramos que recentemente un dirixible salvou a distancia escasamente en tres días, apesares de que tivera que enfrontarse a unha forte treboada.
¿ Quen poderá pasar nunha mañá relativamente perto, se non sofren interrupción os constantes progresos da aviación e si adecota persistindo iste afán de incrementar cada día máis as velocidades ?