Ter una casa en Chachahuì sobre do cume
do Cùndur-Cùndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter una casa en Chachahuì
a ver no fondo do precipìcio o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.
Ter unha casa en Chachahuì
e escoltar à noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o mìar estremecedor do puma negro.
Ter una casa en Chachahuì,
esquecerse do tempo, estar a o pè dun deus antiguo
amigo do sol.
Ter una casa en Chachahuì.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son màis grandes.
Ter una casa en Chachahuì.