Manuel Antonio ( Foulas, 1922-1925 ) “Mariñeiro da ría”

Folleou nos vieiros do mar

insospeitados atlas de estrelas

e a partitura das maregadas

que a eslora quer desacompasar.

Atracou outras noite

as constelacións artificiaes

das cidades varadas

dibuxadoras da sorrisa

dos oitavos pecados capitaes.

No seu lírico álgum da Ría

rubran antípodas decoracións.

O seu remo soneante

as vegadas

sofre un exerto de nordecía.

Trouxo de cada meridian

uns ouvidos políglotas

un novo retrato do splenn

e un taravico tatuado na man.

Nas tardes deitadas ó sol

o cachimbo saudoso

ven a follear o xornadario

interliñado nas follas do rol.

O serán

vainzos zugando o sangue

Hai un ronsel que nos chama

S.O.S.

A cruz dos afogados

no con

ergue o seu crucificado radiograma.

Eduardo Modesto Blanco Amor ( En poemas galegos, 1980 ) “Veiramar”

Veira da mar, noite mesta.

No lombo do ceo, escamas

de bulideiras estrelas.

Lua poñente. Gadaña,

sanguiñosa boca abierta

agoreira, esfmeada.

Lóstregos na lonxanía.

Ollo chucscalleiro o faro,

voltando, mira que mira.

Un pico trece una coita.

Chirlatexa un mouricego.

A mar nos penedos rosma.

Falan os arbres ao vento.

Pola veiramar bogando

va as barcazas do medo.

As sombras dos malfalados,

os mortos polos feitizos

que non fotón soterrados.

Nas aguas luz de pezoña.

Polos caminos da lúa

miña nao esbara sola.

Arde o corazón, na arela

dunha arcana saudade…

Veira da mar, noite mesta.