Estou moi ledo por que coñecín istas afastadas illas de ” Hawaii “. Eu semellaba chegar a uns illotes poboados por xente de cor morea, espidos e vivendo unha vida miserenza, e me atopo con unhas illas moi grandes, con poboación de ” Caucásicos ” e ” Melanesios “, poboando cidades belas, e levando n’elas unha vida semellante a nosa.
Aínda que todas as illas d’este archipélago son de orixe volcánico, n’elas atópanse unha vizosa vexetación.
O noso veleiro atracou no peirao de ” Honolulú ” na illa de ” Oahu “. Iste perirao é o de maior inportancia de ” Hawaii “, ainda que ista illa na que nos atopamos no é tanto como a propiamente chamada de ” Hawaii “. N’aquela atópanse os máis altos cráteres e teñen unha lagóa de lume, o ” Kilauea ” , que din é único no mundo. Pola noite, o fulgor das rochas líquida e acendida do seu cráte aspalla o seu arredor unha iralidade púrpura que alumea sinistramente coma unha gran queima.
O hawaiianos teñen gran pola música e polas frores, tamén interesanse pola súa cultura e abondan as biblotecas en todalas partes.
Logo de ancorar o noso o veleiro no que imos, amenizeime vendo o redor do casco do mesmo as atitudes de moitos nadadores, que ían o fondo do mar a recoller as moedas que a pasaxe do ” Colombia “, ancorado a veira do noso veleiro, lles botaban.
Con pai pasearamos un anaco de tempo pola cidade. Chamoume a atención ver eiquí moitos autocarros e uns tesos gardians da forza civil, baixo uns grandes quitasoles, regulamentando o transitar dos carros e peóns; como nas cidades do noso país.
Visitamos o gran ” Aquarium ” afamado por conter numereiras de peixes do ” Pacífico “, de interese polas súas formas extranas, e polas súas cores belísimas e algúns por alumear o axitarse nas augas.
Os arrededores de ” Honululú ” contan con belas veciñanzas, que dan xeito a unha chea cidade xardín.
Tornamos o veleiro o solpor da tarde, e non pasa moito tempo en escoitar o replique da campá do veleiro, anunciando a nosa vindeira partida.
Mentres saímos da bahía, navengando e dando conta a babor e estribor de numereiros buques, comeza a acenderse, na cidadde, as liñas de puntos das luces das súas rúas.
Agora, navegamos xa con rumbo direto a ” Yokohama “. Atopámonos a 2000 millas de ” América ” e faltanos por percorrer 3000 máis para chegar o ” Xapón “.
Dinme que empregaremos oito días, sí o tempo é favorábel.
Así seña e que Deus nos protexa.
O Pai ” Eliberto ” cumprindo a súa afabél promesa, contoume varias cousas interesantes refentes a istas illas oceánicas.
Dime que, na contra da opinión que sosteñen os ingleses, de que as illas ” Hawaii ” foron descobertas polo navegante ” Cook “, hachanse documentos que proban que foron españois os seus descobredores: os mariñeiros ” Juan Qintán ” e o xeneral de ” Villalobos “, acadaron ancorar n’istas costas no século XVI, e ” Cook ” chegou a elas moito máis tarde, posto que non o fixo ate 1778. Iste gran explorador do ” Pacífico “, que navegou tamén por outros mares faleceu na illa de ” Hawaii ” en 1779.
Contoume tamén que así como en ” Hawaii ” atópase unha lagóa de lume, en ” Nueva Zelanda ” había outra, chamado en ” Mahorí ” a lingua de aqueles indíxenas ” Kotomahorianos “, que quere decir lagóa quente, na cal podíase navegar sobor dunhas augas máis que tibias. E imaxino que n’elas debe ser moi confortábel sobre todo para os baneiros de inverno.
Indicame algúns d’istes grupos espalladas por istas inmensidades de auga: só algunhas, porque dise que as hay a milleiras, algunhas se cadra non descobertas ainda e dabondo non exploradas. Iste gran océano é como as estrelas no ceo, atópanse en número incontábel, se tomamos por tales, númereiros illotes de corais que dan xeito mesto os recifes.
Na ” Polinesia ” son de gran importancia as illas ” Marquesas ” de ” Dormatú ” e da ” Sociedad “, as cales pertencen a ” Francia “: as illas ” Cook “, ” Tonga “, ” Fidji ” e da ” Unión ” que atópanse baixo a soberanía de ” Inglaterra “: as de ” Samoa ” pertencen hoxe os ” Estados Unidos “.
Dime tamén o Pai ” Eliberto ” e o confirma meu pai que, o viaxar de ” Oriente ” a ” Occidente “, como facemos agora nos, seguemos o mesmo rumbo que a ondada de luz que nos manda cara o sol día a día, e que percorre toda a terra constituindo o día; se estivéramos quedos, defrutaríamos de todo o tempo que dura o día, mais como seguemos o mesmo rumbo que a luz resulta que cada día perdemos un pouco d’el. Con a velocidade que levámos desaproveitamos perto d’unha hora o día. Dende a nosa saída de ” San Francisco ” levámos de destaxio, pois de 8 a 9 horas.
Se fóramos adecontando a viaxe ata dúas voltas completas a terra, o acharnos novamente en ” San Francisco ” haberíamos botado de conta 24 horas.
Para correxir ista diferencia de tempo, que xa percibiu ” O Cano ” cando por primeira vez que deu a volta o mundo, e que menciona tamén ” Julio Verne ” nunha das súas interesantes novelas de viaxes, estableceuse na actualidade que , o chegar os buques o meridiano 180, que é a ” Antípoda ” do de ” Grenwich ” ( Polo cal se comeza a contar os meridianos ), se o buque vai rumbo ” Asia “, ou seña seguindo o mesmo rumbo que segue sobor da terra a luz do sol, suprimese ou desconta un día. E se vai en direccón a contra, ou seña cara ” América ” repiten ou duplican un mesmo día. Cando a supresión debera recaer en domingo, postérgase xeralmente ata o luns.
É curioso todo él e non deixa de orixinar unha grande impresión.
– ¡ Perdin un día da miña vida. !
¡ Teño un día máis sen vivilo. !
Summer Salt · Driving To Hawaii