O Pacífico

¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.

” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.

” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.

O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.

No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.

Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.

A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.

Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.

O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade  e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.

Dime pai  que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.

 

Herencia de Timbiqui · Pacífico

Unha carta con novas do Ecuador e do Perú

Meu querido Fernando:

Escribote hoxe dende ” Lima “, a capital do ” Perú “, onde chegamos ontes; fixemos parte da viaxe en autocarro por facerse máis rapidamente que en ferrocarril, xa que eiquí o país é dabondo crebado na ribeira, e os trens non poden acadar grandes velocidades.

Procurei mercar, sobor iste país e sobor o ” Ecuador “, que deixamos antonte, unha información breve e lixeira, e complaceme en comunicarche, por si nos meus datos podes atopar algún de interese para as túas notas de viaxe que, en tal caso, serán nosas notas.

Antecedendo, pois, con orde, vou falarte do ” Ecuador ” e logo falareite do ” Perú “. Ti sabes ben que o ” Ecuador ” chamase así por cruzar o seu territorio a ” Linea Ecuatorial “.

No chan do ” Ecuador ” campan perfetamente tres zonas paralelas: a ” COSTA “, os ” ANDES “, e a ” SELVA “. A zona da ribeira ou linde co mar  ten só de 20 a 200 kilómetros de amplitude, seguindo logo dúas cadeas montuosas paralelas, afastadas entre sí por uns 60 a 65 km.. O terreo que fica entre istas dúas dúas liñas de montes dan xeito a un altiplano de uns 3,000 metros. A capital ” Quito “, atópase erguida no relinde occidental d’iste altiplano, a 3,000 metros sobor do nivel do mar.

A zona andina do ” Ecuador ” ten unha gran actividade volcánica: algúns volcans están en erupción e outros moitos fican en quietude. Os máis acolloantes, polas seus inxentes proporcións, son, o ” PICHICHA “, a cuxo pe atópase a cidade de ” Quito “, o ” CHIMBORAZO “, situado un pouco máis o sur e o cal ergue a súa mol ata 6,310 metros.; o ” COTOPACHI “, e o ” CHILES “.

É curioso notar, que istes volcáns ecuatorianos non arroxan case ningunhas lavas, senon auga, cinzas e anacos de rochas.

O clima é tropical nas zonas baixas e moi agradábel no altiplano ou ” TIERRA FRESCA “: hay anualmente unha estación de abondantes chuvias que constituen o incerno do país, e outra estación seca, que é o verán; o mes de Xulio, é, eiquí o máis xélido do ano.

Os produtos do chan ecuatoriano son: o ” CACAO ” fundamentalmente, o ” CAUCHO “, ” PIELES “, a ” TAGUA ” ou marfil vexetal e ouro, en menor suporte. En canto as súas indrustrias, son ainda poucas; mais é propio d’iste país a produción do chapeus de ” Jipi-japa “.

Amáis de ” Quito “, que é a capital, e que conta con máis de 200 mil poboadores e posúe belos edificios nos cales aloxanse as dependencias e servizos do goberno e os centros culturais superiois do país, é de importancia ” Guataquil “, o gran peirao comercial do ” Ecuador “, cidade de poboación por riba da capital; tamén é importante a cidade de ” Cuenca “.

A unhas 500 millas da súa ribeira, o ” Ecuador ” posúe as illas de ” Colón ” ou de ” Galápagos “, pouco poboadas.

Os territorios que forman hoxe o ” Ecuador ” pertencían con anterioridade o pobo ” Quichúa “, cuxo xefe ostenba a titularidade de ” Quitus ” ou emperador, do cal deriva o nome da capital.

Cando o capitan español ” D. Sebastián de Benalcázar ” chegou a terras do ” Ecuador “, por orde de ” Pizarro “, e conquistou o reino de ” Quito “, cara medio século que iste país atopabase subxugado a os incas do  ” Perú “.

Xa en poder de ” España “, aderiuse primeriro o virreinato do ” Perú “; mais no século XVIII foi anexado o virreinato de ” Nueva Granada “.

En 1809 produxose un levantamento para preogar a independencia do país: poido sufocarse aquella tentativa, mais, recuncados os feitos en 1822, e logo da duro combate de ” Pichicha “, o xeneral venezolano ” Sucre ” logrou a proclama da independencia.

Unha vez ceibes, admitiron os ecuatorianos a constitución de ” Colombia “, uníndose a ela: mais en 1830 afastáronse e fundaron o estado do ” Ecuador “.

Iste país, é un dos que máis traballaron pola cultura, facendo obrigatoria a esinanza e xerando numereiras escolas e establecementos de cultura superior.

É, indubidablemente, un país dun gran porvir, feito o patriotismo e a labourosidade dos seu poboadores.

Respeito o ” Perú “, me din que, nos primeiros anos da colonización española, o seu territorio foi moito máis amplo que o que ten hoxe. Case todolos territorios da ” América Meridional ” dependían entón do ” Perú “, ónde  ” España ” fixou a capitalidade dun dos virreinatos.

A fortuna chegou a ser grande eiquí, pois o subsolo é moi rico en metais, entre eles a prata: isto deu lugar a que, cando se quería avaliar a riqueza dunha cousa,o vulgo soía e soe dicir ” Vale un Perú “.

O territorio d’iste país é moi dispar, un pode imaxinalo denotado por tres zonas, a semellanza do ” Ecuador “: a ribeira a cabalo entre os ” Andes ” e o ” Pacífico “; a zona andina, empinada e pobre, e a zona interior, baixa e tropical, regada por algúns dos afluintes do ” Amazonas “.

A zona máis poboada e civilizada do país  é  a ribeireña, ónde se atopa ” Lima “, que é unha cidade moi fermosa; xunto a ela atópase o peirao do ” Callao “.

As altas zonas andinas son desertas e maniñas: só viven alí algúns montés coidando do seus rabaños de vicuñas, llamas e guanacos. Din que é tétrico o espectáculo d’istes montes espidos, con herbas miserentas e case secas, facéndose a respiración arela pola altitude e a vista cega polo exceso de luz, a semellantes antiplanicies desoladas as chaman os peruanos ” Puna ” e tamén chamn así o ” Mal de Montaña ” sen dúbida por sentirse n’elas as molestias de dito mal.

Os vales pola contra, son fermosos e vizosos: nun d’eles atópase a cidade de ” Jauja “, respeito da cal tan pitorescas e foliadas descipcións se fixeron, esaxerando, naturalmente, as condicións de vizosidade do seu chan.

A banda baixa do país, na zona interior, atópase chea de fragas vírxenes e poboada ainda por indíxenas nun estado pouco civilizado. N’ista zona abonda o caucho.

Polas diferenzas do nivel das súas terras, produce o ” Perú ” unha gran variedade de prantas unha das súsa principais esportacións é a ” Quinina “, pranta que vive nas vertentes andinas; nas bandas máis baixas e veciñas a chaira,

Antes de chegar os españois o ” Perú “, domeaban eiquí os indios chamados ” Incas “, os cales acadaban un grao dabondo regular de cultura, que rematou nun apoxeo acadado durante o imperio de ” Buayna Capac “, en 1525. As guerras civís que estalaron entre os sucesores d’iste emperador, axudaron moito a conquista feita polos españois.

Ainda cando en todo o país falabase español, os indios que poboaban nas zonas andinas e nas rexións chairas non recoñecidas ainda, falan o primitivo idioma do país, o ” Quechua “

No  ” Perú ” os ferrocarriles son de costosísima construción , teñen que librar grandes desniveis en poucos kilómetros, o cal fai xusto notábels obras de enxenería. Como por exemplo direiche que o ferrocarril de ” Lima ” a ” Oraya ” ten que acadar unha altura de 4,834 metros en só 170 kilómetros de percorrido.

Amáis de ” Caña de Azucar “, de ” Carbón “, de ” Algodón ” e de ” Caucho “.

” Arequipa ” é o que podería chamarse a capital do sur de ” Perú “. ” Trujillo “é unha cidade que se atopa na ribeira norte, ista foi fundada por ” Pizarro ” en 1534.

Na ribeira peruana atópanse as afamadas illas ” Chinhcas ” , notábels polo amoreamento n’elas das deyecións das aves mariñas, chegan a constituir moreas enormes de ” Guano “, que utilizanse para abonar os campos. ” España ” apoderouse en 1864 d’istas illas como garantía dunha rechamada diplomática; e non sendo ista atendida, a escuadra española, as ordes de ” Méndez Núñez “, bombardeou o perirao do ” Callao ” en 1866.

Habianse orixinado, namentres istos derradeiros anos, diferenzas entre ” Perú ” e ” Chile ” por cuestión do territorio ónde se atopan as poboacións de ” Tacna ” e de ” Arica “, mais cada un d’istes estados quixeran apodeirarseas.

Recentemente, os ” Estados Unidos ” exerciran a súa mediación, concedindo ” Tacna ” o ” Perú ” e ” Arica ” a ” Chile “.

Bo: penso que xe te fatiguei dabondo enchendo tantas páxinas; enviote á parte unhas postais ilustradas para que elas te axúnden a axeitarte millor idea d’istes países.

Meu pai encargoume con benquerenza saúdos para o teu e para tí, e eu tamén rogote teñas a bondade de dar de novo a teu pai moitas grazas polo maxestuoso agasallo  que me fixo na ” Habana “, e que gardarei y lembrarei sempre.

E tí, meu queridiño Fernando, dispón como queiras do teu bo amigo que non te esquece. -” JOAQUÍN “

 

El Grupo Jatari · El Grupo Jatari: Folk Music of Argentina, Bolivia, Chile, Ecuador, Peru and Venezuela

Buenos Aires

A poboación da ” Arxentina “, en ista excepción, a súa maior extensión, é pouca: por ista causa o campo d’eiquí, unha gran recua atópase en soedade. Fío de tardiña en tardiña os contornos de algúns pobos escachan a monotonía da gran chaira deserta. A ferrovía adentrase na ” Pampa “, atópanse alí numereiras lagóas pouco fondas sobor das cales abanean mandadas de parrulos salvaxes. A natureza, n’estas zonas ” Argentinas “, amosanse con toda a bioma das rexións fragosas e vírxes.

Istes terreos, fai algún tempo, apenas sí tiñan valoura: mais hoxe o van adquirindo dun xeito gradual, e non digamos os altos prezos que van afogando os que están máis perto as cidades e a capital, senlleiramente moitas das grandes cadales  que se fixeron en ” Argentina “. O foron mercando terreos a baixo prezo e vendendoo logo dun tempo a precios máis elevados. E isto fora posíbel, polo gran desenrolo que o agro e o gando fora acadando e polo lixeiro crecemento das cidades especialmente na capital.

” Buenos Aires ” desenrolouse tan lixeiramente e en tal grao, que hoxe é a maior cidade da ” América del Sur ” e unha das grandes cidades do mundo. o ” Nueva York ” da ” América  Latina “.

Erixida en 1536 por ” Pedro Mendoza ” na ribeira do río de ” La Plata “, o comezo foi unha modesta cidade que non se desenrolou moito por non morar n’ela a capitalidade de nengún virreinato español: o ” Perú ” enton, era o gran centro das colonias do sur. Mais en 1716 se lle deu a categoría de capital de vicerreinato e dende entón pode dicirse que forte o seu paulatino desenrolo urban.

En 1810 por culpa da guerra da independencia. ” Buenos Aires ” pediu a riqueza que lle daba a súa anterior capitalidade, e veuse desfeita polas fortes loitas que decontaron o momento de acadar o país a independencia.

N’aquel tempo a poboación de ” Buenos Aires ” foi so de 50,000 poboadores, e con pouca diferenza foi tendo iste censo ata 1850 ou 1860. Entón comenzou a acadar un lixeiro desenrolo e, por mor das grandes correntes migratorias de españois e italianos en esenza, acadou xa en 1885, 365,000 poboadores. A poboación seguiu crecendo, chegando o millón de poboadores en 1908 e superando na actualidade os dous millóns.

O aire da poboación é algo monótono, por curtarse todalas súas rúas no senso perpendicular, dándolle o seu plano un gran cadro; os edificios son en xeral, de pouca altura, o cal da unha propagación inxente a capital. Ten rúas que miden moitos kilómetros de lonxitude e a numeración dos edificios acada n’elas díxitos que en ” Europa ” semellaban fastuosas.

O porto ten unha forte actividade comercial, e o primeiro porto da ” América del Sur “, uns peiraos, diques, almacéns e galpóns distribuense nunha lonxitude de máis de 9 kilómetros.

” Buenos Aires ” é, a máis, o verdadeiro centro cultural da ” América del Sur”: non porque en todolos demáis países non se esmeran e preocupan, senon polas vantaxes que lles da a súa situación e a riqueza da súa capital. Os poboadores máis destacábels de todos os países europeos son chamados a dar convencións e chácharas nas ” Universidades Américanas “, e como a primeiras da súa vida ou a fines d’ela, ” Buenos Aires ” é centro obrigado de case todas.

Ten a capital maxestuosas biblotecas, escolas, universidades e librarías; todos os elementos de estudo que son a base para unha formación. Ten indagadores, intelectuáis, literarios, eruditos, filósofos, ou seña todolos elementos que compoñen unha verdadeira cultura.

A longuísima rúa de ” Rivadavia ” que parte a cidade de ” Buenos Aires “, de banda a banda: é ísta unha gran bulevar central que mide máis de 18 kilómetros de lonxitude, a súa amplitude é , nos tramos fundamentalmente de 9 metros, e nas medians de 2 metros. Paralela a ista arteria atópase a rúa de ” Santa Fé “, tamén dunha gran lonxitude e moitas outras máis.

A ” Avenida de Mayo ” é a rúa máis fermosa da cidade: n’ela o pasar de xentes é prodixiosa durante todo o día: súas beirarúas son o paso dos bonairenses e dos extranxeiros, e súa calzada é un formigueiro axitado de autocarros e caruaxes de tódolos tipos.

A ” Plaza da Contitución ” é a máis formidábel de ” Buenos Aires ” e a de ” España “, a de maior ampllitude.

A ” Catedral ” ten unha facha con grandes piares, coma un fano grego: lembra dabondo a da ” Iglesia de la Magdalena “, en ” París “.

Entre os seus edificios púbricos sobresaen: o ” Palacio del Congreso ” de teor greco-romano e de extensas proporcións, o ” Palacio do Goberno “, o ” Ayuntamiento “, a ” Bolsa ” e a ” Universidade “.

Ten tamén numereiros monumentos : entre eles a adicada a ” Belgrano ” e a ” San Martín “. Posúe xeitosos teatros, coma o ” Colón “, o ” Argentino ” e o da ” Ópera “. Clubes aristocráticos, campos deportivos, parques fastuosos e xardíns maxestuosos n’algunhas das súas prazas. É resumen, unha cidade verdadeiramente bela e afable.

 

Phantom Club · No Pibe (En Vivo) [feat. Ariel Rot & Claudio Gabis]