Con roteiro as Filipinas. – Manila.

Logo facer algunhas visitas polos arredores de ” Tokio ” e ” Yokohama ” e acougar tres días na pousada . Tempo que aproveitou o avó para darlle o a adeus as súas amizades, aveciñamonos nas nosas cabinas no veleiro ” Galacea ” o cal non votou moito tempo en facerse o mar.

Cruzámolo mar interior do ” Japón ” e pásamos fai moito, polo estreito de ” Gorka ” xunto a ” Toshima “, lugar onde a frota xaponesa bateu e escachou a armada rusa. Logo metímonos xa no mar ” Oriental de la China “.

Facemos roteiro a ” Shang-hai “, o gran peirao chinés e internacional o influxo do movemento d’iste fastoso peirao foise axeitando alí unha gran cidade de dous millóns e medio de poboadores. A cidade érgese preto a embocadura do gran río chinés ” Yang-Tzie Kiang “. Xunto os peiraos vense edificacións europeas e moitas axencias mariñas, coruscando ístas os brasóns e bandeiras dos seus correspondentes países.

Baixamos con pai e o avó e metímonos por unha ampla rúa, chea de movemento e traxin; chamoume a atención o ver que os cartaces dos comerzos os poñen eiquí ornados con banderolas d’iste xeito o mesmo sistema do ” Japón ” e é moi dispar o xeito europeo.

Entramos nun café a tomar unha cunca d’iste líquido ; ainda que e corrente que o chinés tome té, n’istas cidades cosmopolitas atópanse locais fastuosos onde se pode tomar tamén unha cunca de café.

De volta o veleiro, iste non votou moito tempo no peirao, e partiu de novo con roteiro dereito a ” Manila “.

Dixo o avoiño, que teñen tamén unha temperatura boa en ” Manila “, dime que mañá contarame tousas de alí. D’istes xeito o chegar a capital de ” Filipinas ” terei maior impresión do país e o froito da miña visita poderá ser de maior claridade.

En ” Shang-hai ” e en mar aberto chaman o coidado moitas chalana chinesas con ornamentos de dragóns e pintadas moi exaxeradas: o velamen pintarraxeado é tamén moi xeitoso. Moi orixinal de certo, istas chalanas, mais en verdade semellan un transitar manso.

O avoiño cumpliu o seu ofrecemento a tarde, sentados todos xuntos na gran andadeira do veleiro, desfrutando d’un tempo caralludo, e admirando as augas azúis do mar da ” China “, contoume cousas d’un gran interese sobre as illas ” Filipinas ” a cuxa capital chegaremos mañá pola mañá, Dio lo queira.

As ” Filipinas ” ata 1898 pertenceu a ” España “, atópadas a medio camiño entre o mar da ” China ” e o ” Pacífico ” é en tal cantidade o número das súas illas que se lle supoñen preto de 1400 contando con os illotes.

A natureza do seu chan é oceánica, e sofren alí tamén con periocidade, os tremores; o clima é tropical, e a conentración da calor produce nos naturais e nos estranxeiros, que eiquí viven unha relaxación pronunciada das forzas.

Por mor do clima e a moita humidade, a vexetación desenrrolase vizosa e exuberante chegando as fragas ata as cumios dos máis elevados montes. A vexetación d’istas fragas e cultivos de arroceiras, de tabaco, de café e do cotón, constitúen a maior riqueza do agro do país.

O besta que alí axuda o agroeiro na súa tarefa é o búfalo, semellante o boi con grandes e achatados cornos; é curioso o feito de que non se encontran bestas nas xunglas de ” Filipinas “.

As dúas illas maiores son as de ” Luzón “, o norte, que é a máis poboada e a mellor cultivada, e a de ” Mindanao ” o sur. Na primeira e dirixida cara o ” Asia “, atópase ” Manila ” o fondo da rada do seu nome.

Suponse que os primeiros poboadores d’istas illas foron xente duna tece acaramelada escura da casta oceánica, individuos todos de curta talaxe; chegando logo primeiro os malaios ( Indos ou indios, primordialmente ), e a posteriori moitos españois. A mistura de todas istas castas orixinou o tipo de hoxe en día do filipino.

As illas foron descubertas polo percorrido de ” Magallanes “, a cal saiu de ” Sevilla ” o 10 de agosto de 1519 e logo de un ano máis tarde dobrou o estreito do seu nome na ” América del sur ” ; ” Magallanes ” moreu eiquí, nas ” Filipinas “, o tentar sufocar un levantamento que produxose entre os indíxenas.

” Magallanes ” non deu nome a istas illas, se non que deullo logo máis tarde o navegante español ” Villalobos “, chamando as ” Filipinas ” na honrra o entón ” Príncipe de Asturias “, tempo despóis ” Felipe II “.

Quén alixerzou a conquista das mesmas para ” España ” foi ” Legazpi “.

Non é extrano que tantos españois prefiriran paraxes tan alonxados do seu país. Con anterioridade do descobremento de ” América ” os poucos buques que chegaban as ” Indias “, deberan de dar unha volta a ” África ” polo ” Cabo de Buenaesperanza “, pois no se atopaba salvado o país pola canle de ” Súez “.

Do comerzo fariase en ” Europa ” as especies, que encarnaban unha verdadeira riqueza comercial. Logo descoberta ” América ” e coñecido xa o ” Pacífico “, os españois xulgaron millor chegar as ” Indias ” polo ruteiro de ” América “. D’iste xeito os buques españois saían do ” Perú ” ou de ” Méjico “, e atravesando o ” Pacífico ” chegaban as ” Indias “, e pouco tempo despóis a enseada de ” Manila “.

Segundo o prometido ista mañá chegábamos a ” Manila “; a esquerda d’ista gran enseada, érgese o monte da ” Sierra de Marivela “. Lindando a enseada, a man dereita vemos ” Cavité “, o apesarado lugar onde houbo unha batalla naval entre os ” Estados Unidos ” e ” España ” en 1898. A o fondo, mostrase o peirao e os caseríos de ” Manila “.

O desembarcar n’ista cidade, fágome cargo que é máis poboación de grande significación comercial e industrial. Din que ten máis de 200,000 poboadores e pola súa grande extensión e polo fervor das súas rúas, dixera que tería ainda máis dabondo.

Entre os seus edificios máis notábels atópanse a catedral, o axuntamento, a bibloteca, a universidade que foi erixida polos dominicos.

O meu avoiño semella un pouco apesarado, o pasear por istas rúas, e o admirar os monumentos e edificios que, como a sé, o axuntamento, e a universidade, tanto ainda falaba de ” España “. Pai dase de conta d’elo e, como protestando que se nos fai tarde tornarémos cedo o veleiro.

O veleiro leva áncoras e, cando escribo istas liñas a cidade xa pérdese con lentitude da nosa vista entre a brétema que comeza a coller forza no mar.

Chegada o Japón. – Yokohama

¡ O fin  atópome entre os meus, xa que non poido dicir que estou na casa. ! Apertei os avós, e pai, eles e eu estamos moi ledos por poder cumprir o noso afouto desexo de vernos e apertarnos, cousas que arelamos dende tanto tempo.

Os avós  atópanse moi ben, fortes e áxiles. Gradáronos, o mesmo tempo, unha agradábel surpresa. Como coñecian de tempo xa, a nosa chegada, meu avó xestionou, sen dicir nada a pai, que se lle xubilará no cargo que desenrrolaba, e o froito foi tal que, o chegar nos eiquí eles, estabanos xa agardando para retornar xuntos a ” Galicia “. ¡ Ista foi a nosa grande sorpresa e ledicia. !

Para gañar tempo, deixaron xa a súa casita, venderon os mobles e se foron a vivir a un hotel. No hotel, atopámonos todos xuntos.

O avó dixome que fora o seu proxecto o que ficaríamos eiquí sete u oito días, para que coñezamos algo do aspeito e das costumes xaponesas; logo embarcaremos todos no veleriro e faremos régua nas ” Filipinas “. Èl ten, ama´ís unha misión que cumprir en ” Caleinta “, nas ” Indias “, alí iremos todos.

É dicir, que se Deus quere, poderei ver do ” Asia ” moito máis do que eu agardaba. E isto sen alongar a viaxe, pois pai pensou pasar con os avós de tres semáns a un mes, e como só ficaremos eiqu´í unha semá, dispoñeremos de 15 días máis para empregalas en visitar outros países. O remedio non me desgosta nen me gosta, tampouco a pai nin os avós, quenes están ledos de poder retornar con nós, e cheos de devezo por  pasar no seu país os anos da súa vellez.


A chegada o ” Japón ” produciume máis impresión que a chegada a ” Nueva York “. Eu creo que é porque, ainda cando hai moito europeo por eiquí, deconta habendo dabondo de xaponeses, e é a diferenza de dúas civilizacións tan diversas o que xera maior senso.

Dende o veleiro, e o coller no porto de ” Yokohana “, vimos na lonxanía o clasico monte do ” Fuji – Yama “, o clásico volcán xaponés que sae con tanta profusión nas postais d’iste país. A súa mol xiganesca, con o seu cumbio escachada e coberta de neve, pon unha nota mois especial e propia na paisaxe.

” Yolohama ” é, en verdade, o porto de ” Tokio “, que é hoxe a capital do ” Japón “. ” Yokohama ” foi porto de parada para todolos buques das grandes liñas que poñen en comunicación o ” Japón ” con ” América “, con a ” India ” e con ” Europa “. O seu porto é fastoso e cheo de movemento. No peirao no que arribou o veleiro esperabanos os avós, a quenes apertamos con agarimo tan cedo como puxemos pé en terra firme.

Dime logo o avó que atopámonos na illa ” Nión “, a de maior inportancia por conter a poboación máis mesta, e pola súa vizosidade. Entre ista illa e, outra, chamada ” Sikok “, situada máis o sur, atópase un mar interior que os xaponese chaman ” Mediterráneo “. Iste mar está moi abrigoso e hai n’el moitas percas; a poboación é moi abondante nas súas ribeiras, e millóns de xuncos ou barcos pesqueiros o atravesan a todalas horas, ata o punto de que os grandes buques teñen que deter a súa marcha para non atropelar o enxambre de tan febles embarcións que semellan navegar sobor das augas.

Outras illas de importacia no ” Japón ” son as de ” Kin-Zin “, o sur, e a de ” Yezo “, o norte. Ista derradeira é de clima moi xeado, mais moi rica en fragas de árbores.

Os xaponeses chamn o seu país ” Nihon ” ou ” Nippon “, cuxo senso quere dicir, no seu idioma, ” Imperio del Sol Naciente “, e o confrontan cun cabaliño do demo pola disposición que afeita o conxunto das súas illas. Con todas elas dan xeito alongada e seguen unha direición paralela a ribeira asiática, que se extende fronte as mesmas.

Pola súa posición e polo seu imperialismo conparase o ” Japón ” a ” Inglaterra “: ven sendo como unha ” Inglaterra ” asiática.

Atópanse no país numereiros volcáns. Contanse 129 nas illas que dan xeito o antigo ” Japón “, d’eles 35 en pléa actividade.

Semellante número de volcáns orixinan con frecuencia calamidades tremebundas, como o rexistrado en 1923 que destruíu gran parte de ” Tokio “. Para aturar mellor os habituáis  tremores, os xaponeses constrúen os seus fogares moi lixeiros: con madeira en boa parte e con esteiras e cristais.

As zonas chairas son parcas no país. non entanto, ” Yokohama ” e os seus arredores forman unha fastosa chaira moi vizosa, a cal forma tamén ” Tokio ” e seus arredores.

O clima de ” Japón “, que sería no canto dos extremos xelo, mostrase temperada pola corrente marítima chamada ” Kuro-Sivo “, a cal leva ata as ribeiras xaponesas o auga quente do sur; mais, a pesares d’elo, o clima é máis rigoroso que o de ” Europa Central “.

A vexetación é moi vizosa. Ten fragas, pradeiras, fastosos cultivos de arroceiras, árbores frutáis e frores, moitas frores en todalas partes, porque os xaponese teñen un fondo sentimento estético que lles fai amar e coidar istas xoias que prodixiosamente ofrécenos a natureza.

Remato istas notas hoxe, pois quero escribir a mai e a miá irmá comunicándolles as agradábels impresións do día e os bos que chegáramos a ver os avós. Non sei se dicirlles que eles van vir con nos a ” Galicia “… , mais non será millor non dicirlles nada e que teñan elas a surpresa de ver que, o baixar do tren, somos catro os que chegamos a ” La Coruña ” no canto de só dous que partiramos. Deste xeito direillo a pai; para que él lles agoche tamén a agradábel nova.

Monster Wheel · Funky Tecno

O Pacífico

¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.

” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.

” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.

O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.

No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.

Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.

A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.

Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.

O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade  e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.

Dime pai  que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.

 

Herencia de Timbiqui · Pacífico