Mudar por mudar

Poñerme no lugar onde lume fende os meus pensamentos habidos e por haber nunha liña temporal, na que a constante e propio mixto dende o que mana tal quentura, no e propio da esencia human tornarse resentido ou rencoroso. A males maiores, grandes remedios, coma dicira un bó refraneiro, que enchido de gozos e satisfaccións proclamarse os catro, e digo catro por non poñerme esquesito e significar os 360, por aquello de que o vento ven de onde lle sae do carallo. Sí, digo ben cando digo “lle sae do carallo”, por qué é vento e é lóxico pensar que ten carallo e non cona, por aquela pequeña cousa que é o xénero, e certamente por qué ven de onde quere escravo n’estes tempos el cambio climático. Adecotando con a virtude de ter unha constante, a o meu parecer, tornase no máis caprichoso hemafrodismo, coma se tratase de sinalar o finado da propia vida, no que o teu corpo cohabita consciente ou inconscientemente. Que máis parecido a un semáforo deses que están sempre parpadexando en ámbar e que todo cristo o pasa polo forro. Pois ben no é casualidade darse conta de que as dúas situacións sonche ben similares, por qué por unha banda o ámbar e unha cor o meu parecer moi guapo, mais pola contra nutrese da enerxía máis ancestral e tamén por contra pelotuda, e que ben sendo un nicho de insatifaccións, neste lío que o día a día antoxasenos tedioso. Por qué sempre será certo que todos temos días bos e días menos bos.
Querendo asimilar logo o reflexionado, ¿Cómo desexamos vivir?, por unha banda ocorrenseme dous xeitos:
1. Aseonllado ( o que derivase na nosa autoestima, de xeitos de pouca transcendencia social e moral.)(Non digo eu, e un feito que se repite e seguerà repetindose por secula seculorum, nas rúas, das cidades, dos pobos, nos países. E que logo me veñan os orgullosos concelleiros de igualdade e ben estar a embotarme a cachola con embelesamentos e demagoxa que todo está ben, cando eu xa me gardo de que os meus nocellos non sofran de máis, agas contadas excepcións na que a situación o requira).
2. En pé (fortalecido polas nosas propias conviccións, de que todo que facemos, o facemos de boa fe, e convincidos de que so é lume das nosas constantes a que nos augura un maña millor, e próximo, no que todos confiamos e temos a certeza de que vai ser mellor que o antigo) .
Moita d’esta xentiña, que ainda está en idade escolar, pensarán pois nin unha nin a outra, e teñen toda a razón do mundo, pois como prega o dito “O futuro e a xuventude, e a xuventude e o futuro”, por outra banda outro dito tamèn prega “ As oportunidades contanse cos dedos das máns”, e è por isto que o que hoxe e xuventude co paso do tempo tornase madurez, no mellor dos casos. Quero expresar o correcto e o debido, mais non son concelleiro, nin gobernante, e a miña vida dista moito de ser un exemplo a seguir, por iso voume a esvaecer e seguir deixando que o vento me achegue os lindes da miña conciencia, que onde supongo que se atopa a miña millor versión.
Houbo un tiempo (Si señores…), no que podiase raxar do que che petase na alma, e no ser xulgado por elo, e a situación na que vivimos hoxe en día tan so lles falta meternos un corcho polo cu e cobrar polo gas metano. Fora de coñas, non e Unha causalidade atoparse con enxentes de persoas que adopten unha posición ok se cadra tamén postura ante tales propósitos lexislativos ben merecidos de prepotencia e clasistas de por sí, arrinconando as propias identidades dos pobos, por non mencionar a capadura ideomática e ideolóxica da que veñen sendo, sufrindo a màis vil das traizóns por parte das súas propias intitucións que se contadicen ora sí, ora tamén con xetos por unha banda de conciliación e compromiso, e xa a feitos tanxibles ou tácitos actúan na contra el que os seus propios, non del como chamalo, se falta de compromiso, ou balde de óleo na que a súa propia falla de cordura, volveos na contra da ideomática que pretenden promulgar ou defender.

Marco Garcia – ” Terra de acolá”

Infame por non ver, o será

por recordar os compañeiros,

xa no camiño atopamonos

a sombra de arbóres algo terá.

A que sempre está comigo

da man voando vemonos,

na procura dun xeito tenaz.

Os servos dos mellores amigos

nas cantigas botan os folgos,

dos pormenores das festas.

Terreos de cores con agarimo

anuncian o troco por algo novo,

e non se esquezen dos celtas.

Loitas de suor e luxado limo

os bechos se recollen de novo,

dirixidos pola lúa entre herbas.

Valentín Lamas Carvajal ( Espiñas, follas e frores, 1877 ) “A miña aldea”

Preto d’os Castros do Trelle,

N’unha frorida ribeira

Onde moitas clás de froitos

E d’albores vexetan,

Erguense as humildes chouzas

De San Pedro de Moreiras;

Probe aldeiña onde teño

As minas grorias d’a terra,

O niño d’os meus amores,

Os recordos que m’alentan;

N’ela vin a lus d’o día

E pol-a noite as estrelas;

Alí pensando n’o ceo

Vertin as vágoas primeiras;

Alí miña nai amante

Arrulóume satisfeita

Ó son queixumbroso e brando

D’as cantiguiñas gallegas;

Alí, no seu Camposanto

Onde debaixo d’as erbas

Dormen ó sono d’a morte

As minas amadas prendas,

¡Cantas veces eu rezaba

Pensando choroso n’elas!

Alí non hay fror non monte

Que nos meus sonos non vexa,

Non souto que non conozca,

Non camiño que non sépia;

Inda escoito o son doorido

Das catro campás d’a eirexa,

Cal si falando viñesen

A contarme tristes queixas,

¡Ay probe aldea… adeiña

De San Pedro de Moreiras,

Cantos sospiros me costas

E cantos ayes me levas!…

Asina dixo un coitado

Galleguiño, alá n’América,

Cando morto de soedades

Pensaba n’a súa Aldea.

¡Ay! os probriños gallegos

Morto queren á sua terra…

E van morrer sin consolo

Sempre lonxe… lonxe d’ela!!

Luis Amado Carballo ( El Pueblo Gallego, 25-7-1924 ) “A carón do Atlántico”

Hai lóstregos de esperanza

na lonxitú do mar

e comenza a alborada

nun céltico cantar.

A belida GALICIA

durmida nas súas magias

pon un ronsel de pirata

na inquedanza das augas.

Na súa misa lírica

leva o Santo Graal

e comulga con sol

no templo do aserán.

Os seus ollos chorosos

contemplan o camiño

que trazan as estrelas

en branco remuiño.

E a nosa santa TERRA

magoada de penares

escoita a canción brava

que balbordan os mares.

Soñando no futuro,

esquecendo o presente.

Leva no seu ollar

a lumeira do abrente.

Os roxos aturuxos

acenderon no lonxe,

lumeiradas de sangue

nos cabezos dos montes.

Camiña de vagar

unha estrela viaxeira

e na conca da ría

bebe o sangue da TERRA.

O mar salaia néboa

que vèn chamar as portas

e para a nosa patria

de amor pide unha esmola.

Caeron as súas verjas

nas nosas mans aguadas

co exilio melancólico

das rosas esfolladas.

Nevou na nosa alma

seu ollar bizantino

e a súa roiba voz

tornáramos meninos.

E pola corredoira,

ían entre as silveiras

as escumas de lúa

como tépedas breixas.

Hai lóstregos de esperanza

na lonxitú do mar

e comenza a alborada

nunca céltico cantar.

Aquilino Iglesia Alvariño ( Cómaros verdes, 1947 ) “Olas salgadas”

Na mar, olas salgadas, cabeleiras

verdenevadas, ledas coma o vidro

liso, suave e frío, ou vento duro.

Cobras de lentos lombos, olas, ondas

cara s tódal-as praias. Escaleras

de lúa en carriola, rebrilando.

Lirios sin sangue da non doce aquel.

Lúas novas en bercios, lavas de puro

dun sol inda doncel, garrido e forte

coma o dos vellos poemas do Helesponto[1].

Velahí redes a mar, a mar primeira,

navegada de noites e de ventos,

sin naufraxios non ledos argonautas,

terrible de inocencia, corte e bela.

En doces brazos de auga adormecida,

a terra, sin ninguén, leda e vizosa,

nun silencio de espacios infinitos

e un revóo sotil de abelaiñas.

[1] Antiguo nome do estreito dos Dardanelos. Se pensamos que a cidade máis importante destaca parte é Troia, podemos dicir que se quere referir ós poemas homéricos, especialmente á Odisea, como poema ou canto do mar.