Colonias e zona española de Marruecos. ¡ Por fin de volta na casa !

Ímonos achegando xa de volta a casa. Cando vou escreber ista notas, derradeiras das que vou falar abordo, dime que pasamos non moi lonxe das ” Baleares “.

” S. Sebastián ” falounos ista tarde da zona española de ” Marruecos ” e das colonias do norte de ” África “. A primeira – díxonos – está composta por unha estreita faixa de terra que se extende dende ” Larache ” , na ribeira ” Atlántica “, ata a embocadura do río ” Merluya ” na ribeira ” Mediterránea “, bóa parte do linde d’ista zona atópase con as ribeiras de ” Andalucía “.

A zona española pode estudarse composta por dúas rexións: ” Yebala ” que entende as terras que adiantan ata dar xeito a unha banda do estreito de ” Gibraltar ” e o ” Rif “, que é a zona mediterránea, seca en bóa parte e contando con o terreo crebado dos seus montes.

Pola banda de ” Yebala ” decontan as estribacións do noso cordal ” Bético “, que móstrse curtado no estreito de ” Gibraltar “. ” Yebala ” é a rexión máis vizosa e rica da zona española, e as súas terras están regadas por varios regatos e polo ” Lucus “, que é o río de maior corrente, o cal emboca no ” Átlantico “, xunto a ” Larache “.

” Alcazarquivir ” é poboación non moi bonita, mais susceptíbel de acadar importancia por pasar por ela a estrada que une ” Tánger ” a ” Fer “.

A saida do estreito, na ribeira do ” Átlantico ” atópase ” Tánger “, a cidade e o porto de maior importancia do ” Magreb “. Ista cidade, e unha pequena zona nos arredores, está internacionalizada, e dicer, atópase afastada da zona española e n’ela poden comerciar literalmente tódolos países; a cidade governase por si mesma e atópase abeirada por todas as grandes potencias.

Xunta o pequeno río ” Martín “, n’un val moi vizoso e non lonxe do mar érguese ” Tetuán “, que é a cidade onde se estableceu o alto comisionario español e o ” Jalifa ” ou representante so sultán.

No camiño de ” Tetuán ” a ” Fer ” atópase ” Lanen ” a cidade inviolábel e mística dos marroquies.

O ” Rif ” é zona máis seca que a derradeira: os seus montes son crebados e con vexetación esteparia: ten grandes extensións d’una poderosa vexetación e isto en pequenos vals vense as sobras d’algunhas hortas. Por mor d’iste problema, o ” Rif ” ten escaseza de grandes centros de poboación, e os seus moradores viven en pequenos e ricos oasis.

Como as vertentes orientadas cara o mar son moi ripadas, por isto os ríos son como fervenzas e o que fica en pouco tempo as correntes das choivas o mar.

” Melilla ” é a maís importante cidade do ” Rif “. Atópase a leste da península de ” Kesforcas “, case fronte a ” Milagi “, fíxose en poucos anos unha poboación moi bela e medrada, vendo o curto camiño con as tribos do interior.

” España ” non domeou en ” Marruecos ” por meras campañas non procurou só adiantar no protectorado en ben do seu comerzo e da súa industra insalbábel. Moveuse por creenza de todo interese o cumprimento de unha érguido coñecemento de cultura e de adiantar cara tal fin, fixeron numereiras escolas as cales estudan os mesmos marroquies.

” Melilla ” e ” Ceuta ” ainda cando metidas en terreos marroquís non se lles xulga como pertencentes o protectorado, son chamadas plazas de artesáns e seu terreo da xeito a o chan nacional.

” España ” ten outras posesións no norte de ” África “, o ” Peñón de Velez de la Gomera “, o illote de ” Albucenas ” e as illas ” Clatorinas “. En rixor con todos os illotes recoñecidos en común para a notación e gran parte de auga potábel.

O sureste de ” Marruecos “, na ribeira do ” Sáhara “, ” España ” posúe unha extensa colonia non corrida ainda: o chamado ” Sáhara Español “, terreo que compréndese dende o cabo ” Blanes ” ata o rio ” Draa ” no linde do ” Marruecos Francés “; e algo máis o norte, atópase tamén unha pequena rexión que é chamado terreo de ” Ifni ” ou da ” Cruz de Mar Pequeña “.

Remarcando tamén que no ” Golfo de Guinea “, ” España ” posúe as illas de ” Fernando Goo “, ” Alborán ” e ” Conoco “, e, no continente, a chamada ” Guinea Española “, cuxa única poboación de importancia é ” Batú “.

As illas ” Canarias ” atópanse fronte a ribeira atlántica do sur de ” Marruecos “, non as ten enconta ” España ” como colonias se non como nacionáis. En tempos pasados axeitábanse como unha sóa illa, cuxa capital foi, a ” Cruz de Tenerife “; con naturalidade axeitan dúas, sendo a capital do novo xeito a cidade de ” Las Palmas “, cuxo porto é concorrido por facer escala n’él os buques dos roteiros de navegación que veñen a ” Europa ” dende ” América del Sur “.

No veleiro hai un rebumbio grande, todo o mundo está facendo os prepaprativos para o próximo desembarque. Estou ledo, desfrutando d’un día maxestuoso e d’un espectáculo fermoso.

De entre a brétema mañaneira, xurde medio perdido o caserío de ” Barcelona “, a esquerda, sobresae, en primeiro termo, o monte do ” Montjuic “, en cuxa cimba érguense o castelo e o roque vixías e, nas faldras que miran cara a cidade, érguese a fastuosa dos pazos e xardíns da ” Esposión “. Logo, máis a esquerda e pola chaira do ” Llobregat “, volven a mostrarse, mesto, o caserío; do cal surden centos de chemineas fabrís, que misturan os seus fumes con a brétema, facendo case invisíbels os contornos dos montes do fondo, a do ” Tibidabo ” entre elas.

O entrar no porto, nótase a axitación xeitosa da gran cidade.

A entrada lémbrame algo a de ” Nueva York “, polo gran número de buques empeirados, polo cruce decontado d’ístos con os remolcadores e pola liña de grandes transatlánticos que agardan o intre de facerse o mar pa comezar as seus longos roteiros a través de tódolos mares.

Os avoiños, xunto a mín, choran de ledicia o voltar a ver a terra na que medraron, logo de tantos anos de falta. Pai atópase tamén visibelmente ledo. Eu non sei que facer nin que dicer, só se me ocorre mirar e atopo belo, canto miro.

¡ Xa estamos outra vez en ” España ” !, Deus preservounos de todo mal, e sexan nosas primeiras parolas en acción de gracias por nos outorgar o súa protección.

Logo… . ¡ Que ledicia !. O baixar o peirao, na estación marítima; freteime os ollos porque pareceume estar soñando. ¿ Foi posíbel ?. ¡ Mai e a miña irmanciña agardanos a o pé da escada do veleiro !. Non saio do meu abraio e da miña ledicia e con qué pracer e emoción dímonos unha aperta. Deus permitiu que fora hoxe, para nos, un día compretamente ledo.

O acoller nai o telegrama que lle enviamos dende ” Guinea “, tomou con a miña irmaciña, deseguido o tren para ir a agardarnos a ” Barcelona ” e darnos unha surpresa tan afábel. Non foi menos a que tiveron elas, o ver que con nós tornaban os avoiños.

Pecho hoxe eiquí istas notas lixeiras que fun tomando no transcurrir do noso ledo viaxe.

O pisar de novo terra, síntome ledo, mais algo enmorriñado, o considerar que non tornarei de seguro a ver moitos dos países que visitei e que tan gran lembranza deixaron na miña persoa.

Miña irmá cercoume con as súas milleiras de inquiras e dime que recibiu todas as postais que, dende ” América ” lle remitín. As faltantes non chegaron ainda as súas máns.

Chea de ledicia, no deixa de dirixirme en papel esclamacións como istas: ¡ Cánto cambiaches !, ¡ Que medrado estás !, ¡ E que moreno !, ¡ Cómo te curtiu o sol e o aire do mar !.

¡ Qué gañas teño de ver de novo ” Galicia ” de saudar a meus amigos e de contarlles aneidotas e lembranzas d’ista longa viaxe, de tanto interese para mín e na que tantas cousas aprendrín !.

Navegando con derrota os Estados Unidos

Dime pai que, se non ocorre novidade a bordo, mañá pola tarde chegaremos a ” Nueva York “. Son agora as nove da mañá e atopámonos navegando fronte o ” Cabo Haterras “, cuxo promontorio vemos dabondo no horizonte, algo neboeiro e lonxano.

Aledame moito chegar a gran cidade, e agardo me orixine gran choque, máis non nos atopamos acostumaddos ó que todo o que acontece alí salva os lindes do corrente e usual, para acadar a clase do prodixioso e ostensíbel.

Anoite, logo da cea, un profesor de español nun colexio de ” Filadelfia ” deume moi interesantes refrencias sobor dos accidentes físicos e as riquezas naturais dos ” Estados Unidos “. Vou transliterar o que lembre d’aquela intersante conversa.

Os ” Estados Unidos “, xunta con o territorio de ” Alaska “, atopado o noroeste de ” América “, e que en 1867 mercaron os norteamericanos a os rusos, ten unha area coma toda ” Europa “: de oeste a este acada este país unha lonxitude confrontada a que hai entre ” Madrid ” e ” Palestina “, e de norte a sur, o intervalo é semellante o que se atopa de ” Madrid ” o ” Golfo de Guinea “. Tratase, logo dun país que ten unha extensión máis que homoxénea.

Apesar d’elo, o seu chan non amosa complexidade de máis nos seus releves montuosos: o este atópanse os montes ” Alleghanys ” ou  ” Appalaches “, con bicos non moi elevados, xa que o máis alto , que é o ” Black Dome ” ten só 200 metros de altitude. O oeste, atópanse varias serras, paralelas a ribeira do ” Pacífico ” e que, a tallar da ribeira, chamase ” Cordillera Litoral “, ” Sierra Nevada ” e a gran cadea das ” Montañas Rocosas ” ou  ” Montes Roquizos “, a máis mesta e con bicos máis elevados. Un cacho d’estes montes, pola súa gran beleza, foi declarada parque nacional.

A medio camiño entre as ” Rocosas ” e os ” Alleghanys “, extendese unha gran chaira, con algunhas pequenas leiras, e por completo chaira na banda sur, ista derradeira zona é a que os colonizadores españois chamaron ” Llano Estanco “, porque é tal a súa igualdade e aborrecemento, que, o arriscarse por ela, tiveron que marcar o camiño que decontaban para poderse fincar a volta. tal era a seu desnortamento o adiantar por él.

Xunta os ” Montes Roquizos ” atópase a ” Meseta del Colorado ” e n’ela, o exemplo máis maxestuoso de erosión da auga sobor da terra e mármores. O ” Gran Cañón ” é unha inxente tallada, cuios bordes superiores están afastados unhos 20 kilómetros e a fenda ten unha fondura de ata 200 metros, por ista fondura percorre o río e, de xeito tranversal o ” Gran Cañón ” atópanse outros de menor relevancia mais non de menor beleza. É aquelo unha certa sintonía de cores, pois as terras e mármoles vense con as máis variadas coloracións, e as do sol, o incorrer sobor d’elas, orixina coloracións tan fastuosas, que a súa descrición xusta é imposíbel.

En país tan extenso coma ìste, é natural que o clima resulte moi variante: a banda do ” Atlántico ” ten temperaturas algo máis baixas que as que ten ” Europa ” en países que concordan a mesma latitude, así, por exemplo, o clima en ” Boston ” é moito máis inferior que en ” Barcelona “, o de ” Nueva York “, moito máis que a de ” Valencia “.

Na chaira central atópanse moi relevantes explotacións do agro e alí se cultivan en gran escala o trigo e o millo. Perto das ” Rocosas “, o clima é máis enxoito e se ven alí moitas extensións de xara. A banda sur dos ” Estados Unidos “, nas ribeiras do ” Missisipi “, é a zona onde se cultiva o cotón.

A rexión do ” Pacífico ” ten clima máis suave e benevolente que o do ” Atlántico “, especialmente ” California “, en cuias hortas danse toda clase de froitas, a vid, as laranxas e limóns, o mesmo que nos máis quentes países do ” Mediterraneo “.

A banda setentrión, na súa linde con ” Canadá “, ten vastas lagóas: o ” Superior “, o ” Michigan “, o ” Hurón “, o  ” Eiré ” e o ” Ontario “. o maior río do país, que é o ” Missisipi “, e que o cruza do norte a o sur, ten a súa orixe na lagóa ” Superior ” e emboca no ” Golfo de Méjico “, xunta a cidade de ” Nueva Orleans “, que é un dos portos máis comerciáis dos ” Estados Unidos “. Iste río é  navegábel en boa parte do seu curso.

O país posue longas  e poboadas fragas: nas de ” California “, viven prantas xigantescas, como as afamadas ” Sequoias “, algunhas de cuios exemplares teñen toros que miden 50 o máis metros de circo. É coñecido por reproducise moito en pranchas, aquel toro de ” Sequoia ” no cal se fixo un túnel para axudar o paso por un camiño que a árbore atoraba. E é curioso o caso dunha gran ” Sequoia ” que foi derrubada, chamada ” El Viejo Hércules “, a cal medía 107 metros de altitude, e 74 de circo. O bater con o chan, dise que o mesmo tremou nunha distancia de medio kilómetro orredor sitio onde a árbore foi abatida.

O agro é riquisima, a minaría tamén, e as industras acadaron eiquí un desenrolo coma en ningunha outra banda do mundo; o comerzo é da mesma emprendedor, todo él fixou unha inxente riqueza na poboación. É o país dos millonarios, das industras ousadas e fastuosas.

Na rama dos autocarros, se construen eiquí máis autocarros que en todo resto do mundo, xulguese a inxente suma de cartos que supoñen os dous millóns o máis de autocarros que cada ano vendense os norteamericanos o extranxeiro.

Os españois tamén chegarona as riberias norteamericanas nos seus recoñecementos, pois ” Hernando de Soto ” descubriu o ” Missisipi “, e o piloto ” Esteban Gómez ” tránsfuga que foi da expedición de ” Magallanes “, percorreu en 1535 toda a ribeira ” Atlántica ” dos ” Estados Unidos “.

Mentres me atopo rematando istas anotacións, escoito no veleiro a actividade precedente dun vindeiro desembarco: servintes que van e veñen, pasaxe que poñen en orde as ropaxes nos seus baúls, ordes do capitán e dos oficiáis, axites, animacións, conversas en voz máis alta, risadas de agrado… . Non hai dúbida, achegamonos xa a ” Nueva York “. Vou tamén a arranxar a miñas cousas, para poder subir canto antes a coberta con pai e gozar da beleza da acollida no porto. ¡ Nova York, ó fin !.

PickinOnSeries · Put Your Lights On