Nicaragua, Honduras, Guatemala y El Salvador

Imos falar afastadamente de cada un d’estes países centro americanos, dando d’eles unha sinsxela impresión.

” Nicaragua “, que xa foi descuberta por Colón, foi explorada por Dávila vinte anos despois e este lle deu o nome tomándoo d’un xefe indíxena que o recibui afablemente.

Manifestandose independente en 1821 e 1823 adhereuse a Unión Federal dos cinco estados centroamericanos, tendo que luitar logo por espacio 16 anos para afastarse d’eles. Tivo no decurso da súa breve historia, reietrados atrancos con potencias europeas, con Alemania e Inglaterrra especialmente. Agora as ten con os Estados Unidos, quenes proxectan, o parecer,construir no istmo de ” Nicaragua “, unha nova canle  que poña en comunicación o Átlantico e o Pacífico, a semellanza do de Panamá.

O cabo ” Honduras ” foi o lugar onde arribou Colón en 1502 o chegar novamente o continente. Afastado o territorio de ” Honduras ” da soberanía de España en 1821, foi teatro de novas loitas revolucionarias ate chegar 1870. Coma convenencia de tan longo período de mal estar,  o  país  foi  a  ruína;  e  tivo  sorte  da habilidade do seu presidente ” Bonilla “, quén conseguiu instalar os recursos do país sobre premisas máis fortes.

Os ” Estados Unidos ” Exercen un concluínte influxo sobre iste país, como a exerce tamén sobre as outras repúblicas centro-americanas, por ser os banqueiros de tales pequenos estados, e polo interés que teñen en acaparar o seu comercio.

Chamóuse con anterioridade ” Guatemala ” a toda a ” América Central “. O territorio que abarca hoxe aproximadamente ista república, foi conquistado por D. Pedro de Alvarado en 1523.

Logo de algunhas revoltas, en 1821 proclamou a súa independencia, mais foi adecotadamente anexionado o país a ” Méjico ” e ata uns anos maís tarde non se constituiu en república independente.

A pesar da súa pequenez, istas repúblicas sentironse bélicas algunhas veces: Sostiveron entre si guerras, singularmente a partir de 1851. Istas loitas remataron o fin, de xeito favorabel o bando no cal atopabase Guatemala. mais entón o presidente Barrios pretendeu a formar unha federación collendo en ela todolos estados centro-americanos, cousa que disgostou a os demáis, fixando un fondo mal estar, a efecto do cal aquel presidente foi morto o inzar o territorio de ” El Salvador “.

En 1907 atopóuse outra vez ” Guatemala ” en perigode soster un novo conflito armado con os seus veciños; mais a mediación dos ” Estados Unidos ” e de ” Méjico ” acadaron ista vez conxurar o perigo.

” El Salvador ” recibiu o seu nome de Diego de Alvarado, que conquistou o seu territorio en 1525 e se supon que fundou a cidade de ” San Salvador “.

En 1822 conquistou a súa independencia e, como as demáis repúblicas ístmicas foi teatro de varias  guerras e  revolucións.  Por fortuna,  logo  do  1907  no  que figurou a carón de ” Honduras ” contra  “Nicaragua “, non veu ” El Salvador ” toldada novamente a súa paz. E iste tempo abondoulle para desenrrolar intensamente as súas riquezas naturais.

KOTINC Records · One Love (Bob Marley Cover)

A América Central

Agora que fitan máis compretos os meus apuntes de viaxe, Pai vai improvisar algunhas páxinas d’este caderno contandome algo de ” América Central “, que él coñece un pouco por facer unha viaxe por aquelas terras hai algúns anos, e cuxo recordo chegoulle a súa morriña agora nas súas conversas con compañeiros de viaxe.


A ” América Central”  é a parte deprimida e en zig-zag que comprende dende o sur de ” Méjico ” ate a parte algo máis ensanchada onde se ergue a cadea de ” Los Andes “, cordal que segue ate o extremo sur de América. É Rexión na que son moi correntes os tremores, e mostrase máis deprimida n’algúns emclaves orixinando os istmos, polos cales poderían abrirse novas canles entre os mares Átlantico e Pacífico, a semellanza do que se fixo en Panamá. Istos istmos, son chamados de ” Telmantepee “, de ” Guatemala “,  de ” Nicaragua “, de  ” Panamá ” ( hoxe canle) e de ” Darién “.

Atópase n’esta zona unha cadea de montes que só queda interrompida na rexión de Panamá. O longo da ribeira do Pacífico, existen uns 60 volcáns amortuxados e uns 30 en actividadde, ergéndose  todos xunto o mar, como os chamados de ” Fuego “, de ” Agua ” e o ” Cosigüina “, iste derradeiro afamado porque na súa erupción de 1835 causou enormes estragos. Ista ribeira do Pacífico mostrase moi fragosa e bravía, formando mumreiras badías.

A ribeira do Átlantico é baixa, con lagoas e con baixíos de corais, os que constituyen verdadeiros escollos para navegación costeira.

A parte baixa do país desfruta un clima tropical moi húmido: Isto quere decir que e d’abondo insán; por ista causa a poboación procura maiores comunidades habitando n’as chairas .

Todo o territorio da América Central foi conquistado polos españois o mesmo tempo que ” Méjico “; e todo iste territorio formouse n’unha só dominio radicando a capitalidade na cidade de Guatemala.

A colonia británica de Honduras foi afastada d’este territorio español e a partires de 1810 foron facéndose independentes as pequenas repúblicas habendo froitos infértis as xestións feitas repetidas veces para constituir, con todas ou con a maioría d’elas, unha confederación ou unión.

” Guatemala ” é a rexión máis poboada d’estas pequenas repúbricas, mais non a máis extensa, que é ” Nicaragua “, ” Honduras “, algo maior que ” Guatemala ” ten moita menos poboación  que aquela.

” El Salvador ” é, todas a que ten a poboación máis testa. En todas elas ista é moi heteroxénea; hay indixenas, europeos e tamén mestizos e mulatos.

druben48 · Ojos de Brujo(Ventilaor r80) – ruben drum cover