Velaxe

Tremo cando oio vir o medo

perdo, perdo e no me teño.

Pago moito e cobro pouco

Vivo máis sen ter  remedio

agocho futuros sendo miudo

arranxo camiños sen ter ido.

Collerme na fala é un mundo

bater contra as ondas do río

amorear manso de cumulos

de lembranzas para acougar

os nervos a flor de piel, rebulo

carnaxe da liberdade do luar

lumea por astros recapítulo

sentimentos en contra, suar

percorrenco o corpo ben rudo.

Estrano do Edén, lecer a velar

a noite volve, escura e nula

no corazon desexo que poidera

trocar propios da nai natura

decontado surxo das candelas

sen fame, sen carne que aturar.

Antonio Noriega Varela ( Do ermo, 1920 ) “Lembranzas”

¡Oh, divina Saudade, compañeiras

che eu mostrara si é certo que as precuras;

son cal rosas contadas das roseiras,

estreliñas ausentes das alturas!

Lembranzas son de lindas pegureiras,

de fascinantes meigas criaturas,

que en noites de lunar das Coruxeiras

baixan ó fiandeiro de Cesuras.

A Lúas Chea brindalles raiolas

mentras, solene, as ve camiñar solas;

pero entóldase axiña… Coma bruxos

aparecen arteiros rondadores…

elas cantan, e os bravos aturuxos

turban a paz dos pinos turbadores.