As Indias Holandesas.- Illas da Polinesia

Aínda cando non se soubera que imos a chegar en pouco tempo, Deus o queira, o remate da nosa viaxe, a traza que vai tomando a vida a bordo sería dabondo para dalo a entender. Todo o mundo semella máis xovial que de costume e, ainda os de natureza máis calada, espallanse n’istes intres. As risadas sonche máis sinceiras e sonóras, e ata semella que o veleiro navega a ritmo dos ventos que por eiquí sopran. ¿Puro sono todo?. Se cadra, mais ……, o certo é que un leva o anelo de que todo colle velocidade.

Deixamos o sur algunhas illas do ” Archipiélago de Magallanes “, e o oficial do veleiro, alguén inquiriu, dime que imos agora con rumbo direito a ”  Yokohama “, ónde chegaremos, se Deus quere, pasado maña o mediodía.

O bon Pai  Eliberto deume hoxe unha interesante parola: e hoxe faloume das ” Indias Holandesas “, que as compoñen toda a ” Malasia ” , salvo das ” Flilipinas ” e do norte de ” Borneo “. É un imperio rico, que por sí só pode dar vida a pequena ” Holanda “.

Istas   ” Indias Holandesas ”  compoñenas  as  illas de  ” Sumatra “,  ” Java “,  ” Borneo “,  ” C´elebes “,  ” Molukken “, e outras máis, que adecontan o sur de ” Asia ” como se foran unha prolonga da ” Península de Malasia “.

O clima d’istas illas é ecuatorial nas ribeiras e temperado no interior. As illas máis grandes son as de ” Sumatra ” e ” Borneo “; mais a de maior importancia é ” Java “, que ten poboación maior a de ” España ” e chan moi vizoso e rico: a actividade volcánica n’ista illa é moi grande.

” Java ” atópase afastada de ” Sumatra ” polo estreito de ” Sonda “. Todas elas son illas volcánicas. Tendo cráteres que mostra con periocidade a súa actividade, ainda que os escachos n’elas non tiveron endexamáis a magnitude dos que produxo en 1883 o volcán ” Krakatoa ” na veciña illa d’iste nome.

” Java ” é unha illa fastosa: é unha espece de edén ónde a vida desenrrolase doado e amábel, grazas a o favorábel do seu clima e a vizosidade da súa terra.

É curioso eiquí, o traxe enxebre dos poboadores de ” Java “: levan unha especie de saia de teas de cores moi vivos, suxeita a cós por unha ancha faixa; o peito o levan espido e, sobor a testa, un gran chapeu malaio, como un enorme prato de medio metro de diámetro, xa arredondado, xa algo alongado en xeito de cono.

Nas rúas vense numereiros carros xugados por miúdos animais, e pesado támen, arrastrados por bufalos.

A capital de ” Java ” é  ” Batavia ”  cidade de comercio de moita importacia, que érguese na cara norte da illa.

” Borneo ” é unha illa ínfida, mais pouco poboada. Foi descoberta pola expedición de ” Magallanes “, o dar por primeira vez a volta o mundo.

Atópanse en ” Borneo ” poboaciones de tribos moi salvaxes, os cales, pola súa ferocidade, mereceron o calificativo de ” Cortadores de Cabezas “.

Parte de ” Borneo ” pertence a ” Inglaterra “, a outra parte é de ” Holanda ” e outra zona da illa da xeito a un pequeno estado independente.

En outras illas, sobre todo nas menos exploradas, vive poboación, algo parca xa, e os        ” Papúas “, os cales poboan tamén outras illas máis orientais de ” Oceanía ” .

O grado de civilización d’istas illas é moi feble e algunhas practican ainda o canibalismo.

As ” Indias Holandesas ” son a maior fonte de prosperidade dos  ” Países Bajos “: Antigamente se cultivaban só n’elas as especies: mais agora tamén extensas plantacións de arroz, en semellante escala, que figuran como uns dos países máis produtores do globo. Tamén cultivase a caña de sucre, o caucho, e a quina.

Máis o este das illas de ” Nueva Guinea “, a maior do mundo logo de ” Australia “: o seu interior é pouco coñecido e explorado. e na súa direción máis o este ainda, en plea fastosidade do  ” Pacífico “, atópase a illa francesa de  ” Nueva Caledonia “. Polas súas condicións de clima que se dan n’ela moi ben o cuacho. Os poboadores viven moitos en estado semisalvaxe, pertencen a casta dos ” Canacues ” e viven en casoupas con teitos altisimos en xeito de cono e feitas de palla ou de follas de caña. A capital d’ista illa é a pequena cidade de ” Noumea “.

O pai Eliberto, o facerme istas deseripcións, mostrame as illas nun gran mapa de ” Oceanía ” da parede do gran salón do veleiro. Eu fixome que non me falou de dúas grandes illas que se atopan o sur do ” Pacífico “, que dan xeito a colonia inglesa de ” Nueva Zelanda ” .

-¿ Estivo vostede ahí ?.- Inquirolle.

– Tamén estiven ahí meu amigo.- dime – e por certo que n’elas vin o maxestuoso espetaculo do seus numereiros géyseres, que son cichóns intermitentes que botan do chan altos piáres de auga en vaos: o miramento d’istes belos documentos da actividade da terra constitúe un espetáculo inesquecíbel. Por istos géyseres admirábels, foi chamada a rexión na que se atopan ” Tierra de las Maravillas “.

Os indixenas que poboan as illas de ” Nueva Zelanda ” son de casta ” Mahorí “, fermosa casta ” Polinesia ” moi intelixente. Hachanse, tamén, ata formar a maior parte da poboación numereiras familias anglo-saxónas,

A cidade máis poboada é ” Auckland “: mais ista no é a capital, que os ingleses fixaron na cidade de ” Welington “.

– Oia pai – consintome ainda en inquirirle.-¿ E as prántas e animáis que viven no archipélago malaio, ou seña nas ” Indias Holandesas “?.

– Os ahi moi curiosos, como tamén n’istas illas da ” Polinesia “. Ademáis de altos cocoteiros, que medran por milleiros, atópase a chamada árbore  do pan, do cal sacase o sagú; a palmeira do viaxeiro, que ten xeito de abano e cuxo toro sae unha especie de auga leitosa cando se lle crava unha caña, que utilizase espita. E entre os animáis, o máis xeitoso é o ” Orangután ” de ” Borneo ” e de ” Sumatra “, mono que chega a acadar case a altura dun home e que ten uns anchos e fortes brazos con os cales pode afogar con moita facilidade a súas vítimas. Cando está enrrabeado, é un animal tremible.

 

SUMATRA · Raveena – I Won’t Mind (Sumatra Remix)

As Illas Hawaii.- ! Votamos a perder un día !

Estou moi ledo por que coñecín istas afastadas illas de ” Hawaii “. Eu semellaba chegar a uns illotes poboados por xente de cor morea, espidos e vivendo unha vida miserenza, e me atopo con unhas illas moi grandes, con poboación de ” Caucásicos ” e ” Melanesios “, poboando cidades belas, e levando n’elas unha vida semellante a nosa.

Aínda que todas as illas d’este archipélago son de orixe volcánico, n’elas atópanse unha vizosa vexetación.

O noso veleiro atracou no peirao de ” Honolulú ” na illa de ” Oahu “. Iste perirao é o de maior inportancia de ” Hawaii “, ainda que ista illa na que nos atopamos no é tanto como a propiamente chamada de ” Hawaii “. N’aquela atópanse os máis altos cráteres e teñen unha lagóa de lume, o ” Kilauea ” , que din é único no mundo. Pola noite, o fulgor das rochas líquida e acendida do seu cráte aspalla o seu arredor unha iralidade púrpura que alumea sinistramente coma unha gran  queima.

O hawaiianos teñen gran  pola música e polas frores, tamén  interesanse pola súa cultura e abondan as biblotecas en todalas partes.

Logo de ancorar o noso o veleiro no que imos, amenizeime vendo o redor do casco do mesmo as atitudes de moitos nadadores, que ían o fondo do mar a recoller as moedas que a pasaxe do ” Colombia “, ancorado a veira do noso veleiro, lles botaban.

Con pai pasearamos un anaco de tempo pola cidade. Chamoume a atención ver eiquí moitos autocarros e uns tesos gardians da forza civil, baixo uns grandes quitasoles, regulamentando o transitar dos carros e peóns; como nas cidades do noso país.

Visitamos o gran ” Aquarium ” afamado por conter numereiras de peixes do ” Pacífico “, de interese polas súas formas extranas, e polas súas cores belísimas e algúns por alumear o axitarse nas augas.

Os arrededores de ” Honululú ” contan con belas veciñanzas, que dan xeito a unha chea cidade xardín.

Tornamos o veleiro o solpor da tarde, e non pasa moito tempo en escoitar o replique da campá do veleiro, anunciando a nosa vindeira partida.

Mentres saímos da bahía, navengando e dando conta a babor e estribor de numereiros buques, comeza a acenderse, na cidadde, as liñas de puntos das luces das súas rúas.

Agora, navegamos xa con rumbo direto a ”  Yokohama “. Atopámonos a 2000 millas de ” América ” e faltanos por percorrer 3000 máis para chegar o ” Xapón “.

Dinme que empregaremos oito días, sí o tempo é favorábel.

Así seña e que Deus nos protexa.


O Pai ” Eliberto ” cumprindo a súa afabél promesa, contoume varias cousas interesantes refentes a istas illas oceánicas.

Dime que, na contra da opinión que sosteñen os ingleses, de que as illas ” Hawaii ” foron descobertas polo navegante ” Cook “, hachanse documentos que proban que foron españois os seus descobredores: os mariñeiros ” Juan Qintán ” e o xeneral de ” Villalobos “, acadaron ancorar n’istas costas no século XVI, e ” Cook ” chegou a elas moito máis tarde, posto que non o fixo ate 1778. Iste gran explorador do ” Pacífico “, que navegou tamén por outros mares faleceu na illa de ” Hawaii ” en 1779.

Contoume tamén que así como en ” Hawaii ” atópase unha lagóa de lume, en ” Nueva Zelanda ” había outra, chamado en ” Mahorí ” a lingua de aqueles indíxenas ” Kotomahorianos “, que quere decir  lagóa quente, na cal podíase navegar sobor dunhas augas máis que tibias. E imaxino que n’elas debe ser moi confortábel sobre todo para os baneiros de inverno.

Indicame algúns d’istes grupos espalladas por istas inmensidades de auga: só algunhas, porque dise que as hay a milleiras, algunhas se cadra non descobertas ainda e dabondo non exploradas. Iste gran océano é como as estrelas no ceo, atópanse en número incontábel, se tomamos por tales, númereiros illotes de corais que dan xeito mesto os recifes.

Na ” Polinesia ” son de gran importancia as illas ” Marquesas ” de ” Dormatú ” e da ” Sociedad “, as cales pertencen a ” Francia “: as illas ” Cook “, ” Tonga “, ” Fidji ” e da  ” Unión ” que atópanse baixo a soberanía de ” Inglaterra “: as de ” Samoa ” pertencen  hoxe os ” Estados Unidos “.

Dime tamén o Pai ” Eliberto ” e o confirma meu pai que, o viaxar de ” Oriente ” a ” Occidente “, como facemos agora nos, seguemos o mesmo rumbo que a ondada de luz que nos manda cara o sol día a día, e que percorre toda a terra constituindo o día; se estivéramos quedos, defrutaríamos de todo o tempo que dura o día, mais como seguemos o mesmo rumbo que a luz resulta que cada día perdemos un pouco d’el. Con a velocidade que levámos desaproveitamos perto d’unha hora o día. Dende a nosa saída de ” San Francisco ” levámos de destaxio, pois de 8 a 9 horas.

Se fóramos adecontando a viaxe ata dúas voltas completas a terra, o acharnos novamente en ” San Francisco ” haberíamos botado de conta 24 horas.

Para correxir ista diferencia de tempo, que xa percibiu  ” O Cano ” cando por  primeira vez que deu a volta o mundo, e que menciona tamén ” Julio Verne ” nunha das súas interesantes novelas de viaxes, estableceuse na actualidade que , o chegar os buques o meridiano 180, que é a ” Antípoda ” do de ” Grenwich ” ( Polo cal se comeza a contar os meridianos ), se o buque vai rumbo ” Asia “, ou seña seguindo o mesmo rumbo que segue sobor da terra a luz do sol, suprimese ou desconta un día. E se vai en direccón a contra, ou seña cara ” América ” repiten ou duplican un mesmo día. Cando a supresión debera recaer en domingo, postérgase xeralmente ata o luns.

É curioso todo él e non deixa de orixinar unha grande impresión.

– ¡ Perdin un día da miña vida. !

¡ Teño un día máis sen vivilo. !

Summer Salt · Driving To Hawaii