Con roteiro as Filipinas. – Manila.

Logo facer algunhas visitas polos arredores de ” Tokio ” e ” Yokohama ” e acougar tres días na pousada . Tempo que aproveitou o avó para darlle o a adeus as súas amizades, aveciñamonos nas nosas cabinas no veleiro ” Galacea ” o cal non votou moito tempo en facerse o mar.

Cruzámolo mar interior do ” Japón ” e pásamos fai moito, polo estreito de ” Gorka ” xunto a ” Toshima “, lugar onde a frota xaponesa bateu e escachou a armada rusa. Logo metímonos xa no mar ” Oriental de la China “.

Facemos roteiro a ” Shang-hai “, o gran peirao chinés e internacional o influxo do movemento d’iste fastoso peirao foise axeitando alí unha gran cidade de dous millóns e medio de poboadores. A cidade érgese preto a embocadura do gran río chinés ” Yang-Tzie Kiang “. Xunto os peiraos vense edificacións europeas e moitas axencias mariñas, coruscando ístas os brasóns e bandeiras dos seus correspondentes países.

Baixamos con pai e o avó e metímonos por unha ampla rúa, chea de movemento e traxin; chamoume a atención o ver que os cartaces dos comerzos os poñen eiquí ornados con banderolas d’iste xeito o mesmo sistema do ” Japón ” e é moi dispar o xeito europeo.

Entramos nun café a tomar unha cunca d’iste líquido ; ainda que e corrente que o chinés tome té, n’istas cidades cosmopolitas atópanse locais fastuosos onde se pode tomar tamén unha cunca de café.

De volta o veleiro, iste non votou moito tempo no peirao, e partiu de novo con roteiro dereito a ” Manila “.

Dixo o avoiño, que teñen tamén unha temperatura boa en ” Manila “, dime que mañá contarame tousas de alí. D’istes xeito o chegar a capital de ” Filipinas ” terei maior impresión do país e o froito da miña visita poderá ser de maior claridade.

En ” Shang-hai ” e en mar aberto chaman o coidado moitas chalana chinesas con ornamentos de dragóns e pintadas moi exaxeradas: o velamen pintarraxeado é tamén moi xeitoso. Moi orixinal de certo, istas chalanas, mais en verdade semellan un transitar manso.

O avoiño cumpliu o seu ofrecemento a tarde, sentados todos xuntos na gran andadeira do veleiro, desfrutando d’un tempo caralludo, e admirando as augas azúis do mar da ” China “, contoume cousas d’un gran interese sobre as illas ” Filipinas ” a cuxa capital chegaremos mañá pola mañá, Dio lo queira.

As ” Filipinas ” ata 1898 pertenceu a ” España “, atópadas a medio camiño entre o mar da ” China ” e o ” Pacífico ” é en tal cantidade o número das súas illas que se lle supoñen preto de 1400 contando con os illotes.

A natureza do seu chan é oceánica, e sofren alí tamén con periocidade, os tremores; o clima é tropical, e a conentración da calor produce nos naturais e nos estranxeiros, que eiquí viven unha relaxación pronunciada das forzas.

Por mor do clima e a moita humidade, a vexetación desenrrolase vizosa e exuberante chegando as fragas ata as cumios dos máis elevados montes. A vexetación d’istas fragas e cultivos de arroceiras, de tabaco, de café e do cotón, constitúen a maior riqueza do agro do país.

O besta que alí axuda o agroeiro na súa tarefa é o búfalo, semellante o boi con grandes e achatados cornos; é curioso o feito de que non se encontran bestas nas xunglas de ” Filipinas “.

As dúas illas maiores son as de ” Luzón “, o norte, que é a máis poboada e a mellor cultivada, e a de ” Mindanao ” o sur. Na primeira e dirixida cara o ” Asia “, atópase ” Manila ” o fondo da rada do seu nome.

Suponse que os primeiros poboadores d’istas illas foron xente duna tece acaramelada escura da casta oceánica, individuos todos de curta talaxe; chegando logo primeiro os malaios ( Indos ou indios, primordialmente ), e a posteriori moitos españois. A mistura de todas istas castas orixinou o tipo de hoxe en día do filipino.

As illas foron descubertas polo percorrido de ” Magallanes “, a cal saiu de ” Sevilla ” o 10 de agosto de 1519 e logo de un ano máis tarde dobrou o estreito do seu nome na ” América del sur ” ; ” Magallanes ” moreu eiquí, nas ” Filipinas “, o tentar sufocar un levantamento que produxose entre os indíxenas.

” Magallanes ” non deu nome a istas illas, se non que deullo logo máis tarde o navegante español ” Villalobos “, chamando as ” Filipinas ” na honrra o entón ” Príncipe de Asturias “, tempo despóis ” Felipe II “.

Quén alixerzou a conquista das mesmas para ” España ” foi ” Legazpi “.

Non é extrano que tantos españois prefiriran paraxes tan alonxados do seu país. Con anterioridade do descobremento de ” América ” os poucos buques que chegaban as ” Indias “, deberan de dar unha volta a ” África ” polo ” Cabo de Buenaesperanza “, pois no se atopaba salvado o país pola canle de ” Súez “.

Do comerzo fariase en ” Europa ” as especies, que encarnaban unha verdadeira riqueza comercial. Logo descoberta ” América ” e coñecido xa o ” Pacífico “, os españois xulgaron millor chegar as ” Indias ” polo ruteiro de ” América “. D’iste xeito os buques españois saían do ” Perú ” ou de ” Méjico “, e atravesando o ” Pacífico ” chegaban as ” Indias “, e pouco tempo despóis a enseada de ” Manila “.

Segundo o prometido ista mañá chegábamos a ” Manila “; a esquerda d’ista gran enseada, érgese o monte da ” Sierra de Marivela “. Lindando a enseada, a man dereita vemos ” Cavité “, o apesarado lugar onde houbo unha batalla naval entre os ” Estados Unidos ” e ” España ” en 1898. A o fondo, mostrase o peirao e os caseríos de ” Manila “.

O desembarcar n’ista cidade, fágome cargo que é máis poboación de grande significación comercial e industrial. Din que ten máis de 200,000 poboadores e pola súa grande extensión e polo fervor das súas rúas, dixera que tería ainda máis dabondo.

Entre os seus edificios máis notábels atópanse a catedral, o axuntamento, a bibloteca, a universidade que foi erixida polos dominicos.

O meu avoiño semella un pouco apesarado, o pasear por istas rúas, e o admirar os monumentos e edificios que, como a sé, o axuntamento, e a universidade, tanto ainda falaba de ” España “. Pai dase de conta d’elo e, como protestando que se nos fai tarde tornarémos cedo o veleiro.

O veleiro leva áncoras e, cando escribo istas liñas a cidade xa pérdese con lentitude da nosa vista entre a brétema que comeza a coller forza no mar.

Outra carta con datos sobre Bolivia e Chile

Santiago, 29 de Xulio

Meu queridiño Fernando:

Recibin en ” Santiago ” as túas postais de ” Méjico ” e de ” Veracruz “; son moi interesantes e douche as grazas polo túa boa lembranza. Tí probabelmente, levarás  xuntas ista carta e a que te escribin fai 10 ou 12 días dende ” Lima “.

Hoxe vou darche novas de ” Bolivia ” e de ” Chile “, d’istos dous países do occidente suramericano, que tan interesantes cousas teñen.

Falemos, pois, de ” Bolivia ” primeiro. Debe o seu nome iste país, como tí es sabedor, o caudillo da soberanía americana, ” Simón Bolívar “. Con anterioridade chamábase ” Alto Perú “, porque nas súas características e nas súas condicións físicas, semellan moito, verdadeiramente, o ” Perú “. Ista república, polas contra a todalas demáis que atópanse cara o ” Pacífico “, non teñen saída o mar; pechanlle a saída territorios do ” Peru ” e ” Chile “.

A banda de cordal andina que se mete en ” Bolivia ” e moi elevada e seca, e a zona baixa, ou xungla, con clima tropical moi extremoso . Entre istas dúas zonas, emporiso, atópanse vales moi vizosos e con clima moi indulxente. Os ” Andes ” comopoñen en ” Bolivia ” altos altiplanos, de 2,500 a 3,000 metros e os bicos dos montes érgense a moita maior altura; o máis elevado, que è o ” Sorata “, acada 7,600 metros de altitude sobor do mar, semellantemente o ” Ecuador “, atópanse eiquí varios volcans en actividade e moitos outros en acougo.

A lagóa ” Titicaca ” é coma un pequeno mar interior; achase situado no alto altiplano e a 3,900 metros sobor do nivel do mar. Ten moitas illas e a surcan buques de vapor e outras embarcacións, que o atravesan de ribeira a ribeira. A ribeira norte da gran lagóa pertence o ” Perú “. A falla, pois, de auténtico mar, os bolivianos poden facerse o devezo  de ter un pequeno mar na súa gran lagóa.

En ” Bolivia ” abonda moito a ” Llama “, que é o animal imprescindíbel de todo boliviano, e que lle serve coma un camelo ou un cabalo; hay tamén ” Alpacas ” e ” Vicuñas ” e, nos bicos andinos aniñan os ” Cóndores “. entre as producións vexetais do chan son especialmente importantes o ” Café “, o  ” Arroz “, o ” Caucho “, a ” Caña de acúcar “, e o ” Maiz “; e entre as súas riquezas mineiras, teñense que citar as que foron afamadas minas de ” Plata ” do ” Cerro de Potosí “, preto da cidade d’iste nome.

A capital do país é a ” Paz “, con algunhas rúas tan costa arriba que semellan imposíbel poidan circular por elas os autocarros. Ten máis de 100,00 poboadores e se érgue perto da lagóa ” Titicaca ” e xunto a pradeiras vizosísimas. É tamén de importacia a cidade   de   ” Sucre “, que ostentou  tamén o título de capital, localizada nun colado a 2,800 metros de altitude.

” Bolivia ” é un país pouco poboado; a súa falla de ribeiras mariñas fai complexo o seu desenrrolo económico e iste fator atrasa ou empece dabondo o desenvolvemento do país, que alixeiraría deseguro en outro caso.

Pola banda oriental achanse grandes estensións salvaxes e virxes, que compoñen parte do ” Gran Chaco “. Sobor d’istas estensións queren exercer a súa soberanía ” Bolivia ” e o ” Paraguay ” e iso motivou, fai algúns anos, o estalido d’unha querra entre istes dous estados. Ambolosdous estados, loitaron porfiramente para suxeitar dito territorio, mais as trulladas paraguayas obtiveron certas vantaxes.

E vou a falarte de ” Chile “, que é o derradeiro páis que vou a revexarte, pois xa sebes que imos ficar en ” Santiago “. Eiquí chegamos fai tres días e perdoa se talvez non son abondo  obxetivo o falar do meu país.

” Chile ” compoñe, coma tí coñeces ben polos atlas, unha longuísima faixa xeolóxica de terreo, que se extende acadando en lonxitude, a metade da ribeira ocidental de ” América del Sur “; a súas distanza é semellante a que media entre ” La Coruña ” e ” Fernado Póo “. ( Xa ves que te poño como exemplo, paises que moi direitamente te atangue ¿ non é certo ? ).

Volta dicir a gran lonxitude do territorio de ” Chile “, xa entenderás que as condicións do chan e do clima son moi dispares na banda norte, que no centro e no sur. A banda norte ten un clima moi seco e a paisaxe do país é árido e desolado; só xunto os ríos que baixan dos ” Andes “, desenrrolase algunha vexetación, é moi rica en recursos mineiros; ” Salitre “, a gran riqueza de ” Chile “, ” Cobre “, ” Oro “, e ” Boráx “.

O gran peirao comercial d’ista zona é ” Iquique ” onde cargase o nitrato; tamén o é ” Antofogasta “, o perirao onde se carga o mineral da ” Plata “.

A zona central é de clima máis temperado e húmido; din que se asemella a vosa zona do ” Mediterráneo “; ista banda de ” Chile ” é a máis poboada, e é eiquí onde atópase ” Santiago ” e o seu peirao comercial ” Valparaíso “, os dous máis importantes centros urbás do país. De ” Valparaíso ” sae o ferrocarril que, remontando a barreira dos ” Andes “, comunicanos con ” Buenos Aires “. En inverno, por mor das neves nos altos portos andinos, ata fai pouco, faciase moitas veces transbordo e mesmo librar a pé algúns centos de metros. Hoxe as cousas resolveronse construindo un túnel, que evita ter que remontar o ” Paso ” embarulloso.

A zona meridional é de clima doce e máis chuvioso; mais no canto no que un vaíse achegando o seu, vai facéndose máis xélida e din que, nos aveciñamento do estreito de ” Magallanes “, a traza do país e o clima son semellantes a ” Noruega “. Os peiraos principais d’ista zona meridional son ” Valdivia ” e ” Punta Arenas “, iste derradeiro no mesmo estreito de ” Magallanes “.

” Chile ” é un país rico; os seus poboadores non poupan esforzo algún para  se incrementar a súa cultura. ” Santiago ” é unha gran cidade, con amplas e fermosas rúas, con maxestuosos edificios públicos, con unha mesta rede de trolebuses, que nada ten que envexar as cidades máis adiantadas de ” América “; a súa poboación  salva xa o millón e medio de poboadores e, tendo en conta a súa proximidade con ” Valparaíso “, no é exsaxeración supor que, dentro de poucos anos, chegarán a xuntar entre as dúas, máis de dous millóns de poboadores ¡ A metade de ” Buenos Aires “, xa ves !.

” Santiago ” cobre unha gran extensión; semella un parque no cal foronse dispor as contrucións . Unha gran avenida con vizosas árbores a atravesa, n’unha lonxitude de 6 Km.; é a ” Alameda “. Domea a cidade a pintoresca cimba de ” Santa Lucía “,e dende alí desfrutase d’unha belísima vista sobor do caserio, que xeralmente é de xeito español, con belas frontes as casas e tendo moitas d’elas un xardín interior, a semellanza da vosa belísima ” Andalucía “.

Temos moitos ferrocarris; toda a ribeira pode percorrerse con comodidade en nosos trens; posuimos tamén unha boa mariña mercante. Non nos fallan, pois, os dous primeiros fatores que axudan o adianto mercantil dos pobos. Contamos tamén con moitas escolas e dase eiquí crecente importancia as cuestións da ensinanza e da cultura.

Vou revesarte rapidamente os feitos máis culminantes da historia chilena.

Cando os españois apropiaronse de ” Chile “, noso país atopábase poboado polos ” Araucanos “, indíxenas que se caraterizaban polo súa valoura e polo seu espírito de independencia; foi iste o derradeiro país conquistado polos españois. Logo de dúas tentas sen éxito de ” Almagro ” e ” Camargo “, ” Pedro de Valdivia ” conseguiu establecerse en terreo chileno e fundou en 1541 a cidade de ” Santiago “; máis morreu a máns dos ” Araucanos “, sendo vingada a súa morte por ” Hurtado de Mendoza “, fillo do virrei de ” Lima “. Dise que é ista expedición figurou o gran poeta ” Ercilla ” e que, con o que eiquí viveu, compuxo o seu gran poema ” La Araucana “.

En 1561 foi establecida eiquí unha capitanía xeral, e, dende entón ata 1808, pouco de propio ocurreu en ” Chile “, coma non seña o traballo silencioso e constante dos labregos para ir desenrrolando as riquezas do país.

En 1818, acadou ” Chile ” a súa independencia, ainda que os españois decontaron domeando logo d’algúns anos na illa de ” Chiloé “.

O xeral ” O’Bigius “, que foi o primeiro presidente que exerceu unha verdadeira dictadura; seguironlle outros presidentes, e en 1866 interviu  ” Chile ” na guerra entre ” España ” e o ” Perú “, sendo bombardeado o peirao de ” Valparaíso ” polo pelotón de ” Méndez Nuñez “.

Prodúxose logo a guerra contra o ” Perú ” e ” Bolivia “, en 1879, rematando algúns anos máis tarde dándolle a vitoria a ” España ” que se foi desenrrolando sen aturar case loitas e insurrecións interiores.

E eiquí dou fin. Máis adiante, escribireite a ” Madrid “. Desexo que pasedes tí e teu pai, moi ditosamente o que vos resta de viaxe. Eu lembrote moito, moito. ¿ Volveremonos a ver outra vez ? ¡ Canto praceríame !. Deus o quererá, deseguro. Somos moi xoves, e, no decurso das nosas vidas, que poidemos dicir que agora comezan, se cadra teñamos a sorte de atóparnos de novo. Mais no canto de escreberme algunha vez, para que non langore entre nós unha amizade tan amabelmente lobada.

Saúda a teu pai, acolle as cordiáis lembranzas do meu e xa sabes canto te quere o teu amigo que enviache unha forte aperta.

SolSelectas · Ay Que Sera Del Sol – Rodrigo Gallardo