Voámos a San Francisco

” Mister Harper ” levaba súas atencións e bondades para con nos a querer, nembargantes, que fixéramos a viaxe de ” Nueva York ” a ” San Francisco ” en aeroplano. Dicíanos que a viaxe en tren, para distanzas tan longas, andaba a ser moi aborrecible. Pai, para afastar tanto tino, rebateulle a cuestión do esaxerado precio da pasaxe; mais ” Mister Harper ” o venceu todo, e acadounos unha rebaixa moi considerábel, dado o seu posto de directivo d’unha liña airiña. D’aquela, mais fixemos en dúas xornadas  a viaxe ata ” San Francisco “, voando sobor de ” Cleveland “, ” Chicago ” e ” Salt Lake City “, acougamos en ” Omaha “, cidade achada na gran chaira central, estado rico polas súas grandes explotacións de cereais.

Como as comarcas centrais son pouco poboadas, os homes do agro valen o uso de potentes trebellos para facer as labouras. D’aquela, un só home con os seus trebellos e seus cabalos da un rendemento superior o de 25 o 30 hectareas: o froito d’este sistema é que se obteñen as producións do agro a precio máis axeitado que n’outros países na que a pouca trebellada o seu emprego fai xusto o concurro de moitos braceiros nas labouras do agro.

Ista viaxe en aeroplano houberase asemellado certamente tedioso: mais por fortuna o colega de pai tiña a xentileza de agallar como lembranza, un fastoso ábum das paisaxes de ” Nueva York ” e unha luxosa, concretada e interesante historia dos ” Estados Unidos “, que lía no aeroplano.

N’ela formei que os ” Estados de la Unión ” son 48, aos que deben amecer un distrito federal e dous territorios. Tamén vexo n’ela que os primeiros colonizadores do país foron ingleses, franceses e tamén alguns españois. Os ingleses estableceron na ribeira da ” Unión ” 19 colonos e istás, por mor de varios impostos prohibitivos que lles quixo impor ” Inglaterra “, subleváronse contra a metrópoli, dando elo orixe a guerra dos oito anos ( 1775 – 1783 ). O día 4  de Xullo de 1776 pregouse a independencia dos 13 dominios, que se xuntaron baixo o nome de ” Estados Unidos de América ” e baixo o mando de ” Washington ” quén, axudado polos franceses gañou, o fin das forzas inglesas, enviadas para sufocar o levantamento.

Iste país foi avanzando ata que, en 1861, estando de presidente ” Abraham Lincoln “, tentaron afastarse os estados do sur, porque os do norte chamaban pola supresión da escravitude dos afro-americanos. Os do sur opoñianse, porque os afro-americanos servianlle para cultivar o agro. Estalou con ista orixe a chamada guerra de secesión, que durou cinco anos, saíndo vencedores os estados do norte e ficando, polo tanto, abolida a escravitude dos afro-americanos.

A pesares d’elo, non son sempre eiquí moi afábels as relacións entre blancos e afro-americanos, coma tampouco o son as que sosteñen o pobo americano con os chineses, xente que en gran numerosidade migrarón aa iste país, ata que as leis puxeron fin a inmigración dos chinese.

Os ” Estados Unidos ” sostiveron guerra con ” España ” en 1898 pola cuestión de ” Cuba “, sendo entón presidente d’aquela república ” William McKinley “. E recentemente en 1917, tomaron parte na guerra europea no bando dos aliados, botandolles unha mán de xeito efitivo a conseguir a vitoria.

Hoxe domea financieiramente o mundo, mais é o país máis rico da terra. Consta o mesmo tempo como o primeiro alboio do mundo, como un dos paises máis ricos en hulla, ferro, cotón, e petróleo e posúe as máis vizosas industrias. Non é extrano que, posuindo semellante poder, os ” Estados Unidos ” deixaran a súa politica de aillamento e convertiranse n’unha potencia de primeiro orde.


En ” San Francisco ” tivemos a ledicia de acoller cartas de nai e da miña irmá. Como era de ver xa, o sair de ” España “, en que hotel íamos aloxarnos, a iste hotel nos dirixiron o correo. O mesmovfixo un bó amigo  ” Joaquín ” un compañeiro de viaxe ata ” La Habana “, de quén recibin dúas agarimosas e interesantes cartas, que engado, se é o caso a iste caderno, porque achábame n’elas dos grandes americanos do ” Pacífico “. D’este xeito as notas sobor de ” América ” ficarán máis compretas, ainda tendo en conta o inconexos que teñen que ser os meus apuntamentos.

Pai estivo tamén ledísimo de acorller novas: en ” Madrid ” atópanse ben, e a derradeira carta chegada colleu un vapor que saiu 12 días logo que o noso. Nai e ” Isabelita ” recibirán se cadra xa, algunhas das numereiras postais con vistas de ” La Habana ” e ” México ” que lles mandamos.


” San Francisco ” é a gran capital americana do ” Pacífico “: cidade moi poboada é tamén ” Los Ángeles “, a chamada cidade que se fixo afamda polos seus grandes estudios de cinema que se encontran en ” Hollywood ” e por ser a residencia corrente de moitos millonarios norte-americanos. Os seu arredores son deliciosos e cheos de laranxos . Ten grandes e luxosos hoteis e algunhas das súas rúas alonganse en tuneis abertos nas cimas e revestidas de bilantes losetas, de losas de porcela a semellanza das estacións do metro.

” San Franciso ” ten xeito de maior axitación semella un ” Nueva York ” máis en pequeno, e abondan eiquí tamén os rañaceos.

A súa enseada, que é moi espallada, foi descoberta por un coronel español, ” D. Garpar de Portolá ” e o seu peirao é moi activo. Belas corredoiras percorren a ribeira, e forman apetitosas avenidas xunta o mar. Un parque metese cara o mar en xeito de unlla e no centro d’iste parque érguese a estatua do relixioso maiorquín ” Junípero Serra “, quén colonizou e deu nome a  ” San Francisco “. É moi agradábel tamén ver alí un monumento erixido a ” Cervantes ” representándolle en busto e ante él aseonlladas os seus dous xeniales persoaxes ” Don Quijote ” e ” Sancho Panza “

Ista cidade sufreu en 1906 un tremendo tremor que botou por baixo gran parte das súas edificacións e produxo millares de vítimas.

O vapor ” Colombia ” no que nos atoparemos ista tarde. Deus mediante par ” Yorkdrama “, está xunto a un peirao facendo as súas preparacións para partir. Deus queira que poidamos chegar ledos o ” Japón ” ónde poderemos ter a gran ledicia de apertar os avós .

The Mowgli’s · San Francisco

Veracuz e a Capital

O noso veleiro arribou, o fin, nunha dársena en Veracruz. Iste porto da unha sensación extrana, mistura de actividade e acougo.

Os peiraos atópanse acugulados de tódalas clases de mercadorías: As que máis dos postos dos peiraos e as cabrias dos buques, chían afanosamente no medio dun calor húmido que se sinte de xeito asombroso; nos peiraos vense ademáis, numereiros homes levando os seus traxes brancos e amplos chapeus. Hainos de tece branca, algo morea, e outros de tece máis escura que son os chamados ” mestizos “.

Non sei se istes homes agardan que se lles de traballo na estiba, ou pasan o seu tempo libre vendo o movemento dos buques. Como o veleiro non arriba ainda, pois se cumpren as profecías do oficial, e non se poderá comezar a estiba ate mañá pola tarde, non poido saber con certeza qué poden facer alí aqueles homes de traxe brancos e atitudes tan acougadas.

Con Pai baixamos a terra, e dando, en carro un lixeiro paseo pola cidade. Adiviñase axiña que é unha poboación soamente comercial, sendopoucos os seus edificios fastosos e monumentais.

Os seus arredores teñen numereiros pequenos encoros, o cal fai que a cidade non seña moi chaira;  mais din que a municipalidade e o Estado, traballan activamente o fin de secar istes encoros e sanear debidamente a poboación.

Logo de xantar, collimos un tren expreso que nos conduciu a capital: Os vagóns sonche dabondo confortabeis e limpos. A pasaxe que vemos e moi variada, pois o tren vai rifando con relativa presteza o desmonte que atopamos entre Veracruz, que se atopa xunto o mar, e a capital que se encontraa 2250 m. de altitude.

Ó achegarnos a ” Méjico ” vemos, por un lado, unha hileira maxestuosa de volcáns e, o pouco a liña longuísima e branca do caserio da cidade. O que me cinzarra principalmente o pasear por ela, é pouca altura dos seus edificios: Isto e debido, según me contan, a os habituais tremores que eiquí se xeran, e que precisan tremebundos derrubamentos, si se construiran casas de gram altura. O aspectoda cidade é afable; as súas rúas so reitas e inacababeis e algunhas das súas prazas parecenme infidas, estando engalanadas con fermosos xardíns e plantacións.

Haiche certos contrastes na edificación: O mellor xurden moitisimas casa xunto a luxosos pazos, e modestas tendas o lado de maxestuosos comercios. Cirulan moitos carros, xardineiras, que dan un aspecto moi ledo e animada a rúa; vense tamén moitos autos.

México e unha cidade con actividade industrial d’abondo: As inquietudes políticas d’este país non acadaron dirimir enteiramente a gran riqueza natural do mesmo, nin as prácticas de traballo de moitos dos seus habitantes.

A impresión que d’este país se ten en boa parte Europa, tal vez seña menos faborabel o que verdadeiramente se merece.

País riquísimo, no seu terreo conta cunha gran producción de prata nas súas minas de Zacatecas e San Juan de Potosí; tamén a industria do ouro vai tomando cada vez máis importancia.

Como edificios monumentais, cito, a Catedral, fastosa e de grandes proporcións, con bela fronte na que se conteñen os estilos dórico,  jónico. O ” Palacio del Gobierno ” de seria arquitectura, a ” Biblioteca Nacional ” e a  ” Universidade “.

Moitas das súas prazas atopanse adobiadas con monumentos adicados os caudillos mexicanos e conta con belisimos parques e xardíns cheos de paseantes, e animados con o movemento de numereiros carros e autos.

Decateime, con gran agrado, o gran influxo que a arquitectónica española do Renacemento exerceu sobre ” Méjico “; moitos edificos púbricos e algunhass fontes monumentais que adobian a cidade, levan o selo propio da súa procedencia española. Semella, con tais fundamentos, que ” Méjico ” atoparemonos ainda como na nosa propia casa. É ista un sentimento moi afable, que o viaxeiro nacional estima enormente.

John Habib · No Estamos Lokos

A México

Dinos agora que n’ista viaxe non imos direitamente a ” Nueva York “.

O noso veleriro leva carga para ” Veracruz “, e ten que arivar rn dito porto mexicano para deixala.

Pola miña parte, non me fai mágoa outra volta polo ” Golfo de México”, ainda cando e grande, naturalmente o meu interese por coñecer ” Nueva York”.

Dime o oficial amigo de Pai que ficaremos en ” Veracruz ” dous días polo menos, pois e de certo que o veleiro non poderá abarloar axiña no peirao. Pai dime que, se é así, aproveitaremolo tempo para visitar a capital de México, que non se atopa a máis de uns 230 kilómetros de ” Veracruz “.

Namentres o veleiro fai rumbo o gran porto comercial de México, a pasaxe – que quedou moi reducida, pois moitos desembarcaron en ” La Habana ” mentres outros tomaron un vapor direito a ” Nueva York ” – , fala daas condicións físicas de México e do seu clima, das súas cualidades e costumes.

De semellantes conversas, verdadeiramente interesantes, procurei apuntar o que máis me chamou o meu interese.

Dime que o territorio de México, compose de tres grandes rexións naturais: A ” Baja California “, as ” Altas Mesetas ” e as terras baixas formana o “Itsmio de Tehuante-pec ” e a ” Península de Yucatán “.

A ” Baja California ” con terra seca, ainda que posue algunhas zoas moi vizosas nas que se dan moi ben as árbores frutais; as A ” Altas Mesetas ” acadan alturas de máis de 1000 metros; atopanse lindadas o este e o oeste pola chamada ” Tierra Madre ” e as pecha pola parte sur unha liña de volcáns, entre eles o ” Ouzaba ” e o ” Popocatepelt “, ambolos dous erguindose a máis de 5000 metros e, polo tanto xurdindo nas cimas cobertas de neves perpetuas. Sobre as neves purísimas erguense os piares de fumes que saen dos cráteres.

O ” Itsmio de Tehute-pec ” ten só unha altitude duns 250 metros sobre o nivel do mar e se lle considera como a liña divisoria entre a ” América do Norte ” e a ” América Central “.

O clima de México é, en xeral húmido dabondo: Ainda que pola súa situación é un país tropical , a temperatura é memos quente nas chairas, debido a altura d’estas sobre o nivel do mar. As zoas de ascensión superior a 2000 metros son as máis sás do país; alí se acostumanse moi doadamente os europeos, e proba das súas condición saudables, é que alí se desenrrolou, xa antes do descobremento de América, unha centelleante civilización indíxena.

Na perte septentrional atopanse os ríos ” Colorado ” e ” Grande del Norte “; máis istes só nuha curta parte do súa corrente que pasa polo territorio mexicano.

Debido a súa situación e a o variado do seu relive, Mésico ten unha gran bonanza vexetal: Nas partes costeiras, danse as pranteas tropicais. A súas paisaxes caracterízanse pola fartura de ” Cactus ” e de ” Yucas “, istas derradeiras de follas rexas e agudas.

Atopanse tamén unha especie de ” Áloes “, que eiquí chaman ” Maguey “: Cando ista pranta está en froración, fanlle unha incisión na súa parte central, abrindo alí coma unha oquedade ou recipente, o cal vai a parar o líquido que zumega das follas. Iste liquido, que se recolle dúas veces o día e se leva as fábricas aposta, ónde se lle somete en varias lévedas, é o chamado ” Pulque “, do cal gostan augamel coma bebida os naturais do país.

É interesante tamén apuntar que sobre os ” Nopales “, favourecen a reproducción dos insectos chamdos ” Cochinillas “, con os cales obteñen un brilante e fermosísimo tinte escarlata, con o cal tiñen telas, incruso as máis luxosas e delicadas.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Antes de ser conquistado iste territorio polos españois, frorecián a máis os pobos ” Mayas “, civilizados e avanzados dentro da súa propia existencia. Chegando o século XIV, apareceron os ” Aztecas “, que desenrrolaron tamén unha brilante civilización. Hernán Cortés, o frente dun pequeno continxente de tropas, arribou nèste país; e para que os seus soldados non desexaran o retorno, ordeou queimar 10 das 11 naves que formaban a expedición.

O emperador dos indixenas, ” Moctezuma ” , o coñecer do desembarco dos homes de Cortés na súas ribeiras, evioulles ricos agasallos con o rogo de que non avantaran máis, pois él iría a sludarlos alí onde se atopaban. Cortés non atendeu istes requerimentos e adecotou adiante ate chegar a cidade de ” Tenochtitlan” ( hoxe México ) que foi a corte do emperador.

Cortés aproveitou a gran impresión que no coraxe sinxelo dos indíxenas caousaba o trote dos cabalos e das armas, e, sobre todo o estourido das armas de fogo, ate o punto de que tomaron a Cortés polo ” Dios blanco de la guerra “, do que falaban a súas antigas lendas.

Apoderouse Cortés da persoa de ” Montezuma ” e isto solventou as coraxes dos indíxenas, os cales atacaron para rescatar o seu emperador ” Moctezuma ” mesmo lles falou para que se acougaran, máis Cortés, creendo traizoara a actitude do emperador ordeou dar morte. Logo de conquistada, os conquistados tiveron que sair coma raios de ” México “, abafados polos indíxenas. Aquela ” Noche triste ” da que nos fala a historia, custou a Cortés a perda de 1000 dos seus homes.

Mais o capitán español non tardou en refacerse e recobrar o terreo perdido, vovendo a tomar a capital.

Tres séculos máis tarde, e coincidindo con intres nos que España atopabase moi lánguida por guerras e altercados intensos, estoupou en México o alzamento rechamando a súa independencia, impulsada basicamente polo cura Hidalgo. Aqueles desordes foron repremidos, máis tornaron de volta logo e extendéndose Yturbide con os insuxentes. conseguiron ístes proclamar a independencia facendo emperador a Yturbide; máis este, ao fin, foi fusilado e se proclamou a républica en 1823.

Máis tarde, a consecuencia de unha guerra con os Estados Unidos, México veu segregarse máis terreo as comarcas o estado de ” Tejas”, a ” Alta California”, e ” Nuevo Méjico “. Producíndose varias loitas políticas que aportaban moita inestabilade a os Gobernos. Francia, España e Inglaterra, tiveron que intervir para dar forza as súas reclamacións diplomáticas, e Francia enviou ata tropas que apoiaron e case impoñeron as novas o poder do archiduque autriaco Maximiliano, o cal foi fusilado, logo, polas tropas de ” Juárez “.

En 1857 o país constituiuse en república federal, a semellanza dos Estados Unidos, e, a pesares de ter períodos de relativa calma, como foron os 27 anos que exerceu o poder o presidente Porfirio Díaz, é certo que ainda adecota Mexico unha intranquiladade política, que vota atrás con os desexos de mellora e de progreso que arelan os patriotas mexicanos.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………..¡ Imos pisar axiña terra do continente americano !. Isto xerame moita emoción.

América é coma unha continuación do noso continente: eiquí falase a lingua española, fitou a cultura en innumerabels construcción e se estableceron, para vivir e morrer eiquí numerosos veciños nosos.Anos de luitas e incompresións dirvorciou un tanto os americanos con os españois. Mais as correntes cordiais son afablemente hoxe máis intensas que nunca e por riba do ancho amr atravesan as arelas sinceiros dos americanos que foron a España como anai secular da raza castelana, e os amores cordiais que alí atoparon, e viron satisfeitos, como abrollan novos fachos para o progreso de cada un d’estes paises.

¡ América e España !: dous nomes que xamáis poderan afastarse, cales sexan os destinos que a providencia afaste os paises. ( o que segue e o discursito de Paco Paquito Paquete…, ybla, bla, bla, ooooooooy que toston.). Parará pachin, parará pachan, parará machin, parará pa min, pero non pa ti😂😂😂😂

Protohype · AC/DC – Thunderstruck (Protohype Remix) (THISSONGISSICK.COM EXCLUSIVE)