Antonio Noriega Varela ( Do ermo, 1920 ) “Lembranzas”

¡Oh, divina Saudade, compañeiras

che eu mostrara si é certo que as precuras;

son cal rosas contadas das roseiras,

estreliñas ausentes das alturas!

Lembranzas son de lindas pegureiras,

de fascinantes meigas criaturas,

que en noites de lunar das Coruxeiras

baixan ó fiandeiro de Cesuras.

A Lúas Chea brindalles raiolas

mentras, solene, as ve camiñar solas;

pero entóldase axiña… Coma bruxos

aparecen arteiros rondadores…

elas cantan, e os bravos aturuxos

turban a paz dos pinos turbadores.

Manuel Leídas Pulpeiro ( Cantares gallegos, 1911 )

Todos me dicen que espío,

que logo me leva o aire;

e a culpa tenma un nubeiro

que se me puxo por diante.

Con me casar como quixen,

e ter o ceio na casa,

non hai noite que non me acorde

das noites da muiñada.

Como te ves con camisa,

xa coidas que eres grandeza;

non sal o toxo de toxo

por froleado que esteña.

Non quero a vida da vila,

anque folgaba ma deán;

quero ir vir polos pousos

ó sol e ó aire na aldea.

Vaite, bazurro, que vento

coa miña mantela nova;

vaite, bazurro, da festa,

que quero dar catro voltas.

Queren que queira un toupizo,

con cara e corpo de cepo;

e eu busco moza galana,

e de corpiño bringuelo.

¡Dios che pague a tùa esmola,

cariña de repinaldo!

Non che coidei que tiveses

corazonciño tan brando.

Aunque che son da Montaña,

ándoche ben limpa e fresca;

que, anque che son da Montaña,

non che son das carrachentas.

Aquilino Iglesia Alvariño ( Cómaros verdes, 1947 ) “Olas salgadas”

Na mar, olas salgadas, cabeleiras

verdenevadas, ledas coma o vidro

liso, suave e frío, ou vento duro.

Cobras de lentos lombos, olas, ondas

cara s tódal-as praias. Escaleras

de lúa en carriola, rebrilando.

Lirios sin sangue da non doce aquel.

Lúas novas en bercios, lavas de puro

dun sol inda doncel, garrido e forte

coma o dos vellos poemas do Helesponto[1].

Velahí redes a mar, a mar primeira,

navegada de noites e de ventos,

sin naufraxios non ledos argonautas,

terrible de inocencia, corte e bela.

En doces brazos de auga adormecida,

a terra, sin ninguén, leda e vizosa,

nun silencio de espacios infinitos

e un revóo sotil de abelaiñas.

[1] Antiguo nome do estreito dos Dardanelos. Se pensamos que a cidade máis importante destaca parte é Troia, podemos dicir que se quere referir ós poemas homéricos, especialmente á Odisea, como poema ou canto do mar.

Álvaro Cunqueiro Mora ( Herba de aquí e acolá, 1980 ) “Antonio Nobre”

No abeledo as froles caíron coa noite

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

No río. Douro medraba a yerba

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

Na lúa de Coimbra dormía o Merlo

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

No Sena as guindas ven a Mosa Señora

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

No mencer de New York matan un heno

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

Nas ollas Madeira os defuntos venden anhelos

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

Na Torre de Anto a yerba sangra os pozos

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!

Ai alauda que vives do branco!

Ai limoeiro das frescas aguas!

Ai cazador do verde cabalo!

Ai airiño da blanca nova!

Ai saudade cos ollos tristes!

Ai a cobra con pano a curra!

Ai Antonio Nobre cos pés xeados!